The Father (filme de 2020)
| The Father | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
The Farther é un filme británico-francés de 2020 dirixido por Florian Zeller no seu debut como director. Zeller escribiu o guión xunto co seu compañeiro Christopher Hampton, e baséase na propia obra de Zeller Le Père, que forma parte dunha triloxía que inclúe Le Fils e La Mère.Está protagonizado por Anthony Hopkins, Olivia Colman, Mark Gatiss, Imogen Poots, Rufus Sewell e Olivia Williams, e conta a historia dun galés octoxenario que vive con demencia.
The Father estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 27 de xaneiro de 2020 e foi distribuído por Sony Pictures Classics nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de febreiro de 2021, nos de Francia o 26 de maio de 2021 por UGC Distribution, e nos do Reino Unido o 11 de xuño de 2021 por Lionsgate UK. O filme recadou 28 millóns de dólares sobre un orzamento de 6 millóns, e foi aclamado pola crítica, que eloxiou as actuacións de Hopkins e Colman, así como os valores de produción e a representación da demencia.
Na 93ª edición dos Óscar, Hopkins gañou o premio ó mellor actor e Zeller e Hampton gañaron o premio de mellor guión adaptado; o filme recibiu un total de seis nomeamentos, entre eles o de mellor filme e mellor actriz secundaria (Colman).[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Anthony Hopkins as Anthony
- Olivia Colman as Anne
- Rufus Sewell as Paul
- Imogen Poots as Laura
- Olivia Williams as The Woman
- Mark Gatiss as The Man
- Ayesha Dharker as Dr Sarai
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bisset, Jennifer. "Oscars 2021 results: The full list of winners, from Nomadland to Daniel Kaluuya". CNET. Consultado o 26 de abril de 2021.
- Filmes de 2020
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes de Francia
- Filmes dirixidos por Florian Zeller
- Filmes de Sony Pictures Classics
- Filmes de Film4 Productions
- Filmes de Lions Gate Entertainment
- Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19
- Filmes rodados en Londres
- Filmes ambientados en Londres
- Filmes sobre alzhéimer