Saltar ao contido

Des hommes et des dieux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Des hommes et des dieux
 Título
   Des hommes et des dieux (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Deseñador/a son
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
16 de decembro de 2010 (Alemaña)
18 de maio de 2010 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   122 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0002-9CD1-0000-0-0000-0000-3 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0brzpsy Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
86/100 Metacritic (19 de novembro de 2025)
92% Rotten Tomatoes (25 de novembro de 2024)
8.2/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt1588337 Filmaffinity: 820785 Allocine: 56826 Rottentomatoes: m/of_gods_and_men Mojo: ofgodsandmen Allmovie: v517468 TCM: 802321 Metacritic: movie/of-gods-and-men TV.com: movies/of-gods-and-men Netlix: 70139512 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Des hommes et des dieux é un filme francés de 2010 dirixido por Xavier Beauvois, e protagonizado por Lambert Wilson e Michael Lonsdale. O título do filme fai referencia a un verso da Biblia que se amosa ó comezo do mesmo. Conta a historia do mosteiro de Tibhirine, onde nove monxes cistercienses viviron en harmonía coa poboación musulmá en Alxeria, até que sete deles foron secuestrados e asasinados en 1996 durante a guerra civil alxeriana.[1]

Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2][3]

A acción sitúase nun mosteiro da rexión do Atlas en Alxeria, durante a década de 1990. Oito monxes cristiáns pertencentes á orde da Trapa viven alí en harmonía coa poboación musulmá, establecendo lazos de cooperación contra os efectos da pobreza, ocasionados por un réxime en decadencia. Dedicados á vida contemplativa, a rezar, a sementar a terra e a apoiar a poboación dos arredores, mesmo o mosteiro se emprega como dispensario médico de facto pola poboación da zona.

Un grupo de fundamentalistas islámicos asasina un equipo de traballadores croatas nunha zona próxima ao mosteiro (20 km aproximadamente) e o pánico apodérase dos habitantes da rexión, que soportan os embates da guerra civil alxeriana. O exército gobernamental alxeriano ofrece protección aos monxes, mais estes rexéitano para non verse involucrados na guerra nin por suposto facer uso da violencia. Un comando armado de fundamentalistas entra no mosteiro, sendo a primeira advertencia sobre o destino que os esperaba. Os monxes dubidan sobre a posibilidade real de retirarse debido aos lazos de amizade formados coa poboación civil, que lles pide que queden. A pesar da crecente ameaza, os monxes fan uso da reflexión: por un lado o apego á súa vida, e polo outro cal é o seu deber; os oito monxes fan unha síntese dos seus medos e obrigas, dando por resultado a súa permanencia no mosteiro ata as últimas consecuencias.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Of Gods and Men Press Kit" (PDF). Sony Classics. Consultado o 28 de setembro de 2013.
  2. Keslassy, Elsa (17 de setembro de 2010). "France choses 'Gods' for Oscars". Variety. Consultado o 17 de setembro de 2010.
  3. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 19 de xaneiro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]