Saltar ao contido

Clifford Odets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClifford Odets

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1906 Editar o valor en Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte14 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, dramaturgo, actor de teatro, actor de cinema, escritor, director de cinema, actor, director teatral Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBette Grayson (1943–1952)
Luise Rainer (1937–1940) Editar o valor en Wikidata
FillosWalt Odets
 () Bette Grayson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0644048 Allocine: 16598 Allmovie: p104944 IBDB: 4884
BNE: XX877434 Musicbrainz: 4bb976ac-b09a-4b42-8fcd-79f8896f6689 WikiTree: Odets-1 Find a Grave: 6308 Editar o valor en Wikidata
Clifford Odets en 1928

Clifford Odets, nado en Filadelfia o 18 de xullo de 1906 e finado nos Ánxeles o 14 de agosto de 1963, foi un dramaturgo, guionista e director norteamericano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Odets era fillo de Louis Odets (nado como Gorodetsky) e Pearl Geisinger, inmigrantes xudeus procedentes de Rusia e Romanía. Medrou en Filadelfia e no Bronx (Nova York)[1]. Non rematou o instituto deixándoo coa intención de se converter en actor. Estableceuse con 19 anos en Greenwich Village, actuando en Poet's Theatre dirixido por Harry Kemp.[2] Traballou na radio e afirmou que fora o primeiro dillei, na estación de radio WBNY, programando música clásica e contemporánea e improvisando nos tempos mortos [3]. Tamén realizaba críticas teatrais e como tal viu en 1926 a obra de Sean O'Casey Juno and the Paycock.[4] que o marcou fondamente.

Odets pasou varios veráns como conselleiro teatral en varios campamentos en Catskills e Poconos. Fixo xiras con pequenas compañías, realzando unha gran variedade de papeis. En 1929 logrou entrar en Broadway, como suplente de Spencer Tracy en Conflictde Vincent Lawrence[5] e debutou no prestixioso Theatre Guild en outono de 1929, como un extra.[6] Ata 1931 actuou en pequenos papeis en diversas producións nese teatro.

Group Theatre

[editar | editar a fonte]
Cartel da montaxe en yiddish de Sing and Awake! (Nova York,1938-1939), traducida a petición de Odets. A primeira versión da obra, titulada I Got the Blues recollía moitas expresións e frases en yiddish que Odets eliminou a petición de Group Theatre [7]

Acudiu a xuntanzas con Harold Clurman e Cheryl Crawford para discutir novos conceptos teatrais que estaban a desenvolver con Lee Strasberg.[8] Odets quedou fascinado polas novidades de Clurman e foi o último actor escollido para integrar Group Theatre en xuño de 1931 no Brookfield Center en Connecticut.[9][10] que se converteu nunha moi influente compañía teatral de Nova York que utilizou unha técnica de actuación nova nos Estados Unidos, baseada no sistema deseñado polo actor e director ruso Constantin Stanislavski. Desenvolveuna o director do Group Theatre Lee Strasberg e pasou a coñecerse como O Método. Aínda que Odets sería o principal dramagurgo do Group Theatre ao primeiro tan só actuou en pequenos papeis e como suplente, mais aproveitou o tempo libre para comezar a escribir, influenciado polo marxismo os seus textos eran abertamente políticos, tomando de John Howard Lawson o poder da linguaxe coloquial. As súas primeiras pezas teatrais foron 910 Eden Street, e outra sobre Beethoven, titulado Victory. Clurman desbotounas como inmaturas pero animouno a seguir escribindo procurando temas máis próximos. A finais de 1932, Odets comezou a escribir unha peza sobre unha familia de clase media do Bronx. Co título Awake and Sing!, o grupo representou o segundo acto nun campamento de verán en 1933, e malia o entusiamo do público[11], Lee Strasberg opúxose a producilo[12][13].

Odets seguiu a actuar coa compañía nos campamentos de verán ata 1939.[14][15] e sempre afirmou que o Group Theatre fora esencial para o seu desenvolvemento como dramaturgo[16].

