Saltar ao contido

Karen Blixen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isak Dinesen»)
Modelo:BiografíaKaren Blixen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(da) Karen Christentze Dinesen Editar o valor en Wikidata
17 de abril de 1885 Editar o valor en Wikidata
Rungstedlund, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Rungstedlund (Dinamarca) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRungstedlund (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoProsa e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1905 Editar o valor en Wikidata - 1959 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNeo-romantismo (pt) Traducir, literatura gótica (pt) Traducir e realismo máxico Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioTania Blixen
Pierre Andrézel
Isak Dinesen
Osceola Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBror von Blixen-Finecke (1914–) Editar o valor en Wikidata
PaisWilhelm Dinesen Editar o valor en Wikidata  e Ingeborg Dinesen Editar o valor en Wikidata
IrmánsThomas Dinesen
Ellen Dahl Editar o valor en Wikidata
ParentesBror von Blixen-Finecke, curmán segundo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.61–62) >>>:Blixen-Fenicke, Karen (geb. Dinesen, Ps. Isak Dinesen) Editar o valor en Wikidata
Páxina webkarenblixen.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0227598 IBDB: 500276
BNE: XX1162953 Musicbrainz: eaaa9eee-fd8a-4e61-b6e9-a7024abe5451 Discogs: 1895416 WikiTree: Dinesen-36 Find a Grave: 11654 Editar o valor en Wikidata
Karen Blixen, á dereita, en 1957

Karen Christence Blixen-Finecke, tamén coñecida polos sobrenomes Isak Dinesen e Pierre Andrézel, nada en Rungsted o 17 de abril de 1885 e finada o 7 de setembro de 1962, foi unha escritora de orixe dinamarqués en lingua inglesa e dinamarquesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Karen Blixen naceu en Rungstedlund, ao norte da illa danesa de Selandia, sendo a segunda filla dun grupo de cinco rapaces: Inger, Karen, Ellen (mozas), Thomas e Anders (rapaces, os mais novos dos cinco) nacidos da unión entre o escritor e capitán Wilhelm Dinesen e Ingeborg Dinesen. En 1895 Wilhelm Dinesen, o pai, suicidouse á idade 49 anos, e así ficou a nai soa cos cativos que daquela tiñan entre un e doce anos. O seu pai viña dunha familia próspera, a súa nai non. Karen, pola súa parte, medrou nunha contorna semellante á dunha familia nobre; tiñan criados e solvencia económica. Hoxe en día a súa casa de infancia en Rungstedlund está convertida nun museo, o Museo de Karen Blixen.

Viaxe a África e volta a Dinamarca

[editar | editar a fonte]

En 1914, Blixen trasladouse á África do Leste, daquela baixo dominio británico, o que hoxe é Kenya. Alí tiña unha plantación de café principiada xunto ao marido, o seu curmán segundo o barón Bror Blixen-Finecke, con quen casara aquel mesmo ano. En 1921 separáronse e no ano 1925 divorciáronse, mais Blixen ficou en África até 1931. Era moi feliz coa vida na granxa, mais había ao menos tres razóns que motivaban o seu regreso a Dinamarca:

  • A saúde: Dende 1914 sufría de sífilis e tivo que regresar en numerosas ocasións a Dinamarca para recibir tratamento.
  • A crise mundial: Sensíbel á Crise de 1929, tivo dificultades coa economía da plantación.
  • O amor: En 1918 coñeceu a Denys Finch-Hatton, un piloto e cazador de animais salvaxes inglés. Pasaron de ser coñecidos a ser amantes, e entre 1926 e 1931 Finch-Hatton estabeleceu a granxa coma a súa base para o tempo no que non andaba de caza ou pilotando. O 14 de maio de 1931 chocou co avión en pleno voo e feneceu.

Así as cousas, Blixen volveu a Dinamarca e alí estivo até a súa morte en 1962. As súas experiencias en África aparecen reflectidas nos seus libros Out of Africa (1937) e Skygger på Græsset -en galego, Sombras sobre a Herba- (1960).

  • Sandhedens hævn (Copenhaguen, 1926)
  • Seven Gothic Tales (Londres, 1934), Syv fantastiske Fortællinger (Copenhaguen, 1935)
  • Out of Africa (Londres, 1937), Den afrikanske Farm (Copenhaguen, 1937)
  • Winter's Tales (Londres, 1942), Vinter-Eventyr (Copenhaguen, 1942)
  • Gengældelsens Veje (Copenhaguen, 1944)
  • Skygger på Græsset (Copenhaguen, 1960)
  1. Ficha Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Traducida ao galego por Xesús Araúxo e publicada por Sotelo Blanco en 1997.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]