James Ivory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Ivory
James Ivory (1991.09).jpg e James Ivory 1991.jpg
Nome completo James Francis Ivory
Nacemento 7 de xuño de 1928 (89 anos)
Lugar Berkeley (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Parella(s) Ismail Merchant (1961-2005)
Profesión Director
editar datos en Wikidata ]

James Francis Ivory, nado en Berkeley (California) o 7 de xuño de 1928 é un director de cinema estadounidense. Durante moitos anos traballou co produtor Ismail Merchant e a guionista Ruth Prawer Jhabvala, os tres directores de Merchant Ivory Productions.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en California, pero criado en Oregón, Ivory asistiu á University of Oregon School of Architecture and Allied Arts, onde se graduou en belas artes en 1951. Estudou logo na University of Southern California School of Cinematic Arts, onde dirixiu a súa primeira curtametraxe e escribiu, produciu e fotografou Venice: Theme and Variations, documental de media hora presentado como tese. O filme foi considerado en 1957 por The New York Times como un dos dez mellores filmes non estreados comercialmente.

En 1959, nunha exhibición do seu documental The Sword and the Flute en Nova York coñeceu o produtor Ismail Merchant. Merchant e Ivory foron parella durante máis de corenta anos.[1] A súa relación profesional e sentimental acabou en 2005 co pasamento de Merchant.

En maio de 1961, ambos os dous fundaron a produtora Merchant Ivory Productions. Con ela produciron case corenta filmes, a maioría deles coa novelista Ruth Prawer Jhabvala como guionista.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Horn, John (26 de maio de 2005). "Obituaries; Ismail Merchant, 68; Producer of Stylish, Popular Period Dramas". Los Angeles Times. Consultado o 4 de xullo de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]