Margarida II de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaA Súa Maxestade Editar o valor em Wikidata
Margarida II de Dinamarca

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(da) Margrethe II
(da) Margrethe Alexandrine Þórhildur Ingrid Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Palácio de Amalienborg (Dinamarca) Editar o valor em Wikidata
Monarca de Dinamarca
14 de xaneiro de 1972 – 14 de xaneiro de 2024 (renúncia (pt) Traducir)
← Frederico IX da Dinamarca (pt) TraducirFrederico X de Dinamarca → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesIngahild Grathmer Editar o valor em Wikidata
ResidenciaPalácio de Amalienborg (pt) Traducir
Palácio de Gravenstein (pt) Traducir
Palácio de Marselisborg (pt) Traducir
Palácio de Fredensborg (pt) Traducir
Château de Cayx (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgreja Nacional da Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
North Foreland Lodge (en) Traducir
N. Zahle's School (en) Traducir
Universidade de Aarhus
London School of Economics
Girton College
Aarhus School of Business (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTradutor, ilustrador, deseñador de produción e arqueólogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Copenhague Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmonarca , guionista , pintora , artista téxtil Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata - 2014 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua dinamarquesa, lingua inglesa, lingua francesa, lingua sueca, lingua alemá e lingua feroesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Rama militarForças Armadas Dinamarquesas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarComandante en xefe Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaíña rexente (1972–2024)
Princesa (1940–1972) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg (pt) Traducir e Casa de Monpezat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHenrique de Laborde de Monpezat (1967–2018), morte do cónxuxe
FillosFrederico X de Dinamarca, Xoaquín de Dinamarca Editar o valor em Wikidata
PaisFrederico IX da Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ingrid da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBenedita da Dinamarca (pt) Traducir e Ana Maria, Rainha da Grécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCarlos XVI Gustavo (curmán entregue)
Constantino II de Grecia (cunhado (pt) Traducir)
Harald V de Noruega (curmán segundo)
Balduíno I de Bélxica (curmán segundo)
Alberte II de Bélxica (curmán segundo)
Ellen Hillingsø (en) Traducir (afillada)
Guillerme Alexandre de Orange-Nassau (afilhado (pt) Traducir)
Alexandra de Sayn-Wittgenstein-Berleburg (pt) Traducir (afillada)
Haakon Magnus da Noruega (pt) Traducir (afilhado (pt) Traducir)
Christoffer Knuth (en) Traducir (afilhado (pt) Traducir)
Gregers Heering (en) Traducir (afilhado (pt) Traducir)
Marcus Knuth (afilhado (pt) Traducir)
Carlos Filipe de Suecia (afilhado (pt) Traducir)
Princesa Theodora da Grécia e Dinamarca (pt) Traducir (afillada) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
2008Referendo sobre autogoverno na Groenlândia em 2008 (pt) Traducir
1979Greenlandic home rule referendum, 1979 (en) Traducir
10 de xuño de 1967wedding of Princess Margrethe of Denmark and Henri de Laborde de Monpezat (en) Traducir
1953Danish constitutional and electoral age referendum, 1953 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webkongehuset.dk Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0219308 Discogs: 2962305 WikiTree: Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg-15 Editar o valor em Wikidata

Margarida II (Margrethe Alexandrine Þorhildur Ingrid), nada en Copenhague o 16 de abril de 1940, foi raíña de Dinamarca dende o 14 de xaneiro de 1972 ata o 14 de xaneiro de 2024.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e formación[editar | editar a fonte]

Membro da Casa de Glücksburg, naceu no palacio de Amalienborg, Copenhague, filla do futuro Frederico IX de Dinamarca, daquela herdeiro e Ingrid de Suecia. O nacemento tivo lugar só unha semana máis tarde de que os nazis invadiran Dinamarca no marco da segunda guerra mundial. Bautizárona o 14 de maio de 1940 na Igrexa Naval, levando o nome de Margarida pola súa avoa materna, a princesa Margarida de Suecia, Alexandrina pola súa avoa paterna, a raíña Alexandrina de Mecklenburg-Schwerin e Ingrid pola sú nai. Ao ser o seu avó, Christian X de Dinamarca, soberano de Islandia, recibiu tamén o nome islandés de Þorhildur.

En 1944 e 1946 naceron as súas irmás, a princesa Benedita de Dinamarca e a princesa Ana María, posteriormente raíña de Grecia polo seu matrimonio co rei Constantino II.

