Vitoria de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitoria de Suecia
Princesa herdeira de Suecia
A princesa herdeira Vitoria de Suecia

Nome completoVictoria Ingrid Alice Désirée Bernadotte
Outros títulosDuquesa de Västergötland
Nacemento14 de xullo de 1977 (46 anos)
Solna, Suecia
Cónxuxe/sDaniel Westling Bernadotte
Descendencia
  • Casa realCasa de Bernadotte
    ProxenitoresCarlos XVI Gustavo
    Silvia de Suecia

    Escudo de Vitoria de Suecia
    Na rede
    IMDB: nm1488723 WikiTree: Bernadotte-25 Editar o valor em Wikidata

    Vitoria de Suecia (orixinariamente, en sueco: Victoria Ingrid Alice Désirée Bernadotte), nada na vila de Solna, ao norte de Estocolmo, o 14 de xullo de 1977, é a filla máis vella e herdeira aparente do rei Carlos XVI Gustavo e a súa esposa, a raíña Silvia Sommerlath. Casou en 2010 con Daniel Westling, con quen ten dous fillos: a princesa Estela e o príncipe Óscar.[1][2]

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Infancia, xuventude e formación[editar | editar a fonte]

    Escudo da Casa de Bernadotte

    Vitoria foi a primeira filla do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia e da súa esposa, a raíña Silvia, da Casa de Bernadotte. Naceu como Princesa da Suecia e foi designada como princesa herdeira en 1979, por diante de seu irmán máis novo, por mor dun cambio constitucional.[3]

    O seu nome é unha homenaxe aos seus devanceiros. O seu primeiro nome é unha homenaxe á nai do seu bisavó paterno, a princesa Vitoria de Baden, raíña consorte de Suecia, esposa do rei Gustavo V de Suecia. O mesmo nome tamén homenaxea a avoa paterna da súa bisavoa paterna, Vitoria do Reino Unido. Os seus outros nomes son en lembranza da súa tía-avoa Ingrid, raíña consorte de Dinamarca, á súa avoa materna, a brasileira Alice Sommerlath, e a súa antepasada Desideria Clary, a raíña consorte de Carlos XIV Xoán de Suecia.

    Foi bautizada na igrexa real da Catedral de San Nicolás, en Estocolmo, o 27 de setembro de 1977. Os seus padriños foron o rei Harald V de Noruega, seu tío paterno, Ralf Sommerlath, a raíña Beatriz dos Países Baixos e súa tía, princesa Desideria, baronesa de Silfverschiöld.

    A súa educación foi no sistema público de ensino durante os nove primeiros anos. En 1996 completou os seus estudos de secundaria na escola privada Enskilda gymnasuet, en Estocolmo.

    Vitoria entrou na Universidade de Uppsala para estudar un programa multidisciplinar que a levou a outras institucións. Estudou durante un ano en Francia, na Universaidade Católica do Oeste, en Angers, e dous anos nos Estados Unidos, na Universidade Yale.[4] A princesa completou a súa aprendizaxe acompañando o goberno suecopara se familiarizar coa política e a economía do país. Realizou ademais estudos de agricultura e desenvolvemento bosque e, entre setembro de 2006 e xuño de 2007, seguiu un curso de diplomacia no ministerio sueco de Asuntos Exteriores.

    Logo do seu período de formación, traballou como bolseira nas Organización das Nacións Unidas, en Nova York, e na embaixada da Suecia en Washington. Participou así mesmo na Axencia Sueca para a Cooperación e o Desenvolvemento Internacional, e no Consello do Comercio Sueco en Berlín e en París.

    A súa saúde na adolescencia[editar | editar a fonte]

    A princesa sufriu dislexia durante súa adolescencia e, posteriormente, anorexia seguida de bulimia.

    En 1997, a princesa admitiu publicamente padecer anorexia nerviosa e estar baixo tratamento médico. O anuncio foi feito por un voceiro do palacio, tras algún tempo de especulación na prensa sobre a excesiva fraqueza da princesa. Un ano despois, Vitoria anunciou que se sentía ben, "aínda que todos pasasen momentos difíciles".[5][6]

    Casamento e descendencia[editar | editar a fonte]

    Vitoria e Daniel Westling o día da súa voda

    En 2002 houbo especulacións da prensa acerca dunha posible relación entre Vitoria e Daniel Westling, o seu antigo adestrador persoal e dono dunha academia na que ela estaba matriculada. Non foi ata o 24 de febreiro de 2009 cando a casa real sueca anunciou o compromiso entre Vitoria e Daniel Westling.

    A relación fora autorizada polo Parlamento do país e o casamento real fixouse para o 19 de xuño de 2010, na Catedral de San Nicolao de Estocolmo. Tras a voda, Westling usaría o título de A Súa Alteza Real, Duque de Västergötland. O anuncio provocou manifestacións antimonárquicas e gran mobilización, especialmente en internet. Moitos suecos consideran inaceptable que os gastos co casamento, estimados en tres millóns de dólares, fosen custeados con recursos públicos.

    O casamento celebrouse no lugar e na data previstos, e foi descrito como "o maior casamento real de Europa desde que Carlos, Príncipe de Gales, casara con Diana Spencer en 1981 .

    O título e tratamento de Daniel Westling logo do casamento pasou a ser A Súa Alteza Real, o príncipe Daniel da Suecia, Duque de Västergötland. O ano de 2010 marcou os 200 anos de poder da Casa de Bernadotte en Suecia desde que Xoán Bautista Bernadotte se convertera en herdeiro do trono sueco.

