Saltar ao contido

Os miserábeis (filme de 2019)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os miserábeis
Logotipo
 Instancia de
 Título
Les Misérables (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Edicións
 Lingua
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
SRAB Films (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
24 de xaneiro de 2020 (Turquía)
12 de marzo de 2020 (Hungría)
20 de novembro de 2019 (Francia)
23 de xaneiro de 2020 (Alemaña)
2019 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Premios e distincións
César ao mellor filme (28 de febreiro de 2020)
Cesar of the public (en) Traducir (28 de febreiro de 2020)
Descubrimento do Ano (2019) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 103 min Editar o valor en Wikidata
 Recadación
 18900000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
78/100 Metacritic (11 de outubro de 2025)
7.6/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021)
88% Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt10199590 Filmaffinity: 984792 Allocine: 273579 Rottentomatoes: m/les_miserables_2020 Allmovie: v716248 Metacritic: movie/les-miserables-2019 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Os miserábeis (en francés: Les Misérables) é un filme francés de 2019 dirixido por Ladj Ly e escrito por Ly, Giordano Gederlini e Alexis Manenti. Baséase nunha curtametraxe homónima realizada polo propio Ly. Está protagonizado por Damien Bonnard, Alexis Manenti, Djebril Zonga, Issa Percia, Al-Hassan Ly, Steve Tientcheu, Almany Kanoute e Nizar Ben Fatma. O filme baséase na violencia policial ocorrida o 14 de outubro de 2008 en Montfermeil, observada e filmada por Ladj Ly. Montfermeil é un suburbio a 25 quilómetros ó nordeste de París onde, na novela Os miserables de Victor Hugo (1862), o exconvicto Jean Valjean coñece a Cosette, unha nena maltratada polos seus pais adoptivos. O filme describe os abusos contra os cidadáns pobres, especialmente os adolescentes de etnia árabe ou africana.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 15 de maio. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de novembro a través da distribuidora Le Pacte. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Estreouse subtitulado en galego o 22 de novembro de 2019 a través de NUMAX (Santiago de Compostela).[1] Os subtítulos foron traducidos ao galego por Samuel Solleiro co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Stéphane únese ás brigadas anticriminais de Montfermei, onde coincide con Chris e Gwada. Ambos amósanlle as enormes tensións que existen entre os distintos grupos organizados que teñen como único obxectivo facerse co control do distrito.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Damien Bonnard como Stéphane / Pento
  • Alexis Manenti como Chris
  • Djebril Zonga como Gwada
  • Issa Perica como Issa
  • Al-Hassan Ly como Buzz
  • Steve Tientcheu como The Mayor
  • Almamy Kanoute como Salah
  • Jeanne Balibar como The Commissioner
  • Raymond Lopez como Zorro
  • Omar Soumare como Macha
  • Sana Joachaim como Bintou
  • Lucas Omiri como Slim
  • Nazar Ben Fatma como La Pince
  1. numax.org (ed.). "Os miserábeis en NUMAX". Consultado o 9 de maio de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]