Frances Marion
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (mul) Marion Benson Owens 18 de novembro de 1888 San Francisco |
| Morte | 12 de maio de 1973 Os Ánxeles |
| Causa da morte | doenza cardiovascular |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Guión cinematográfico, dirección de cine e xornalismo |
| Ocupación | guionista, actriz de cinema, actriz, directora de cine, escritora, novelista, xornalista, guionista de cinema |
| Período de actividade | 1912 |
| Membro de | |
| Pseudónimo literario | Francis Marion Frank M. Clifton |
| Familia | |
| Cónxuxe | George W. Hill (1930–1933) Fred Thomson (1919–1928) Robert Dickson Pike (1911–1917) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | The St. James women filmmakers encyclopedia |
Marion Benson Owens, nada en San Francisco o 18 de novembro[1] de 1888 e finada nos Ánxeles o 12 de maio de 1973, foi unha xornalista, escritora e guionista estadounidense, coñecida como Frances Marion, decotío citada como unha das mulleres guionistas máis destacadas do século XX, xunto con June Mathis e Anita Loos. Foi a primeira guionista en recibir dous premios Oscar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marion naceu en San Francisco (California), filla de Len Owens e Minnie Benson.[2] Tiña unha irmá máis vella, Maude, e un irmán máis novo, Len.[2] Os seus pais divorciáronse cando ela tiña dez anos e marchou vivir coa súa nai. Abandonou a escola aos doce anos tras ser pillada debuxando unha banda deseñada da súa mestra. Pasou logo a unha escola en San Mateo e despois a unha escola de arte de San Francisco cando tiña dezaseis anos. Esta escola foi destruída no terremoto de San Francisco de 1906.[3]
Mentres estaba en San Francisco traballou como axudante de fotografía de Arnold Genthe e experimentou co deseño fotográfico e os filmes en cor. Máis tarde traballou como artista comercial para Western Pacific Railroads e como reporteira do San Francisco Examiner. Despois de mudarse aos Ánxeles foi artista de carteis no Morosco Theater, ademais de deseñar anuncios nunha empresa de publicidade.[4]
No verán de 1914 foi contratada como guionista axudante, actriz e axudante xeral por "Lois Weber Productions", produtora propiedade da pioneira directora cinematográfica Lois Weber. Puido converterse en actriz, mais prefería o traballo detrás das cámaras. Aprendeu a escribir guións de Weber, e de feito escribiu un para ela, mais despois queimouno.
Marion traballou como xornalista e foi correspondente durante a primeira guerra mundial.[5] Documentou a contribución das mulleres ao esforzo bélico na fronte e foi a primeira muller en cruzar o Rin tralo armisticio.[6]
Escribiu co nome de Frances Marion moitos guións para a actriz Mary Pickford, incluíndo os de Rebecca of Sunnybrook Farm e The Poor Little Rich Girl. Tamén escribiu guións para outros filmes de éxito das décadas de 1920 e 1930. Durante eses anos gañaba un salario de 50 000 dólares ao anos, cantidade inaudita nese tempo.[7] Foi a primeira muller en gañar un Oscar ao mellor guión adaptado, que conseguiu en 1930 polo filme The Big House e dous anos despois gañou o Oscar ao mellor argumento por The Champ. En total participou en máis de 300 guións e máis de 130 filmes. Tamén dirixiu e actuou de xeito ocasional nalgúns dos primeiros filmes de Mary Pickford.
Durante moitos anos estivo baixo contrato con MGM Studios, mais a pesar da súa boa posición, abandonou Hollywood en 1946 para dedicar máis tempo a escribir teatro e novelas.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Marion casou en catro ocasións, as dúas primeiras, con Wesley de Lappe e Robert Pike, antes de cambiar o seu nome. En 1919 casou co actor Fred Thomson, que protagonizou con Mary Pickford The Love Light en 1921.[5] Era amiga tan íntima de Pickford, que foron xuntas de lúa de mel cando Pickford casou con Douglas Fairbanks e Marion con Thomson.[7] Tralo inesperado pasamento de Thomson en 1928, casou co director George W. Hill en 1930, aínda que o matrimonio finalizou en divorcio en 1933. Tivo dous fillos, Fred C. e Richard (adoptado). Fred chegou a ser editor das obras de George Eliot.