Malia a que seu pai foi rei dende 1947, Margarida non foi proclamada princesa herdeira ata 1953 cando se fixo unha reforma constitucional que permitiu ás mulleres herdar o trono dinamarqués no caso de ausencia de fillo varón.

Estudou a educación primaria e secundaria no centro privado N. Zahles Skole. O curso 1955-1956 fíxoo na escola North Foreland Lodge en Gran Bretaña. Confirmouse na Capela do Palacio de Fredensborg en 1955.[1]

Logo de aprobar o acceso á universidade en 1960 comezou a súa formación universitaria en diversos centros europeos: estudou arqueoloxía, especializándose na prehistórica, na Universidade de Cambridge entre 1960 e 1961, Ciencias Políticas na Universidade de Aarhus en 1961-1962, na Sorbona en 1963 e na London School of Economics en 1965. Dende 1958 e ata 1970 foi voluntaria no corpo feminino da Forza Aérea Danesa, e dende os 18 anos foi membro do Consello de Estado de Dinamarca, presidíndoo no caso de asuencia do seu pai, o rei Frederico IX.[2][3]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou na Igrexa Naval de Copenhague co diplomático e conde francés Henrique de Laborde de Monpezat o 10 de xuño de 1967, adoptando este o nome danés de Henrik e o título de príncipe consorte. O compromiso fora anunciado en outubro de 1966 e a voda tivo lugar na Igrexa Naval e os festexos no Palacio de Fredensborg.[4]

Do matrimonio naceron dous fillos:

  • Frederico X de Dinamarca, nado en Copenhague o 26 de maio de 1968, que é o herdeiro ao trono. Casou en 2004 con Mary Donalson, de orixe australiana, e é pai dos príncipes Cristián, Sabela, Vicente e Xosefina.
  • O príncipe Xaquín de Dinamarca, nado en Copenhague o 7 de xuño de 1969. Casado con Alexandra Manley entre 1995 e 2005 e coa princesa María Cavallier dende 2008. É pai de catro fillos, Nicolás e Félix de Monpezat, do seu primeiro matrimonio, e de Henrique e Atenea de Monpezat, do segundo.

O matrimonio mercou o castelo de Cayx, en Cahors (Francia), en 1974. Nel a familia pasou estadías no verán e o príncipe consorte Henrique asumiu a produción de viño.[5][6]

Problemas co príncipe Henrique[editar | editar a fonte]

O matrimonio mantívose por máis de 50 anos, ata a morte do príncipe Henrique no 2018. Mais, a relación conxugal estivo condicionada pola vontade de Henrique de ser nomeado rei consorte, algo alleo á tradición monárquica e constitucional de Dinamarca. O reixeitamento a esta petición fixo que Henrique fixera críticas en público á súa dona e aos xeitos da monarquía dinamarquesa.[7] En 2002, Henrique manifestou a súa disconformidade con que, en ausencia da raíña por doenza, a recepción de aninovo fose presidida polo seu fillo Frederico e non por el. Henrique marchou a Francia e non retornou a Dinamarca ata que a raíña e os fillos se escusaron diante del en Cayx.[8][9]

No 2008, Margarida anunciou que os seus fillos levarían o título de conde de Monpezat en honra da familia paterna canda aos seus títulos daneses.[10] En varias ocasións, Margarida amosou comprensión cara a actitude do marido, considerando que asumira un "alto custo" casando con ela.[11]

Con todo, tiveron máis crises. No 2015, Margarida non foi acompañada no seu 75 aniversario polo seu home, supostamente doente, mais deuse a coñecer que estaba pasando uns días de vacacións con amigos en Venecia.[12]

En diversas declaracións aos xornalistas, Henrique criticou o que considerou un trato "humillante" e "degradante" por parte da monarquía e falou de "discriminación" por parte dos dinamarqueses.[13][14][11]

Viuva dende o 13 de febreiro de 2018, a raíña Margarida respectou a vontade do seu esposo dándolle un funeral pequeno, permitindo a súa incineración e que non fose enterrado na Catedral de Roskilde ao carón dela, como a tradición dinamarquesa esixe para os reis e consortes.[15]

Raíña de Dinamarca[editar | editar a fonte]

O seu pai Frederico IX enfermou gravemente na noitevella de 1971-1972 falecendo o 14 de xaneiro de 1972. Seguindo o costume, o anuncio e proclamación da raíña foi feito dende o balcón do Palacio de Christiansborg polo primeiro ministro Jens Otto Krag. O lema oficial da raíña Margarida II é "A axuda de Deus e o amor do pobo é a forza de Dinamarca". Foi a primeira raíña de Dinamarca titular dende que no ano 1412 falecera Margarida I. Deixou de usar algúns dos títulos históricos vencellados á monarquía dinamarquesa: raíña dos vendos, raíña dos godos, duquesa de Schleswig, de Holstein, Stormarn, Dithmarschen, Lauenburg e Oldenburgo. Dende entón emprega o de "pola graza de Deus, raíña de Dinamarca".

