Saltar ao contido

Brokeback Mountain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brokeback Mountain
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Título
Brokeback Mountain (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Representa a
 Ambientado en
 Época ambientación
 Personaxes
 Colección
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
13 de xaneiro de 2006 (Reino Unido, Irlanda, Islandia, Estados Unidos de América)
9 de decembro de 2005 (Estados Unidos de América)
6 de xaneiro de 2006 (Canadá)
23 de decembro de 2005 (Canadá)
9 de marzo de 2006 (Alemaña)
2 de setembro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (31 de xaneiro de 2006)
Óscar ó mellor guión adaptado (31 de xaneiro de 2006)
Óscar ó mellor filme (31 de xaneiro de 2006)
Óscar á mellor banda sonora (31 de xaneiro de 2006)
Óscar á mellor fotografía (31 de xaneiro de 2006)
Óscar ó mellor actor (31 de xaneiro de 2006)
Óscar ó mellor director (31 de xaneiro de 2006)
Óscar ó mellor actor secundario (31 de xaneiro de 2006)
Premio do Cinema Europeu ao mellor filme non europeo (2005) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración134 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe1.85:1 Editar o valor en Wikidata
Custo14000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación178000000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF203237721 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-96EC-0000-2-0000-0000-V Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05hjnw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
87/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
88% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
8.2/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0388795 Filmaffinity: 662342 Allocine: 54989 Rottentomatoes: m/brokeback_mountain Mojo: brokebackmountain Allmovie: v301840 TCM: 547022 Metacritic: movie/brokeback-mountain TV.com: movies/brokeback-mountain
Facebook: BrokebackMountainMovie Netlix: 70023965 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Brokeback Mountain é un filme drama romántico estadounidense dirixido por Ang Lee que se estreou no 2005. Baseado na novela co mesmo nome escrita en 1997 por Annie Proulx, o guión foi escrito por Diana Ossana e Larry McMurtry. As estrelas principais son Heath Ledger, Jake Gyllenhaal, Anne Hathaway, Michelle Williams, Randy Quaid, Linda Cardellini e Anna Faris. O filme relata a complexa relación emocional e sexual entre Ennis del Mar (Heath Ledger) e Jack Twist (Jake Gyllenhaal) no Oeste Americano entre os anos 1963 e 1983.

No verán de 1963, Ennis del Mar e Jack Twist coñécense tras seren contratados por Joe Aguirre (Randy Quaid) para coidar das súas ovellas na montaña Brokeback en Wyoming, Estados Unidos. Nunha noite de borracheira, Jack faille unha insinuación romántica a Ennis, quen ao principio a rexeita pero que logo remata mantendo relacións sexuais con el. Aínda que lle advirte a Jack que non ía volver ocorrer, entre os dous xorde unha forte relación sentimental e física. Ao pouco de decatarse de que o seu verán e, polo tanto, o seu tempo xuntos ía rematar repentinamente, teñen unha breve pelexa da que os dous saen feridos.

Tras rematalo traballo, ámbolos dous volven ás súas cidades. Ennis casa coa súa prometida Alma Beers (Michelle Williams) e ten dúas fillas con ela. Jack marcha a Texas, onde coñece, casa e ten un fillo cunha vaqueira de rodeo Lureen Newsome (Anna Hathaway). Catro anos máis tarde, vólvense atopar cando Jack visita a Ennis. Neste encontro, Alma veos bicarse apaixonadamente. Jack propón ir a vivir xuntos a un pequeno rancho, mais Ennis, atormentado por unha dolorosa lembranza da súa infancia dun home sospeitado de ser homosexual sendo torturado e asasinado, rexeita a idea. Ademais, non está disposto a deixar atrás a súa familia. Porén, Jack e Ennis vense de cando en vez en viaxes de pesca.

