Saint Laurent (filme)
| Saint Laurent | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||
Saint Laurent é un filme francés de 2014 dirixido e escrito por Bertrand Bonello. Está protagonizado por Gaspard Ulliel, quen interpreta a Yves Saint Laurent, Jérémie Renier como Pierre Bergé e Louis Garrel como Jacques de Bascher. O resto do elenco está composto por Léa Seydoux, Amira Casar, Aymeline Valade e Helmut Berger.[1][2] O filme céntrase na vida de Saint Laurent dende 1967 até 1976, época na que a súa fama como deseñador de moda estaba no seu punto álxido.[3] O filme competiu pola Palma de Ouro na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014[4] e estreouse nos cinemas o 24 de setembro de 2014.[3]
Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gaspard Ulliel como Yves Saint Laurent
- Helmut Berger como Yves Saint Laurent en 1989
- Jérémie Renier como Pierre Bergé
- Louis Garrel como Jacques de Bascher
- Léa Seydoux como Loulou de la Falaise
- Amira Casar como Anne-Marie Munoz
- Aymeline Valade como Betty Catroux
- Valeria Bruni Tedeschi como Madame Duzer
- Micha Lescot como Monsieur Jean-Pierre
- Jasmine Trinca como Talitah
- Valérie Donzelli como Renée
- Dominique Sanda como Lucienne
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diderich, Joelle (10 de xaneiro de 2014). "Yves Saint Laurent Biopic Wins Pierre Bergé's Approval". WWD. Consultado o 10 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Saint Laurent". Unifrance. Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
- 1 2 "" Saint Laurent " de Bertrand Bonello". Elle. Consultado o 6 de xullo de 2014.
- ↑ "2014 Official Selection". Cannes. Consultado o 17 de abril de 2014.
- ↑ "Oscars: France Selects 'Saint Laurent' for Foreign-Language Category". Hollywood Reporter. Consultado o 22 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Saint Laurent na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)