Louisa May Alcott
| Louisa May Alcott | |
|---|---|
![]() | |
| Alcume | A. M. Barnard |
| Nacemento | 29 de novembro de 1832 |
| Germantown | |
| Falecemento | 6 de marzo de 1888 |
| Boston | |
| Causa | Ictus |
| Soterrada | Massachusetts |
| Nacionalidade | Estados Unidos de América |
| Etnia | estadounidenses |
| Alma máter | Ensino doméstico |
| Ocupación | escritora, enfermeira, poetisa, novelista, escritora de literatura infantil e suffragette |
| Pai | Amos Bronson Alcott |
| Nai | Abby May |
| Irmáns | Elizabeth Sewall Alcott, Abigail May Alcott Nieriker e Anna Alcott Pratt |
| Coñecido/a por | Mulherzinhas, An Old-Fashioned Girl, Little Men, Jo's Boys, Work: A Story of Experience, Eight Cousins, Rose in Bloom, Under the Lilacs, Jack and Jill: A Village Story, Flower Fables e The Brownie and the Princess |
| Premios | National Women’s Hall of Fame |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Louisa May Alcott, nada en Germantown (Pensilvania) o 29 de novembro de 1832 e finada en Boston (Massachusetts) o 6 de marzo de 1888, foi unha novelista estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Amos Bronson Alcott e Abigail May, comezou a traballar dende moi nova como profesora. Escribiu o seu primeiro libro con só 22 anos, Flower Fables (1854), contos orixinalmente escritos por Ellen Emerson, filla de Ralph Waldo Emerson. No ano 1860 comeza a escribir para o Atlantic Monthly, e traballou durante seis semanas como enfermeira nun hospital de Georgetown (1862-1863). As súas cartas a casa, revisadas foron recollidas en Hospital Sketches (1863), onde demostra un gran poder de observación e boa dose de humor para recoller as traxedias da guerra. A súa primeira novela foi Moods (1864).
Menos coñecidas foron as novelas publicadas baixo o alcume de A. M. Barnard, esas obras como A Long Fatal Love Chase e Pauline's Passion and Punishment, son do tipo descrito en Little Women como perigosas para as mentes pequenas, os seus protagonistas son salvaxes e apaixonados, tiveron un inmediato éxito comercial e aínda hoxe se len con pracer. Little Women ou Meg, Jo, Beth and Amy (1868), é a súa obra máis coñecida, na que con moito humor, frescura e realismo conta en forma de historia moitos dos acontecementos que lle ocorreron a ela a ás súas irmáns. Little Men (1871) trata de xeito semellante os caracteres e vidas dos seus sobriños que vivían con elas en Ochard House en Concord, Massachusetts. Jo's Boys (1886) completa a serie. A maioría das súas obras posteriores, An Old-Fashioned Girl (1870), Aunt Jo's Scrap Bag (6 vols., 1871-1879), Rose in Bloom (1876) e outras, seguen a liña de Little Women.
Traducións ao galego[editar | editar a fonte]
En galego publicouse a súa novela Detrás da máscara (Behind a Mask, or A Woman's Power), traducida por Antía Veres (Editorial Hugin e Munin, 2017)[1], despois de ser distinguida co I Premio Realia de Tradución Literaria[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha da obra na páxina web da editorial
- ↑ Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Obras de Louisa May Alcott no Proxecto Gutenberg, inglés
- Jack and Jill Audiolibro
|
