Cousin, Cousine
| Cousin, Cousine | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||
Cousin, Cousine é un filme francés de 1975 dirixido por Jean-Charles Tacchella e protagonizado por Marie-Christine Barrault, Victor Lanoux e Marie-France Pisier. Escrito por Tacchella e Danièle Thompson, o filme trata de dous curmáns por matrimonio que se coñecen nunha voda e desenvolven unha estreita amizade. Despois de que os seus cónxuxes resultan infieis, a amizade dos curmáns leva a unha apaixonada relación amorosa.[1] Cousin, Cousine foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 49ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Dous curmáns distantes vense por primeira vez nunha voda. Cando se fan amigos, todo o mundo comeza a pensar que son amantes. Ao descubriren que os seus respectivos cónxuxes están traizoándoos, deciden confirmar as súas sospeitas.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marie-Christine Barrault como Marthe
- Victor Lanoux como Ludovic
- Marie-France Pisier como Karine
- Guy Marchand como Pascal
- Ginette Garcin como Biju
- Sybil Maas como Diane
- Popeck como Sacy
- Pierre Plessis como Gobert
- Catherine Verlor como Nelsa
- Hubert Gignoux como Thomas[4]
- Catherine Stermann como Monique[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cousin cousine". Internet Movie Database. Consultado o 20 de abril de 2012.
- ↑ "Awards for Cousin cousine". Internet Movie Database. Consultado o 20 de abril de 2012.
- ↑ "Cousin, Cousine". TCM. Consultado o 2 de novembro de 2014.
- ↑ "Full cast and crew for Cousin cousine". Internet Movie Database. Consultado o 20 de abril de 2012.
- ↑ "Full cast and crew for Cousin cousine". Internet Movie Database. Consultado o 26 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cousin, Cousine na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)