Jude Bellingham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jude Bellingham
Información persoal
Nome Jude Victor William Bellingham
Nacemento 29 de xuño de 2003 (20 anos)
Lugar de nacemento Stourbridge
Altura 1,86 m.[1]
Peso 75 kg
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Real Madrid
Carreira xuvenil
Stourbridge
2010–2019 Birmingham City
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2020 Birmingham City 41 (4)
2020–2023 Borussia Dortmund 92 (12)
2023 Real Madrid 0 (0)
Selección nacional
2016–2018 Inglaterra sub-15 8 (1)
2018–2019 Inglaterra sub-15 11 (4)
2019 Inglaterra sub-15 3 (2)
2020 Inglaterra sub-15 4 (1)
2020– Inglaterra 24 (1)
Na rede
IMDB: nm12247181 Facebook: JudeBellingham6 Twitter: BellinghamJude Instagram: judebellingham FIFA: 400136607 UEFA: 250128377 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de xuño de 2023.
Selección: actualizado a 14 de xuño de 2023.editar datos en Wikidata ]

Jude Victor William Bellingham, nado en Stourbridge, Inglaterra, Reino Unido, o 29 de xuño de 2003, máis coñecido como Jude Bellingham, é un futbolista británico que xoga de centrocampista no Real Madrid, da Primeira División de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Birmingham City F.C.[editar | editar a fonte]

Con 8 anos uniuse ás categorías inferiores do Birmingham City F. C. e cumpridos os 16, realizou a pretemporada co primeiro equipo.[2][3] O 6 de agosto de 2019, tras debutar no partido que perderon 3-0 ante o Portsmouth F. C. na primeira rolda da Copa da liga, converteuse no xogador máis novo en disputar un partido oficial na historia do club con 16 anos e 38 días, superando en 101 días a marca que tiña Trevor Francis desde 1970. 25 días despois, tras anotar o gol da vitoria ante o Stoke City F. C., tamén se converteu no goleador máis precoz na historia da entidade.[2][4]

Borussia Dortmund[editar | editar a fonte]

No período de traspasos de xaneiro de 2020, foi relacionado con varios equipos que xogaban na Premier League.[5] Finalmente, o 20 de xullo fíxose oficial o seu traspaso ao Borussia Dortmund, incorporándose ao equipo alemán tras o último partido da tempada.[6] En Alemaña seguiría levando o dorsal 22, número que o conxunto de Birmingham decidiu retirar tras a súa marcha.[6][7]

O 14 de setembro, no seu debut co Borussia Dortmund, anotou un dos goles do triunfo ante o M. S. V. Duisburgo na primeira rolda da Copa de Alemaña, converténdose deste xeito no goleador máis novo na historia do club alemán.[8] O 20 de outubro debutou na liga de Campións da UEFA e converteuse no inglés máis novo, con 17 anos e 113 días, en saír de titular nun encontro nesta competición superando a marca que ostentaba Phil Foden.[9]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Foi internacional con Inglaterra nas categorías sub-16 e sub-17.[10][11]

O 4 de setembro de 2020 converteuse no xogador máis novo en xogar coa selección sub-21. Fíxoo no partido de clasificación para o Europeo da categoría ante Kosovo e, ademais, anotou o definitivo 0-6.[12]

Selección absoluta[editar | editar a fonte]

Dous meses despois de estrearse coa sub-21 foi convocado por primeira vez coa absoluta tras as baixas dalgúns xogadores por lesión.[13] Debutou o 12 de novembro nun amigable ante Irlanda que gañaron por 3-0, converténdose, con 17 anos e 137 días, no terceiro xogador máis novo en xogar co equipo principal de Inglaterra.[14]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Birmingham City F. C. Inglaterra Inglaterra 2019-2020
Borussia Dortmund Alemaña Alemaña 2020-actualidade

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Actualizado a 6 de febreiro de 2021


Aparicións e goles por club, tempada e competición
Club Tempada Liga Copas Nacionais Copas da Liga Europa Outras Total
División Aparicións Goles Aparicións Goles Aparicións Goles Aparicións Goles Aparicións Goles Aparicións Goles
Birmingham City 2019–20 Championship 41 4 2 0 1 0 44 4
Borussia Dortmund 2020–21[15] Bundesliga 16 0 3 1 6 0 1 0 26 1
Total 57 4 5 1 1 0 6 0 1 0 70 5

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Actualizado a 6 de febreiro de 2021 [16]


Aparicións e goles por selección nacional e ano
Selección Ano Aparicións Goles
Inglaterra 2020 1 0
Total 1 0

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Selección de Inglaterra sub-17

Individuais

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil de Bellingham". Borussia Dortmund (en alemán). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Bellingham creates Blues history" (en inglés). Birmingham City F. C. 6 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  3. "Revealed: Birmingham City confirm 26-man squad for Portugal tour" (en inglés). Birmingham Mail. 7 de xullo de 2019. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  4. "Birmingham City 2-1 Stoke City" (en inglés). BBC Sport. 31 de agosto de 2019. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  5. "Chelsea submit bid for Man Utd target as player’s father has doubts over Old Trafford move" (en inglés). 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Jude Bellingham to join Borussia Dortmund" (en inglés). Birmingham City F. C. 20 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  7. "Bellingham expresses his gratitude" (en inglés). Birmingham City F. C. 23 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  8. "The youngest goalscorer and the fastest goal by a substitute" (en inglés). Borussia Dortmund. 14 de setembro de 2020. Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  9. "Lazio 3-1 Borussia Dortmund" (en inglés). BBC Sport. 20 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  10. "Academy - Highlights of the Month" (PDF) (en inglés). Birmingham City Academy. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  11. "New England MU17s boss Kevin Betsy will take his squad to Poland for the Syrenka Cup" (en inglés). The FA. 30 de agosto de 2019. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  12. "Kosovo U21 0-6 England U21" (en inglés). BBC Sport. 4 de setembro de 2020. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  13. "Jude Bellingham added to senior England squad as duo withdraw from November fixtures" (en inglés). The FA. 10 de novembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  14. "England 3-0 Republic of Ireland" (en inglés). BBC Sport. 12 de novembro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  15. Perform Group. "J. Bellingham: Summary". Soccerway. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  16. worldfootball.net. "Jude Bellingham: Internationals". HEIM:SPIEL. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  17. "Young Lions lift the Syrenka Cup with a penalty shootout win over hosts Poland". The Football Association. 10 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  18. 18,0 18,1 "Lubala and Harding at Blues Academy Awards". Birmingham City F.C. 17 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  19. WESZŁO! (10 de setembro de 2019). "Puchar Syrenki U-17: Przegrywamy po karnych z Anglią" (en polaco). Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  20. Townsend, Joe (BBC Sport) (23 de decembro de 2019). "Jude Bellingham: Birmingham City teenager wins EFL Young Player of the Month award for November". Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  21. "It's a double for Juke". Birmingham City F.C. 29 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  22. 22,0 22,1 "Sky Bet EFL Players of the Season revealed". EFL. 27 de agosto de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  23. "Bundesliga Rookie Award". Bundesliga. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]