Plásticos Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°27′47.76″N 7°43′38.85″O / 43.4632667, -7.7274583

Ferroplast

Acceso a Ferroplast en Muras.
TipoSociedade Limitada
Fundaciónanos 60
LocalizaciónPaseo Marítimo 63, 15002 A Coruña Galicia Galicia
FundadorJosé Ferro Rodeiro
Persoas claveJosé Marcial Doctor López de Pablos (presidente)
IndustriaPlástico
ProdutosTubos
Accesorios de plástico
Número de empregados600
editar datos en Wikidata ]

Plásticos Ferro, coñecido pola súa marca comercial Ferroplast, é unha empresa de fabricación e tratamento de plástico con sede na Coruña. Grupo Plásticos Ferro (GPF) é a primeira empresa do sector en España e a terceira en Europa, con oito fábricas e catorce centros loxísticos.

Historia[editar | editar a fonte]

Ferroplast foi creada en Muras (Lugo) na década de 1960 por José Ferro Rodeiro. O seu fundador era propietario da marca Flan Chino Mandarín. José Ferro mercou unha pequena central hidroeléctrica na que se comezou a utilizar plástico para fabricar culleres e bonecos deste produto de sobremesa. Co tempo o negocio foi medrando facendo tubos e accesorios de PVC para a construción. En 1980, morreu o fundador da empresa e os herdeiros pasaron a chamala Plásticos Ferro SL.

En 2003 mercou Tuyper por 64 millóns de euros, pasando a ser a primeira empresa do sector en España[1].

Ferroplast xurdiu nun concello pequeno, afastado dos centros económicos e industriais. A empresa soubo combinar a fabricación de produtos de alto valor engadido que facía menos importante os custos de transporte no prezo do produto cunha enerxía barata. Ademais, conta coa súa propia planta hidroeléctrica, o que lle permite ser competitiva no mercado.

Facturación[editar | editar a fonte]

Empresas do grupo[editar | editar a fonte]

  • Plásticos Ferro, tubos e accesorios de plástico.
  • Tuyper grupo, tubos e conducións de plástico.
  • Braseli, sistemas para a condución de auga quente e fría a presión.
  • Ferro Systems, loxística.
  • Ferroplast Marrocos, delegación da empresa en Marrocos.
  • Tepsa, creada en Muras e adicada á fabricación de accesorios para pesca e acuicultura.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]