A primeira obra que estreou foi a peza dun acto Waiting for Lefty o 5 de xaneiro de 1935, no antigo Civic Repertory Theatre de Nova York.[17] producida por Group Theatre. A peza consiste nunha serie de escenas interconectadas representando os traballadores dunha empresa ficticia de taxi, pero inspirado por unha folga de taxis real[18] e converteuse nun éxito inesperado.

Awake and Sing, finalmente, produciuna o Group Theatre en febreiro de 1935, é está considerada a obra mestra de Odet e mais unha das primeiras grandes obras do teatro xudeu, fóra do teatro yiddish.[19] A peza trata da familia Berger do Bronx que vive baixo a sombra do colapso económico. A elección de Odets de empezala in media res, o seu estilo de diálogo, e o feito de ser a obra de Broadway centrada totalmente nunha familia xudía, distínguea doutras pezas da época.

Fotografía de Odets tirada por Carl Van Vechten en 1937

Waiting for Lefty e Till the Day I Die, xunto con varias outras pezas producidas por Group Theatre son duras críticas aos que se beneficiaron e ao propio sistema económico que explotou ao pobo durante a Gran Depresión. Odets afirmou que todas as súas obran tratan do espírito humano perseverando contra calquera adversario, estean ou non os personaxes retratados loitando co sistema capitalista.

Golden Boy (1937) retrata un home novo dividido entre a satifación artística e a material. Foi o maior éxito comercial de Group Theatre. A partir desta obra Odets centrouse máis na dinámica das relacións interpersoais e a súa modificación polos dilemas morais de caracteres individuais. En 1938 a compañía representou Rocket to the Moon, unha peza máis reflexiva, e menos reivindicativa politicamente. En decembro de 1938 por mor da obra Odets saíu na portada de Time[20].

Hollywood

[editar | editar a fonte]

O éxito das primeiras obras de Odets atraeu a atención de produtores de Hollywood. Foi por vez primeira a Hollywood a primeiros do ano 1936[21] para escribir para a pantalla. Dende aquela pasou a maior parte da súa vida en Hollywood. A súa intención inicial era facer diñeiro para axudarlle a Group Theatre a montar a fins de 1935 Paradise Lost[22] e mais tamén para mellorar a súa propia situación financeira[23]. O seu primeiro guión produciuno Paramount nun filme dirixido por Lewis Milestone e protagonizado por Gary Cooper e Madeleine Carroll, The General Died at Dawn (1936) que recibiu críticas positivas.

Fotograma de None but the Lonely Heart

Como a maioría dos guionistas da época, Odets traballaba dentro do sistema de estudio. Así escribía borradores que se entregaban a outro guionista ou a un equipo para un maior desenvolvemento, e en moitos dos filmes declinou aparecer nos títulos de crédito. Dirixiu e escribiu o guión de None but the Lonely Heart (1944), adaptación da novela de Richard Llewellyn, producida pola RKO. O filme protagonizouno Cary Grant, Ethel Barrymore (que gañou un Oscar á mellor actriz secundaria), Barry Fitzgerald e Jane Wyatt.

Odets seguiu a escribir teatro, The Country Girl (1950), foi un éxito de público e crítica. A súa última peza teatral foi The Flowering Peach (1954).

Odets escribiu 1957 o guión para Sweet Smell of Success, baseado na noveliña de Ernest Lehman e producido pola compañía independente Hecht-Hill-Lancaster. Protagonizada por Burt Lancaster e Tony Curtis, este filme negro retrata o submundo do xornalismo. O personaxe de J. J. Hunsecker, interpretado por Lancaster, está considerado un dos viláns máis desprezables do cinema norteamericano[24]. Odets dirixiu outra película, para a que tamén escribiu o guión The Story on Page One (1959).

