Baisers volés
| Baisers volés | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Baisers volés é un filme francés de 1968 dirixido por François Truffaut e protagonizado por Jean-Pierre Léaud e Claude Jade. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 41ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia comeza cando Antoine Doinel, quen de pequeno fuxira do seu fogar como se describe en Les Quatre Cents Coups, é licenciado do servizo militar e reencóntrase coa súa amiga Christine. Agora na vida civil, Antoine busca un traballo para sobrevivir, comezando polo de vixilante nocturno, mais por infortunadas situacións e pola súa ineptitude e mal sorte acaba sendo despedido. Consegue entón un traballo como detective privado e deste xeito acaba infiltrado nunha tenda de zapatos como vendedor, a petición do dono da tenda, quen quere saber por que as persoas que o rodean o detestan. Antoine termina seducido pola esposa do dono, con quen ten unha aventura.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jean-Pierre Léaud como Antoine Doinel
- Claude Jade como Christine Darbon
- Daniel Ceccaldi como pai de Christine
- Claire Duhamel como nai de Christine
- Delphine Seyrig como Fabienne Tabard
- Michael Lonsdale como Georges Tabard
- Harry-Max como Monsieur Henri
- André Falcon como Monsieur Blady
- Catherine Lutz como Catherine
- Martine Ferrière como Gérante
- Jacques Rispal como Monsieur Colin
- Serge Rousseau como o home descoñecido
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 41st Academy Awards (1969) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2011-11-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Baisers volés na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)