Bernardo Bertolucci
Bernardo Bertolucci, nado en Parma o 16 de marzo de 1940, e finado en Roma o 26 de novembro de 2018, foi un director de cinema italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha profesora e dun crítico de cinema e historiador da arte, comezou a escribir aos quince anos e axiña recibiu varios premios literarios. A profesión do seu pai axudouno na súa carreira, xa que despois de que este publicase a primeira novela de Pier Paolo Pasolini, o director contratou a Bertolucci como axudante no seu filme Accattone.
Pouco despois de abandonar a universidade sen rematar os seus estudos, dirixiu a súa primeira película, La commare secca, con guión do propio Pasolini. Bertolucci tiña tan só vinte e dous anos.
Os temas políticos e sociais están ben presentes na súa obra, desde a súa segunda película, Prima della rivoluzione.
Gañou recoñecemento internacional a partir dos seus seguintes filmes, o controvertido O derradeiro tango en París e Novecento, chegando a conseguir o oscar ao mellor director con O derradeiro emperador, biografía de Puyi.
Obra
[editar | editar a fonte]- 1962 - La commare secca
- 1964 - Prima della rivoluzione
- 1965 - La via del petrolio
- 1966 - Il canale
- 1968 - Partner
- 1970 - Il conformista
- 1970 - Strategia del ragno
- 1971 - La salute è malata
- 1971 - 12 dicembre
- 1972 - O derradeiro tango en París
- 1976 - Novecento
- 1979 - A Lúa
- 1981 - La tragedia di un uomo ridicolo
- 1984 - L'addio a Enrico Berlinguer
- 1987 - O derradeiro emperador
- 1990 - The Sheltering Sky
- 1993 - Little Buddha
- 1996 - Stealing Beauty
- 1999 - Besieged
- 2003 - The Dreamers
- 2007 - Io e te
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bernardo Bertolucci na IMDb (en inglés).