Filipe de Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filipe de Bélxica
Nacemento15 de abril de 1960
Lugar de nacementoCastelo de Belvedere
NacionalidadeBélxica
RelixiónIgrexa católica
Alma máterRoyal Military Academy, Trinity College, Universidade Stanford, Trinity College, Oxford e Collège Saint-Michel
Ocupaciónpolítico, oficial, monarca, participante do fórum internacional e Noiraud
PaiAlberte II de Bélxica
NaiPaola Ruffo di Calabria
CónxuxeMathilde d'Udekem d'Acoz
FillosSabela de Bélxica, Gabriel de Bélxica, Manoel de Bélxica e Leonor de Bélxica
IrmánsAstrid de Bélxica, Lourenzo de Bélxica e Delphine Boël
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Grand Cross with Collar of the Order of the White Rose of Finland, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Grand Cross of the Order of Merit of Hungary, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Gran Cruz da Orde do Cóndor dos Andes, Knight of the Order of the Elephant, Grand Cross of the Order of Honour, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Grã-Cruz da Ordem Militar de Avis, Orde da Aguia Branca, Orde Suprema do Crisantemo con colar, Grand Cross of the Order of the Liberator General San Martin, Order of State of Republic of Turkey, Order of the Gold Lion of the House of Nassau, Order of al-Hussein bin Ali, Gran Cruz da Orde de Cristo, Grand Cordon of the Order of Leopold, Knight Grand Cross of the Order of Leopold II (Belgium), Grand Cross of the Order of the Crown, Real Orde do León, Ordem da Estrela Africana, Gran cruz da Lexión de Honor, King Willem-Alexander Inauguration Medal. e Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion
editar datos en Wikidata ]

Filipe Leopoldo Lois María de Saxonia-Coburgo-Gotha (en francés: Philippe Léopold Louis Marie de Saxe-Cobourg et Gotha, en neerlandés: Filip Leopold Lodewijk Maria van Saksen-Coburg en Gotha) é o actual rei dos belgas dende o 21 de xullo de 2013, data da abdicación do seu pai, o rei Alberte II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacemento[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de abril de 1960 en Bruxelas, sendo o primeiro fillo do aquel entón príncipe Alberte e a princesa Paola.[1]

Dende o primeiro momento foi o sobriño favorito do seu tío, Balduíno de Bélxica, e por iso quería que fose o seu sucesor xa que el e a raíña, Fabiola Mora y Aragón, non tiñan descendencia. Porén, trala morte do seu tío foi o seu pai, Alberte II de Bélxica, quen asumiu o trono, debido a que era Alberte o herdeiro natural do seu irmán Balduíno. Filipe foi nomeado duque de Brabante en 1993 ó ascender o seu pai, título que posúen os herdeiros ó trono belga.

Bautismo[editar | editar a fonte]

Foi bautizado na Catedral de San Miguel e Santa Gúdula de Bruxelas, sendo os seus padriños o rei Leopoldo III de Bélxica (o seu avó paterno) e Luísa Gazelli, condesa de Rossana e de San Sebastiano (a súa avoa materna).

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Filipe contraeu matrimonio con Matilde de Udekem. Froito do matrimonio naceron:

  • Princesa Sabela (25 de outubro de 2001), duquesa de Brabante dende o 21 de xullo de 2013.
  • Príncipe Gabriel (20 de agosto de 2003).
  • Príncipe Manuel (4 de outubro de 2005).
  • Princesa Leonor (16 de abril de 2008).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The King | The Belgian Monarchy". The Belgian Monarchy (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2017.