Saltar ao contido

Lingua kurripako

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kurripako
Outros nomes:Wakue
Falado en: Colombia, Venezuela e o Brasil
Total de falantes: 12.200-13.800 (2001–2007)[1]
Familia: Americana
 Arauaco
  Setentrional
   Arauaco do alto Amazonas
    Nawiki oriental
     Kurripako
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kpc
Mapa
Status

O kurripako está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua kurripako é unha lingua indíxena da familia arauaca falada en Colombia, Venezuela e o Brasil. É falada de maneira habitual polo 42% do pobo kurripako e é comprendida polo 86,4% das persoas desta etnia indíxena.[3]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Os falantes de kurripako habitan nas bacías dos ríos Isana e Guainía, así como no baixo Inírida, o Atabapo e o alto Orinoco no departamento colombiano de Guainía; entre o río Guaviare e o Orinco, en Vichada, Colombia; no estado venezolano de Amazonas e no Ayarí e São Gabriel da Cachoeira do Brasil.

  1. "A lingua kurripako en Ethnologue". Consultado o 18 de abril de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Ministerio de Cultura (2011) "Kurripako". Autodiagnósticos Sociolingüísticos. Bogotá.