Philip Barry
Philip Barry | |
---|---|
![]() Philip Barry
|
|
Nacemento | 18 de xuño de 1896 |
Rochester | |
Falecemento | 3 de decembro de 1949 (53 anos) |
Nova York | |
Causa | Infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Yale |
Ocupación | dramaturgo, escritor e guionista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Philip Barry, nado en 1896 e finado en 1949, foi un dramaturgo norteamericano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Rochester, Nova York e estudou en Yale, rexeitado para o servizo militar durante a Primeira Guerra Mundial, traballa para o Departamento de Estado, tras a fin da guerra volta a Yale e escribe a súa primeira obra teatral, Automony (1919) para o club de teatro universitario, o que posibilitou que estudase en Harvard con George Pierce Baker. Escribiu comedias satíricas sobre a alta sociedade norteamericana de entreguerras como Holiday (1928), The Animal Kingdom (1932) e The Philadelphia Story (1939), das que se fixeron varias versións cinematográficas. Tamén escribiu dramas serios como Tomorrow and Tomorrow (1931) e experimentais como Hotel Universe (1930).
|