Samuel Hopkins Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Samuel Hopkins Adams
Samuel Hopkins Adams - May 1922 FF.jpg
Nacemento26 de xaneiro de 1871
 Dunkirk (Nova Iorque)
Falecemento15 de novembro de 1958
 Beaufort
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterHamilton College
Ocupaciónxornalista, escritor e novelista
editar datos en Wikidata ]

Samuel Hopkins Adams, nado en Dunkirk (Nova York) o 26 de xaneiro de 1871 e finado en Beaufort (California) o 15 de novembro de 1958, foi un escritor e xornalista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1891 e 1900 foi reporteiro do New York Sun. En 1900 entrou no McClure's Magazine, onde gañou grande reputación cos seus artigos sobre a situación da saúde pública norteamericana. En 1905 escribiu unha serie de 11 artigos para o Collier's Weekly co título de The Great American Fraud (A gran fraude americana), onde analizou os compoñentes dalgunhas das medicinas máis populares do país, descubrindo que moitas das compañías farmacéuticas falseaban as propiedades de moitos dos seus produtos, mesmo ata ao punto de ser prexudiciais nalgúns casos. A serie tivo un grande impacto na opinión pública e permitiu a aprobación da lei coñecida como Pure Food an Drug Act en 1906 (aínda que en 1911 se derrogase parcialmente).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Revelry, 1926 a súa novela máis coñecida, baseada nos escándalos do goberno de Harding.
  • The Flagrant Years, 1929
  • Incredible Era, 1939, biografía de Harding
  • It Happened One Night, 1933
  • The Harvey Girls, 1942
  • Grandfather Stories, 1955
  • Tenderloin, 1959