Lillian Hellman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lillian Hellman
Nacemento20 de xuño de 1905
Lugar de nacementoNova Orleáns
Falecemento30 de xuño de 1984 e 30 de setembro de 1984
Lugar de falecementoCondado de Dukes, Massachusetts
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia e Universidade de Nova York
Ocupacióndramaturga, guionista, escritora, autobiógrafa, libretista e actriz
PremiosNational Book Award, Paul Robeson Award, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, doutor honoris causa pola Universidade Brandeis e Ladies' Home Journal Women of the Year
Na rede
IMDB: nm0375484 Allocine: 90374 Allmovie: p161219 IBDB: 6202
Bitraga: 325 Dialnet: 1622175 Musicbrainz: fdf71cf3-7a7e-4a78-b882-5ebbecc4b52b WikiTree: Hellman-268 Find a Grave: 2423 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lillian Florence Hellman, nada en Nova Orleáns o 20 de xuño de 1905 e finada en Oak Bluffs o 30 de xuño de 1984, foi unha dramaturga[1] e guionista de cinema estadounidense. Foi coñecida polo seu compromiso político con causas esquerdistas, pola súa relación sentimental co escritor Dashiell Hammett e pola súa longa amizade coa escritora Dorothy Parker, de quen foi testamenteira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hellman creceu entre Nova Orleáns e Nova York nunha familia de orixe xudía convertida ao cristianismo e chea de excéntricos e avaros, que despois apareceron retratados nas súas obras. Estudou nas universidades de Columbia e Nova York[2] e despois de traballar como crítica literaria e axente publicitaria, comezou a escribir as súas propias obras na década de 1930.

O 31 de decembro de 1925 casou co dramaturgo e axente de prensa Arthur Kober, aínda que a miúdo viviron separados.[3] Dende 1930 e durante un ano aproximadamente, gañaba 50 dólares á semana como lectora para Metro-Goldwyn-Mayer en Hollywood, escribindo resumos de novela para posibles guións.[4] Mentres estaba en Hollywood, coñeceu e namorouse do escritor Dashiell Hammett. Divorciouse de Kober e volveu a Nova York en 1932.[5] Cando coñeceu a Hammet nun restaurante, ela tiña 24 anos e el 36. Mantiveron unha relación intermitente ata a morte de Hammet en xaneiro de 1961.[6]

O seu primeiro grande éxito foi o drama The Children's Hour (1934),[7] que trata sobre dúas profesoras acusadas de seren lesbianas. Tamén abordou as tremendas rivalidades internas dunha familia aristócrata sureña na súa obra The Little Foxes. Protagonizada por Tallulah Bankhead, esta acusou a Hellman de comunista por defender a invasión de Finlandia e non volveron falar entre elas trala estrea.[8][9]

En outubro de 1937, Hellman pasou varias semanas en España para apoiar as Brigadas Internacionais na guerra civil española. Mentres Madrid era bombardeada, emitiu un informe aos Estados Unidos dende Radio Madrid.

Negouse a testificar ante o Comité de Actividades Antiamericanas en 1952, sospeitosa de comunismo polas súas tendencias de esquerda. En 1957 colaborou con Leonard Bernstein no libreto de Candide, opereta baseada en Cándido, novela curta de Voltaire.[10]

En 1969 publicou An Unfinished Woman primeira das súas tres autobiografías, seguida por Pentimento (levada ao cinema como Julia con Jane Fonda e Vanessa Redgrave) e en 1976 por Scoundrel Time.

A principios da década de 1970, deu clases de escritura na Universidade de California, Berkeley, no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e no Hunter College de Nova York.[11] en Harvard e Yale e recibiu o New York Drama Critics Circle Award e a medalla de ouro da Academy of Arts and Letters for Distinguished Achievement in the Theater.

Arquivo[editar | editar a fonte]

Os papeis de Hellman consérvanse no Harry Ransom Center da Universidade de Texas en Austin. O seu arquivo inclúe unha extensa colección de esbozos, contratos, correspondencia, discursos, notas, premios, axendas e graos honorarios.[12]

Legado[editar | editar a fonte]

Entre as institucións que outorgaron a Hellman graos de honra inclúense a Universidade Brandeis (1955),[13] o Wheaton College (1960),[14] o Mt. Holyoke College (1966),[15] o Smith College (1974),[16] a Universidade Yale (1974)[16] e a Universidade de Columbia (1976).[16]

Human Rights Watch administra o programa de bolsas Hellman/Hammett.[17]

Hellman é a personaxe central na obra de teatro de Peter Feibleman Cakewalk (1993), que amosa a relación do autor con Hellman.[18]

En 1999, Kathy Bates dirixiu o telefilme Dash and Lilly, baseado na relación entre Hellman e Hammett.[19]

O enfrontamento entre Hellman e Mary McCarthy é a base da obra de teatro de Nora Ephron Imaginary Friends (2002), con música de Marvin Hamlisch e letras de Craig Carnelia[20]