En maio de 1952 tivo que comparecer diante a Comité de Actividades Antiamericanas (HUAC). Pertencera ao Partido Comunista durante menos dun ano, entre 1934 e 1935[25]. Colaborou co Comité, respondendo ás súas preguntas, e reiterou nomes de membros do Partido Comunista, xa anteriormente citados polo seu amigo e antigo compañeiro de Group Theatre, Elia Kazan. Antes do testemuño final de Kazan en abril de 1952, eles acordaron dar o nome de cada un[26]. Odets, así, evitou entrar na lista negra.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

A principios da década de 1960 escribiu catro guións de televisión para a serie antolóxica da NBC, The Richard Boone Show, e actuou tamén como supervisón dos guións.[27] Ademais traballou no libreto para unha versión musical de Golden Boy pero morreu antes de rematar e o traballo completouno un antigo estudante seu, o dramaturgo William Gibson.

  • Midnight (1930)
  • 1931– (1931)
  • Big Night (1933)
  • They All Come to Moscow (1933)
  • Men in White (1933)
  • Gold Eagle Guy (1934)
  • Waiting for Lefty (1935)
  • Waiting for Lefty (1935)
  • Awake and Sing! (1935)
  • Till the Day I Die (1935)
  • Paradise Lost (1935)
  • I Can't Sleep (1935, monólogo)
  • The Silent Partner (1936, non se produciu)
  • Golden Boy (1937)
  • Rocket to the Moon (1938)
  • Night Music (1940)
  • Clash by Night (1941)
  • The Russian People (1942, adaptación)
  • The Big Knife (1949)
  • The Country Girl (1950)
  • The Flowering Peach (1954)
  • Deadline at Dawn (1956)
  • The Country Girl (1950, produción orixinal de Broadway)
  • Golden Boy (1952, montaxe posterior á produción orixinal)
  • The Flowering Peach (1954, produción orixinal de Broadway)

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Guionista

[editar | editar a fonte]
  • The General Died at Dawn (1936)
  • None but the Lonely Heart (1944)
  • Humoresque (1946, con Zachary Gold)[28]
  • Notorious (1946, diálogo, escenas amorosas)
  • Deadline at Dawn (1946)
  • Sweet Smell of Success (1957)
  • Wild in the Country (1961)
  • None but the Lonely Heart (1944)
  • The Story on Page One (1959)
  1. John Lahr, "The Struggles of Clifford Odets.", The New Yorker, 17 de abril de 2006
  2. Brenman-Gibson 1982, p. 84
  3. Christopher J. Herr (2003) Clifford Odets and American Political Theatre Greenwood, p. 21
  4. Brenman-Gibson, Margaret (1982)Clifford Odets, American Playwright: The Years 1906–1940. New York: Atheneum, p. 92
  5. Brenman-Gibson 1982, p. 132.
  6. Brenman-Gibson 1982, p. 141
  7. Joel Schechter (2008) Messiahs of 1933: How American Yiddish Theatre Survived Adversity Through Satire Temple University Press, p. 78
  8. Brenman-Gibson 1982, p. 165
  9. Clurman, Harold (1945) The Fervent Years. New York: Hill and Wang, ed. 1968, p. 36
  10. Smith, Wendy (1990) Real Life Drama: The Group Theatre and America, 1931-1940. New York: Grove Weidenfeld, p.32
  11. Clurman, p. 119
  12. Clifford Odets: American Playwright Margaret Brenman-Gibson 1982
  13. Clurman, p. 123
  14. Brenman-Gibson, 1982, p. 564
  15. Smith, p. 364
  16. Mendelsohn, Michael (1969) Clifford Odets: Humane Dramatist. DeLand, FL: Everett/Edwards, p. 9
  17. Clurman, p. 138
  18. Weales, Gerald (1971) Clifford Odets, Playwright. New York: Pegasus, pp. 39–43
  19. Schiff, Ellen (1982). From Stereotype to Metaphor: The Jew in Contemporary Drama. Albany: SUNY Press. pp. 33. 
  20. Brenman-Gibson, p. 539
  21. Brenman-Gibson, p. 397
  22. Clurman, p. 162
  23. Brenman-Gibson, pp. 393, 397
  24. American Film Institute (4 de xuño de 2003). ""AFI's 100 YEARS ... 100 HEROES & VILLAINS"". Afi.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  25. Brenman-Gibson, pp. 296, 302
  26. Kazan, Elia (1988) A Life. New York: Doubleday, pp. 462–63
  27. Weales, p. 184
  28. Humoresque IMDb