Chicane
| Chicane | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Unha chicane é unha serie de curvas apertadas e normalmente en forma de S, ou ben dúas curvas, unha ao principio e outra ao final dunha pequena recta, que se usa en circuítos de competición co propósito de frear o tráfico. Normalmente estas curvas colócanse ao final das rectas principais, o que fai que estes lugares sexan importantes puntos de adiantamento.
Criticouse a FIA por inserir chicanes en puntos críticos de certos circuítos, argumentando que se perde a esencia de certos circuítos míticos como son Le Mans, Spa ou Monza.
Algúns circuítos presentan chicanes "opcionais", que se usan nas categorías superiores pero poden evitarse en categorías máis lentas debido a que os automóbiles non son capaces de conseguir as elevadas velocidades que farían necesario o seu uso.
O termo úsase tamén noutro tipo de carreiras, por exemplo o bobsleigh, á hora de indicar características similares no trazado.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Chicane do autódromo de Imola.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chicane |