Filmografía seleccionada
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Intérpretes | Notas |
|---|---|---|---|
| 1912 | The New York Hat | Mary Pickford, Lionel Barrymore, Lillian Gish | Contribuidora do guión |
| 1915 | Camille | Clara Kimball Young, Paul Capellani, Robert Cummings | Argumento |
| A Girl of Yesterday | Mary Pickford, Frances Marion, Glenn L. Martin | Actriz | |
| 1916 | The Gilded Cage | Alice Brady, Montagu Love, Alec B. Francis | Argumento, escritora |
| 1917 | A Little Princess | Katherine Griffith, Mary Pickford, Norman Kerry, ZaSu Pitts, Theodore Roberts | Escritora |
| Rebecca of Sunnybrook Farm | Mary Pickford, Eugene O'Brien | Escritora | |
| The Poor Little Rich Girl | Mary Pickford, Madlaine Traverse, Charles Wellesley, Gladys Fairbanks | Escritora | |
| 1918 | Stella Maris | Mary Pickford | Photoplay |
| How Could You, Jean? | Mary Pickford | Argumento | |
| M'Liss | Mary Pickford | Escritora | |
| Amarilly of Clothes-Line Alley | Mary Pickford, William Scott, Kate Price | Escritora | |
| 1919 | The Cinema Murder | Marion Davies, Eulalie Jensen, Anders Randolf, Reginald Barlow | Argumento |
| Anne of Green Gables | Mary Miles Minter | Escritora | |
| 1920 | Pollyanna | Mary Pickford | Adaptación |
| The Flapper | Olive Thomas, Warren Cook | Guión, historia | |
| The Restless Sex | Marion Davies, Ralph Kellard | Escritora | |
| 1921 | The Love Light | Mary Pickford, Evelyn Dumo | Directora, historia (sen acreditar) |
| 1922 | The Toll of the Sea | Anna May Wong, Kenneth Harlan, Beatrice Bentley | Argumento (sen acreditar), historia |
| 1923 | The Famous Mrs. Fair | Myrtle Stedman, Huntley Gordon | Adaptación, guión |
| 1924 | Secrets | Norma Talmadge | Adaptación |
| Cytherea | Alma Rubens, Constance Bennett, Norman Kerry, Lewis Stone, Irene Rich | Adaptación | |
| The Dramatic Life of Abraham Lincoln | George A. Billing, Ruth Clifford, George K. Arthur, Louise Fazenda | Historia, guión | |
| 1925 | Stella Dallas | Ronald Colman, Belle Bennett, Lois Moran | Adaptación |
| A Thief in Paradise | Doris Kenyon, Ronald Colman, Aileen Pringle | Adaptación | |
| Thank You | Alec B. Francis, Jacqueline Logan | Escritora | |
| Lightnin' | Jay Hunt, Wallace MacDonald | Escritora | |
| 1926 | The Scarlet Letter | Lillian Gish, Lars Hanson | Adaptación, argumento, títulos |
| The Winning of Barbara Worth | Ronald Colman, Vilma Bánky | Adaptación | |
| Son of the Sheik | Rudolph Valentino, Vilma Bánky, Montagu Love, Karl Dane, George Fawcett | Adaptación | |
| 1927 | The Red Mill | Marion Davies | Adaptación, guión |
| Love | John Gilbert, Greta Garbo | Continudade | |
| Madame Pompadour | Dorothy Gish | Escritora | |
| 1928 | The Wind | Lillian Gish, Lars Hanson, Montagu Love, Dorothy Cumming | Argumento |
| The Awakening | Vilma Bánky, Walter Byron | Historia | |
| Bringing Up Father | J. Farrell MacDonald, Polly Moran, Marie Dressler | Escritora | |
| 1929 | Their Own Desire | Norma Shearer, Belle Bennett, Lewis Stone, Robert Montgomery, Helene Millard | Guión |
| 1930 | Min and Bill | Marie Dressler, Wallace Beery | Diálogos, argumento |
| The Big House | Robert Montgomery, Wallace Beery, Chester Morris, Lewis Stone | Diálogos, historia Oscar ao mellor guión adaptado | |
| Good News | Mary Lawlor, Stanley Smith | Argumento | |
| The Rogue Song | Lawrence Tibbett, Catherine Dale Owen | Escritora | |
| Anna Christie | Greta Garbo, Charles Bickford, George F. Marion, Marie Dressler | Escritora | |
| 1931 | Anna Christie | Greta Garbo, Theo Shall, Hans Junkermann | Adaptación |
| The Secret Six | Wallace Beery, Lewis Stone, John Mack Brown, Jean Harlow, Clark Gable, Ralph Bellamy, Marjorie Rambeau | Diálogos, guión | |
| The Champ | Wallace Beery, Jackie Cooper, Irene Rich, Roscoe Ates | Historia Oscar ao mellor argumento | |
