Aaron Sorkin
Aaron Sorkin | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Aaron Benjamin Sorkin |
Nacemento | 9 de xuño de 1961 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Syracuse e Scarsdale High School |
Ocupación | guionista, produtor de cinema, dramaturgo, escritor, actor, escenógrafo, actor de cinema, showrunner, produtor de televisión e director de cinema |
Cónxuxe | Julia Bingham |
Coñecido por | The West Wing, Molly's Game, To Kill a Mockingbird e Sports Night |
Premios | Writers Guild of America Award, Óscar ó mellor guión adaptado, New York Film Critics Circle Award for Best Screenplay, Satellite Award for Best Adapted Screenplay, Golden Globe Award de melhor roteiro e Primetime Emmy Award de melhor roteiro em série dramática |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Aaron Sorkin, nado en Nova York o 9 de xuño de 1961, é un dramaturgo, produtor e guionista estadounidense gañador de varios premios Emmy e Óscar.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Syracuse graduándose teatro musical en 1983, volvendo a Nova York, sen lograr traballos importantes como actor, comezou a escribir obras teatrais mentres collía diversos traballos ocasionais para manterse. En 1988 estreou Hidden in This Picture nun café-teatro fóra de Broadway que lle permitiu entrar no mundo teatral de N.Y., conseguindo o éxito con A Few Good Men (1989) que vendeu a Hollywood mesmo antes da súa estrea, o filme dirixido por Rob Reiner, Algúns homes bos, foi un éxito de público. Na década de 1990 traballou como guionista en Hollywood e en 1998 deu un xiro ao seu traballo e creou a serie para televisión Sports Night que se emitiu durante dúas tempadas, á que seguiu a exitosa The West Wing (1999-2006), un drama político, que gañou numerosos Emmy, aínda que el a deixou en 2003 para crear Studio 60 on the Sunset Strip (2006) que non renovou tempada. En 2007 volveu ao teatro, adaptando o seu guión de The Farnsworth Invention e en 2010 gañou ao óscar ao mellor guión adaptado por The Social Network. No ano 2012 estreou a serie The Newsroom.