    Moitos membros da nobreza internacional asistiron ao casamento, entre eles os príncipes Eduardo e Sofía de Wessex, representando a raíña Isabel II do Reino Unido e o príncipe Príncipe Filipe; a raíña de Dinamarca, Margarida II, e o seu esposo; o príncipe herdeiro do Xapón; o rei Abdullah e a raíña Rania de Xordania; o gran duque de Luxemburgo, Henrique I; a raíña Beatriz e o príncipe Alexandre dos Países Baixos; o rei Harald V de Noruega; a entón raíña consorte de España, Sofía, cos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz, entre outros.

    Tras o casamento, a popularidade da familia real creceu ata límites insospeitados. Unha enquisa amosou que o 70 % dos suecos aprobaban a monarquía e só ao 16 % lle gustaría abandonar o réxime monárquico.

    En agosto de 2011 anunciouse que a princesa Vitoria e o seu marido esperaban o primeiro fillo.[7] O 23 de febreiro de 2012, no Hospital Universitario Karolinska, en Estocolmo, nacía unha nena, á que se lle chamou Estela, Duquesa de Östergötland.[8]

    O 4 de setembro de 2015, a casa real anunciou que Vitoria e seu marido esperaban o segundo fillo. O 2 de marzo de 2016, tamén no Hospital Karolinska, naceu un meniño, chamado Óscar, Duque da Escânia.[9]

    Estatuto de princersa herdeira[editar | editar a fonte]

    Monograma de Vitoria de Suecia
    A princesa Vitoria no Foro Báltico de Desenvolvemento, en 2009

    A princesa Vitoria pasou formalmente a ser a primeira na liña de sucesión ao trono o 1 de xaneiro de 1980, tras a aprobación da Acta de Sucesión (Successionsordningen). Esta reforma constitucional fixo posible que o descendente máis vello do monarca fose o herdeiro do trono, independentemente do seu sexo.

    Antes deste axuste constitucional, o herdeiro do trono era seu irmán, o príncipe Carlos Filipe de Suecia, que pasou a ser o segundo na liña de sucesión, recibindo o título de Duque da Värmland.

    No entanto, non foi ata o 14 de xullo de 1995, día do seu 18 aniversario, cando a princesa Vitoria foi solemnemente investida como herdeira ao trono sueco, nunha cerimonia no Palacio Real de Etocolmo, e cun primeiro discurso seu no parlamento.

    Como princesa herdeira ao trono sueco, Vitoria traballa desde entón como membro da familia real sueca coa súa propia axenda oficial, dando un grande apoio ao seu pai. Vitoria participa regularmente no Consello de Relacións Internacionais, en recepcións oficiais promovidas polos seus pais para visitantes estranxeiros, en visitas oficiais de xefes de estado, na apertura do Parlamento, nas celebracións do día nacional sueco e nas festividades nacionais dos Premios Nobel.[10]

    Ademais, a princesa fai moitas viaxes oficiais como representante de Suecia. A súa primeira viaxe oficial ao exterior foi ao Xapón en 2001 e, no mesmo ano, tamén viaxou pola costa oeste dos Estados Unidos, onde participou nas celebracións do centenario dos Premios Nobel. A partir dese ano, representou o seu país no exterior en multitude de viaxes a países como Kosovo, España, Uganda, Etiopía, Exipto, Arabia Saudita, Hungría, Bangladesh, Sri Lanka, Turquía, Brasil ou a China, entre outros.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. "H.K.H. Kronprinsessan Victoria Arquivado 15 de maio de 2016 en Wayback Machine.". Na web oficial da Casa Real Sueca (en sueco e inglés)
    2. "Victoria, Crown Princess of Sweden Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". En Princeton.edu (en inglés)
    3. Xenealoxía de Vitoria de Suecia. Geneall.net (en inglés)
    4. "The most famous non-degree special student was Crown Princess Victoria of Sweden". En Yale Alumni Magazine. Marzo de 2002 (en inglés)
    5. "Victoria de Suecia: 'Odiaba mi aspecto'". En Hola. 5 de novembro de 2002 (en castelán)
    6. "Det var en jätte-jobbig tid för mig Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". En Aftonbladet (en sueco)
    7. "Victoria does last official duty before birth". En Radio Sweden (en inglés)
    8. "HRH Princess Estelle Arquivado 21 de xuño de 2015 en Wayback Machine.". Na web oficial da Casa Real de Suecia (en sueco e inglés)
    9. "HRH Prince Oscar Arquivado 30 de maio de 2016 en Wayback Machine.". Na web oficial da Casa Real de Suecia (en sueco e inglés)
    10. "Her Royal Highness The Crown Princess's Household Arquivado 10 de xullo de 2017 en Wayback Machine.". Na web oficial da Casa Real de Suecia (en sueco e inglés)

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    • Popova, S. Vårt bröllop: Kronprinsessan Victoria och Prins Daniel 19 juni 2. Natur & Kultur. 2020. [ISBN 978-9127121867] (en sueco)
    • Hurtig, C. H. K. H. Victoria : ett personligt porträtt. Norstedts. 2010 [ISBN 978-9113027807] (en sueco)
    • Lindwall. J. Victoria: Prinsessan privat. Bokförlaget Forum. 2010 [ISBN 978-9137135465] (en sueco)
    • Lindqvist, H. Victoria: Drottning med tiden. Bonnier Fakta. 2009 [ISBN 978-9174240726] (en sueco)
    • Öhrlund, D. Älkade prinsessa: En resa i bilder genom Victorias liv. Ica Bokförlag [ISBN 978-9153434245] (en sueco)

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]