Adhemar Ferreira da Silva
| Biografía | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 29 de setembro de 1927 São Paulo | ||||||||||||||||
| Morte | 12 de xaneiro de 2001 São Paulo | ||||||||||||||||
| Grupo étnico | Afrobrasileiros | ||||||||||||||||
| Educación | Faculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro (pt) | ||||||||||||||||
| Altura | 178 cm | ||||||||||||||||
| Peso | 69 kg | ||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||
| Ocupación | atleta, actor | ||||||||||||||||
| Período de actividade | 1937 | ||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||
| Deporte | atletismo de pista e campo atletismo | ||||||||||||||||
| Disciplina deportiva | Triplo salto | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||
| 22 de novembro de 1956 | Xogos Olímpicos de 1956 | ||||||||||||||||
| 19 de xullo de 1952 | Xogos Olímpicos de 1952 | ||||||||||||||||
| 29 de xullo de 1948 | Xogos Olímpicos de 1948 |
||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||
| Descrito pola fonte | Enciclopédia Negra, (p.28) | ||||||||||||||||
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Helsinqui 1952 | Triplo salto | ||
| Melbourne 1956 | Triplo salto | ||
Adhemar Ferreira da Silva, nado en São Paulo o 29 de setembro de 1927 e finado na mesma cidade o 12 de xaneiro de 2001, foi un atleta brasileiro especializado en triplo salto. Gañou dúas medallas de ouro, unha nos Xogos Olímpicos de Helsinqui 1952 e outra nos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, e conseguiu catro plusmarcas mundiais, a última en 1955 con 16,56 metros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia pobre, e comezou a practicar o triplo salto en 1947. Baixo as ordes do adestrador alemán Dietrich Gerner pronto demostrou o seu talento, conseguindo a marca nacional e unha praza no equipo brasileiro de atletismo para os Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, onde conseguiría a décimo cuarta praza. Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de Helsinqui de 1952 logrou a súa primeira medalla de ouro grazas aos 16,22 metros saltados, revalidou a medalla de ouro nos xogos de Melbourne de 1956 cun salto de 16,35 metros.
En 1959 actuou na película Orfeo negro, do director francés Marcel Camus, a cal logrou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa ese mesmo ano.
Plusmarcas do mundo
[editar | editar a fonte]- 16.01 metros (30 de setembro de 1951, Río de Xaneiro)
- 16.12 metros (23 de xullo de 1952, XX.OO de Helsinqui)
- 16.22 metros (23 de xullo de 1952, XX.OO de Helsinqui)
- 16.56 metros (16 de marzo de 1955, Xogos Panamericanos de 1955 en Cidade de México)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Atletas olímpicos do Brasil
- Saltadores de lonxitude
- Medallistas olímpicos de ouro polo Brasil
- Nados en São Paulo
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Nados en 1927
- Finados en 2001
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1948
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1960