William Wright escribiu The Julia Wars, baseado na batalla legal entre Hellman e McCarthy. Dorothy Gallagher escribiu unha biografía de Hellman, Lillian Hellman: An Imperious Life.[21]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Crespán, Araceli (2012). "Las mujeres de Lillian Hellman, una voz poderosa en un teatro de hombres". Las mujeres de Lillian Hellman, una voz poderosa en un teatro de hombres (en castelán). ISSN 1132-8231. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  2. Martinson, Lillian Hellman, pp. 37, 43, 47
  3. Martinson, Lillian Hellman, pp. 44-46
  4. Dick, Hollywood, pp. 19–21
  5. Martinson, Lillian Hellman, pp. 89–90
  6. Lillian Hellman, "Introduction", en Dashiell Hammett, The Big Knockover (1972), p. vii
  7. Dick, Hollywood, p. 32
  8. Ryskind, Allan (2015). Hollywood Traitors: Blacklisted Screenwriters Ð Agents of Stalin, Allies of Hitler. Washington DC: Regnery Publishing. p. 332. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  9. Hadleigh, Boze (2007). Broadway Babylon: Glamour, Glitz, and Gossip on the Great White Way. NY: Back Stage Books. p. 118. ISBN 978-0823088300. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  10. Joan Peyser, Bernstein: A Biography, (NY: Beech Tree Books, 1987), p. 248
  11. Wright Lillian Hellman, p. 334
  12. "Lillian Hellman: An Inventory of Her Papers at the Harry Ransom Center". norman.hrc.utexas.edu. Consultado o 2016-02-29. 
  13. Brandeis University: "Honorary Degrees: A Short History", consultado o 13 de decembro de 2011.
  14. Wheaton College: Lillian Hellman, Honorary Degree Recipient Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., consultado o 13 de decembro de 2011
  15. Bryer, Conversations, xxiv
  16. 16,0 16,1 16,2 Horn, Sourcebook, p. 16
  17. Human Rights Watch/Hellman-Hammett Grants, hrw.org; consultado o 16 de decembro de 2011.
  18. Ben Brantley, "Courting Lillian Hellman, Most Carefully" Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., nytimes.com, 7 de novembro de 1996; consultado o 11 de decembro de 2011.
  19. "Dash and Lilly (TV 1999)", Internet Movie Database; consultado o 16 de decembro de 2011
  20. New York Times: Ben Brantley, ""Literary Lions, Claws Bared", 13 de decembro de 2002, consultado o 16 de decembro de 2011.
  21. Lee Whittington. "Lillian Hellman: An Imperious Life". nyjournalofbooks.com. Consultado o 3 de maio de 2017. It seems, indeed, that author Gallagher and her subject share more in common when it comes to the art of subterfuge. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alan Ackerman, Just Words: Lillian Hellman, Mary McCarthy, and the Failure of Public Conversation in America (Yale University Press, 2011)
  • Thomas Carl Austenfeld., American Women Writers and the Nazis: Ethics and Politics in Boyle, Porter, Stafford, and Hellman (University Press of Virginia, 2001)
  • Jackson R. Bryer, ed., Conversations with Lillian Hellman (University Press of Mississippi, 1986), a collection of 27 interviews published between 1936 and 1981
  • Bernard F. Dick, Hellman in Hollywood (East Brunswick, NJ: Farleigh Dickinson University Press, 1982)
  • Peter Feibleman, Lilly: Reminiscences of Lillian Hellman (NY: Morrow, 1988)
  • Alice Griffin and Geraldine Thorsten, Understanding Lillian Hellman (University of South Carolina Press, 1999)
  • John Earl Haynes, "Hellman and the Hollywood Inquisition: The Triumph of Spin-Control over Candour," Film History, vol 10, No. 3, 1998, pp. 408–14
  • Barbara Lee Horn, Lillian Hellman: A Research and Production Sourcebook (Greenwood Press, 1998)
  • Alice Kessler-Harris, A Difficult Woman: The Challenging Life and Times of Lillian Hellman (Bloomsbury Press, 2012)
  • Rosemary Mahoney, A Likely Story: One Summer With Lillian Hellman (NY: Doubleday, 1998)
  • Deborah Martinson, Lillian Hellman: A Life with Foxes and Scoundrels (Counterpoint Press, 2005; ISBN 9781582433158)
  • Joan Mellen, Hellman and Hammett: The Legendary Passion of Lillian Hellman and Dashiell Hammett, (NY: HarperCollins, 1996)
  • Richard Moody, Lillian Hellman: Playwright (NY: Pegasus, 1972)
  • Robert P. Newman, The Cold War Romance of Lillian Hellman and John Melby (University of North Carolina Press, 1989)
  • Carl E. Rollyson, Lillian Hellman: Her Legend and Her Legacy (NY: St. Martin's Press, 1988)
  • Alan Barrie Spitzer, Historical Truth and Lies about the Past: Reflections on Dewey, Dreyfus, de Man, and Reagan (University of North Carolina Press, 1996), ch. 1: "John Dewey, the 'Trial' of Leon Trotsky, and the Search for Historical Truth"
  • William Wright, Lillian Hellman: The Image, the Woman (NY: Simon and Schuster, 1986)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]