Os anos pasan e os matrimonios de ámbolos dous deterióranse. En 1975, Alma divórciase de Ennis e Jack distánciase da súa muller, quen deixa o mundo do rodeo para traballar como executiva co seu pai e esperando que o seu marido traballe como vendedor. Jack entérase do divorcio de Ennis e viaxa até Wyoming e espera que poidan vivir xuntos, mais Ennis rexéitao por non se querer separar das súas fillas e polo seu medo que aínda segue presente.

Jack atopa amparo con prostitutos en México. Ennis ve a súa familia regularmente até que Alma enfróntase a el e faille saber que coñecía a súa relación con Jack. Isto resulta nunha disputa violenta, que remata con Ennis sendo obrigado a cortar as súas conexións con Alma. Ennis coñece e mantén unha breve relación con Cassie Cartwright (Linda Cardellini), unha camareira.

Ao final dunha das súas viaxes de pesca, Ennis tenta cancelar o seu próximo encontro por mor do traballo, polo que comezan a pelexar. Ennis culpa a Jack de "convertelo no que é" e de ser a causa das súas conflitivas accións. Jack tenta prendelo e Ennis rexéitao, mais acaban unidos nunha aperta.

Un tempo despois, Ennis recibe unha postal que lle enviara a Jack cun selo que di "Falecido". Nunha chamada telefónica entre Jack e Lureen, esta cóntalle que morrera nun accidente, cando un pneumático que estaba a cambiar estoupara. A explicación de Lureen da morte de Jack intercálase coas imaxes de Jack sendo golpeado por un grupo de tres homes, unha alucinación posiblemente inspirada polo temor da infancia de Ennis. Lureen cóntalle que Jack desexaba que a metade das súas cinzas fosen esparcidas no monte Brokeback, mais ela non sabe onde queda e pensa que é un lugar ficticio creado polo seu exmarido. Ennis vai visitar os pais de Jack (Roberta Maxwell e Peter McRobbie) e ofrécese a levar as cinzas de Jack, mais o seu pai rexeita a oferta rotundamente. A nai de Jack pregúntalle se quere ver a habitación de Jack antes de marchar. Alí descobre colgada nun gancho a camisa manchada de sangue que cría que perdera no monte Brokeback, dándose de conta que en realidade a gardara Jack coa súa propia camisa manchada tamén de sangue daquela pelexa de verán. Ennis ponas preto da súa face e, ao sentir a súa fragrancia, comeza a laiar polo baixo. Baixa á sala coas camisas e a súa nai déixallas levar.

Na derradeira escena, Alma Jr (Kate Mara), cos seus dezanove anos de idade, chega á caravana do seu pai dicíndolle que está comprometida. Pídelle a súa beizón e invítao á súa voda. Ennis pregúntalle á súa filla se o seu comprometido realmente a ama, consciente de que o amor é fundamental nunha relación e nun matrimonio, ao que ela contéstalle que si. Ennis vai ao seu armario para deixar o xersei que esquecera a súa filla. Nel están colgadas as camisas de Jack e maila postal da montaña Brokeback ao lado. Ennis abrocha o botón superior da camiseta de Jack e, con bágoas nos seus ollos bisba "Jack, I swear..." (En galego "Jack, xúrocho...") mentres pon dereita a imaxe.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2005: 3 Oscars: Mellor director, guión adaptado e bso. 8 nomeamentos.
  • 2005: 4 Globos de Ouro, incluíndo mellor filme drama e director. 7 nomeamentos.
  • 2005: 4 premios BAFTA: Filme, actor secundario, guión adaptado e director. 9 nomeamentos.
  • 2005: National Board of Review: Mellor director (Ang Lee) e actor (Jake Gyllenhaal).
  • 2005: Círculo de críticos de Nova York: Filme, director e actor (Heath Ledger).
  • 2005: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor filme e director.
  • 2005: Festival de Venecia: Mellor filme.
  • 2005: Nomeado ó Cesar: Mellor filme estranxeiro.
  • 2005: Nomeado ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]