| 1932 | Blondie of the Follies | Marion Davies, Robert Montgomery, Billie Dove | Guión, historia |
| Emma | Marie Dressler, Richard Cromwell, Jean Hersholt, Myrna Loy | Historia | |
| 1933 | Peg o' My Heart | Marion Davies, Onslow Stevens, J. Farrell MacDonald | Adaptación |
| Cea ás oito | Marie Dressler, John Barrymore, Wallace Beery, Jean Harlow, Lionel Barrymore, Billie Burke | Guión | |
| The Prizefighter and the Lady | Myrna Loy, Max Baer, Walter Huston, Primo Carnera, Jack Dempsey | Historia Candidata ao oscar ao mellor argumento | |
| Going Hollywood | Marion Davies, Bing Crosby, Fifi D'Orsay, Stuart Erwin | Historia (sen acreditar) | |
| Secrets | Mary Pickford, Leslie Howard | Escritora | |
| 1936 | Camille | Greta Garbo, Robert Taylor, Lionel Barrymore | Guión |
| Riffraff | Jean Harlow, Spencer Tracy | Guión, historia | |
| Poor Little Rich Girl | Shirley Temple, Alice Faye, Jack Haley, Gloria Stuart, Michael Whalen, Claude Gillingwater | Escritora | |
| 1937 | Knight Without Armour | Marlene Dietrich, Robert Donat | Adaptación |
| Love from a Stranger | Ann Harding, Basil Rathbone | Adaptación | |
| 1940 | Green Hell | Douglas Fairbanks, Jr. Vincent Price, Joan Bennett, Alan Hale, Sr., George Sanders, John Howard | Historia orixinal, guión |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Minnie Flynn. Nova York: Boni and Liveright, 1925
- The Secret Six. NY: Grosset & Dunlap, 1931 [novela a partir de su propio guion]
- Valley People. Nova York: Reynal & Hitchcock, 1935
- How to Write and Sell Film Stories. NYNova YorkCovici-Friede, 1937
- Molly, Bless Her. Nova York: Harper & Brothers, 1937
- Westward The Dream. Garden City Nova York: Doubleday and Company, 1948
- The Passions of Linda Lane. Nova York: Diversey Publications, 1949
- The Powder Keg. Boston: Little, Brown & Co., 1953
- Off With Their Heads!: A Serio-Comic Tale of Hollywood. Nova York: The Macmillan Company, 1972 [memorias]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Beauchamp. 1997
- 1 2 1900 United States Federal Census
- ↑ "Earthquake of 1906: 110 years ago today - San Mateo Daily Journal". Sdailyjournal.com. Consultado o 25-1-2017.
- ↑ Beauchamp, Cari (1997). Without Lying Down (en inglés). University of California Press. pp. 22–37. ISBN 978-0520214927.
- 1 2 Biography.com. "Frances Marion Biography". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 7 de maio de 2011.
- ↑ "The Love Light starring Mark Pickford and Fred Thompson". YouTube. Consultado o 5-3-2017.
- 1 2 "The Love Light (Frances Marion, Mary Pickford Co. US 1921) (d/w)". YouTube. 10-10-2013. Consultado o 5-3-2017.
- ↑ Sicherman, Barbara; Hurd Green, Carol (1980). Notable American Women: The Modern Period : A Biographical Dictionary. Belknap Press of Harvard University Press. pp. 457. ISBN 0-674-62732-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frances Marion |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beauchamp, C. Marion, Frances. American National Biography Online, febreiro de 2000.
- Beauchamp, Cari (1997). Without lying down: Frances Marion and the powerful women of early Hollywood. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-21492-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Without Lying Down: Frances Marion and the Power of Women in Hollywood
- Frances Marion Arquivado 24 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en Women Film Pioneers Project
- Actores de California
- Actores de cinema dos Estados Unidos de América
- Nados en San Francisco
- Nados en 1888
- Finados en 1973
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Xornalistas dos Estados Unidos de América
- Novelistas dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Correspondentes de guerra