Saltar ao contido

4ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
4ª edición dos Óscar
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Data
10 de novembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Número de edición
4 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Implicados
 Presentador/a
Localización
 Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0bvw5h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: ev0000003/1931 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Crystal Ballroom do Biltmore Hotel, onde se celebrou a cerimonia de entrega dos premios

A 4ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 10 de novembro de 1931 no Biltmore Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Lawrence Grant.

Os filmes elixibles foron os estreados entre o 1 de agosto de 1930 e o 31 de xullo de 1931.

William LeBaron, mellor filme
Lionel Barrymore, mellor actor
Marie Dressler, mellor actriz
Howard Estabrook, mellor guión adaptado

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor argumento Mellor guión adaptado
Mellor fotografía Mellor dirección de arte
Mellor son

Jackie Cooper, de nove anos, foi o primeiro actor infantil candidato ao Óscar e é o único actor de menos de dezaoito anos que foi candidato ao Óscar ao mellor actor. Durante a cerimonia quedou durmido sobre o ombreiro de Marie Dressler. Cando esta foi anunciada como gañadora, Cooper tivo que ser acomodado no colo da súa nai.

Cimarron foi o primeiro western que gañou o Óscar ao mellor filme (e o único ata Dances with Wolves). Tivo un récord de sete candidaturas e foi o primeiro filme que gañou máis de dous premios.

Tras conseguir a candidatura á mellor dirección dous anos antes, Lionel Barrymore converteuse na primeira persoa candidata en varias candidaturas.

Predecesor:
3ª edición dos Óscar
Premios Óscar
4ª edición dos Óscar
Sucesor:
5ª edición dos Óscar