O 31 de decembro de 2023 anunciou que abdicaría do cargo de raíña o 14 de xaneiro de 2024.[16] Ese días as 14 horas, a raíña Margarida II e o seu herdeiro, Frederico X, celebraron unha reunión do Consello de Estado, é dicir, canda o goberno, no Palacio de Christiansborg en Copenhague. Logo desta xuntanza, a Margarida II asinou formalmente a abdicación e as 15 horas, a primeira ministra Mette Frederiksen proclamou a Frederico X dende o balcón do palacio.[17]

Margarida II foi a primeira monarca dinamarquesa en abdicar dende 1116, cando renunciou Erik III. Margarida II conservará o seu título e o tratamento de maxestade.[18]

Intereses[editar | editar a fonte]

Margarida II participou en diferentes campañas de escavacións arqueolóxicas, mesmo co seu avó Gustavo VI Adolfo de Suecia.[19] Tamén deseñou decorados de teatro e ballet, os monogramas de varios membros das familias reais dinamarquesa e norueguesa. Foi a ilustradora de O señor dos Aneis e a traductora de Todos os homes son mortais de Simone de Beauvoir á lingua dinamarquesa.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Confirmation of Queen Margrethe II of Denmark, 1955". The Royal Watcher (en inglés). 2021-05-14. Consultado o 2024-01-02. 
  2. "HM The Queen". www.kongehuset.dk. Consultado o 2024-01-02. 
  3. "80 fakta om H.M. Dronningen". www.kongehuset.dk. Consultado o 2024-01-02. 
  4. "The wedding of a queen and a prince who longed to be a king". Royal Central (en inglés). 2023-06-10. Consultado o 2024-01-02. 
  5. "Château de Cayx". www.kongehuset.dk. Consultado o 2024-01-02. 
  6. "Château de Cayx -". www.chateau-de-cayx.com. Consultado o 2024-01-02. 
  7. Allagui, Slim (2024-01-01). "Le Prince danois qui voulait être Roi". La Libre.be (en francés). Consultado o 2024-01-02. 
  8. "Runaway prince returns home" (en inglés). 2002-02-13. Consultado o 2024-01-02. 
  9. "Denmark's Prince Henrik, who wanted to be king, dies at 83" (en inglés). 2018-02-14. Consultado o 2024-01-02. 
  10. "Monpezat til Frederik og Joachim". Berlingske.dk (en dinamarqués). 2008-04-30. Consultado o 2024-01-02. 
  11. 11,0 11,1 Hall Meares, Hadley (2022-11-16). "The Ashtray Queen: Denmark’s Queen Margrethe II Does It Her Way". Vanity Fair (en inglés). Consultado o 2024-01-02. 
  12. "Denmark's Prince Henrik, who wanted to be king, dies at 83" (en inglés). 2018-02-14. Consultado o 2024-01-02. 
  13. "Escándalo en la Casa Real danesa por las críticas del príncipe Enrique". Clarín (en castelán). 2017-08-10. Consultado o 2024-01-02. 
  14. "Queen’s husband feels 'discriminated' by Danes". 16-10-2015. Consultado o 2-1-2024. 
  15. CNN, Sheena McKenzie. "Prince Henrik of Denmark dies, refused to be buried next to his queen". CNN. Consultado o 2024-01-02. 
  16. 16,0 16,1 "Margarida II de Dinamarca anuncia a súa abdicación tras 52 anos no trono". G24. Consultado o 2024-01-02. 
  17. "Margarida II de Dinamarca abdica este domingo en favor do seu fillo Federico". G24. Consultado o 2024-01-14. 
  18. "Danish Royal House Announces New Titles amid Queen Margrethe's Shock Abdication". Peoplemag (en inglés). Consultado o 2024-01-14. 
  19. "The 50th anniversary of HM Queen Margrethe ll's accession to the throne". Denmark.dk (en inglés). Consultado o 2024-01-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.