Saltar ao contido

L'Année dernière à Marienbad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L'Année dernière à Marienbad
 Título
   L’Année dernière à Marienbad (fr) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Colección
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
Cineriz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1 de novembro de 1961 (Italia)
29 de setembro de 1961 (Francia)
19 de outubro de 1961 (Alemaña)
25 de xuño de 1961 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
León de Ouro (1961) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   94 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/014nc5 Editar o valor en Wikidata
MathWorldMarienbad Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
93% Rotten Tomatoes (31 de outubro de 2024)
8.3/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0054632 Filmaffinity: 667037 Allocine: 83 Rottentomatoes: m/last_year_at_marienbad Allmovie: v28413 TCM: 80968 TV.com: movies/last-year-at-marienbad Netlix: 60035927 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

L'Année dernière à Marienbad é un filme experimental franco-italiano de 1961 dirixido por Alain Resnais a partir dun guión de Alain Robbe-Grillet. O filme gañou o León de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Venecia de 1961. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 34ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]

Nun hotel barroco, poboado por parellas adiñeiradas que socializan entre elas, un home solteiro achégase a unha muller. Afirma que se coñeceron o ano anterior en Marienbad e ela pediulle que esperase un ano antes de decidir un futuro xuntos. A muller insiste en que nunca se coñeceron. O home trata de reavivar o que afirma que é a tenrura que compartían, mentres ela o rexeita e contradí o seu relato. Un segundo home afirma repetidamente o seu dominio sobre o primeiro home, incluíndo vencelo cada vez nun xogo matemático (unha versión do nim).

A través de flashbacks ambiguos e desorientadores cambios de tempo e localización, o filme explora as relacións entre as tres personaxes. As conversas e os eventos repítense en varios lugares do edificio e do recinto, e hai numerosas tomas de seguimento dos corredores do hotel, con voces en off ambiguas e repetitivas. Non se ofrece ningunha conclusión certa.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

As personaxes non teñen nome no filme; no guión que se publicou, a muller refírese coa letra "A", o primeiro home é "X", e o home que podía ser o seu marido é "M".

Influencia

[editar | editar a fonte]

O impacto de L'Année dernière à Marienbad sobre outros cineastas foi ben recoñecido e ilustrado, desde directores franceses como Agnès Varda, Marguerite Duras e Jacques Rivette a figuras internacionais como Ingmar Bergman e Federico Fellini.[2] The Shining, de Stanley Kubrick,[3] e Inland Empire, de David Lynch[4] son dous filmes citados con frecuencia como mostra da influencia de Marienbad.

Terence Young indicou que deseñou a secuencia antes dos créditos de Desde Rusia con amor a partir de L'Année dernière à Marienbad.[5]

Peter Greenaway dixo que Marienbad fora a influencia máis importante do seu cinema. El mesmo trabou unha boa relación de traballo co director de fotografía, Sacha Vierny.[6]

O estilo visual do filme foi imitado en moitas anuncios televisivos e fotografías de moda.[7] Tamén foi a inspiración de Karl Lagerfeld para a colección primavera-verán de 2011 de Chanel.[8]

O videoclip de "To the End", sinxelo de 1994 do grupo británico Blur, está baseado no filme.

  1. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
  2. Robert Benayoun, Alain Resnais: arpenteur de l'imaginaire. París: Ramsay, 2008. p. 106.
  3. E.g. Last Year at Marienbad: Which Year at Where?, por Mark Polizzotti (artigo para Criterion Collection). [Consultado o 11 de novembro de 2011]
  4. E.g. "Marienbad Returns, Unsettling as Ever", por Mark Harris, en The New York Times, 13 de xaneiro de 2008. [Consultado o 11 de novembro de 2011]
  5. p.27 Rubin, Stephen Jay James Bond Films Random House Value Publishing, 1 de marzo de 1982
  6. Film-makers on film: Peter Greenaway: an interview with John Whitley in The Daily Telegraph, 14 de xuño de 2004. [Consultado o 11 de novembro de 2011]
  7. Last Year in Marienbad, [review] by Philip French, in The Observer, 22 de abril de 2007. [Consultado o 11 de novembro de 2011]
  8. "Chanel’s Year in Marienbad", por Suzy Menkes, en The New York Times, 5 de outubro de 2010. [Consultado o 11 de novembro de 2011]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Armes, Roy (1968). The Cinema of Alain Resnais. Zwemmer, A.S. Barnes. 
  • Benayoun, Robert (1980). Alain Resnais: arpenteur de l'imaginaire (en francés). Stock/Cinéma. ISBN 978-2-234-01358-2. 
  • Brunius, Jacques (1962). "Every Year in Marienbad". Sight & Sound 31 (3). 
  • Leutrat, Jean-Louis (2000). L'Année dernière à Marienbad. Traducido por Hammond, Paul. British Film Institute. 
  • Monaco, James (1978). Alain Resnais: The Role of Imagination. Secker & Warburg. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]