Estación de montaña Manzaneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°16′25″N 7°17′32″O / 42.27361, -7.29222

Manzaneda
Estacion manzaneda.jpg
Situación Macizo Galaico
País Galicia
Concello Manzaneda
A Pobra de Trives
Información:
 - Cota mínima
 - Cota máxima
 - km alpino
 - km fondo
 - km esquiábeis
 
1.500 metros
1.776 metros
16,75
5
21,75
Pistas de esquí:
Verde.png  Verdes
Azul.png  Azuis
Red.svg  Vermellas
Negro.png  Negras
 -  De fondo
23+1
1
13
8
1
1 (sen axeitar)
Remontes:
 - Telesquís
 - Telecadeiras
 - Telecabinas
 - Cintas

4
2
0
0
Neve artificial:
 - Canóns
 - km innivados

29
0,6
Páxina web Estación de Manzaneda

A estación de montaña de Manzaneda, tamén coñecida como Cabeza de Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva situada no Macizo Galaico, entre os concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives.

Descrición[editar | editar a fonte]

Manzaneda en inverno.

É unha das estacións de esquí máis occidentais de Europa. Está orientada ao goce dun esquí familiar e tranquilo. Neste centro de lecer, arrodeado dunha paisaxe de montes arborados, destaca a diversidade de actividades que se poden realizar, tanto no inverno coma no verán.

Servizos[editar | editar a fonte]

Inverno[editar | editar a fonte]

Manzaneda, creada na segunda metade da década de 1960, é a primeira estación de esquí de Galicia. Dispón das seguintes instalacións e servizos:

  • 16 pistas homologadas de esquí alpino de diversas dificultades e de esquí de fondo
  • Snow Park (XabaPark) con diferentes módulos
  • 4 telesquís e dúas telecadeiras de catro e seis prazas, que permiten desprazar 7.600 esquiadores/hora
  • Piscina climatizada con sauna e hidromasaxe
  • Escola de esquí
  • Alugueiro de material de esquí e snowboard

Verán[editar | editar a fonte]

Manzaneda é un resort con instalacións aptas para a práctica de diferentes disciplinas deportivas estivais en altura. Dispón das seguintes instalacións e servizos:

  • Pavillón polideportivo de máis de 1.000 metros cadrados
  • Zona húmida con piscina cuberta de 25 metros e seis estaxes, sauna finlandesa e hidromasaxe
  • Rocódromo exterior con cinco vías e unha travesía
  • Picadeiro para a aprendizaxe e paseos a cabalo
  • Circuíto de karts
  • Campo de golf rústico de 6 buratos
  • Campo de fútbol con medidas regulamentarias e campo de fútbol 7, ambos de herba
  • Tiro con arco
  • Canchas de tenis
  • Pistas de footing e sendeirismo sinalizadas, que discorren polo medio do bosque na contorna da estación
  • Parque multiaventura
  • Alugueiro de quads e de BTTs

Instalacións hostaleiras[editar | editar a fonte]

Para gozar destas instalacións Manzaneda ofrece:

  • Máis de 400 prazas de aloxamento no seu apartahotel e o seu albergue turístico (Bungalows)
  • O restaurante á carta "Os Arandos" e o restaurante autoservizo "Manzaneda", que ofrecen gastronomía local con produtos da zona
  • Cafeterías, disco-pub, tendas, enfermaría e centro de primeiros auxilios

Bike Park[editar | editar a fonte]

Manzaneda conta cun dos mellores Bike Park de España. Consta de seis pistas balizadas que discorren polo bosque, con obstáculos naturais e artificiais: bumps, pasarelas de madeira, saltos, lousas e trialeiras deseñados para todos os niveis, asistidas pola telecadeira de seis prazas e con eventos especiais durante os veráns como "A Avalancha", un descenso de máis de 1.100 metros de desnivel en 16 km de percorrido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]