Javier Maté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Maté
Información persoal
Nome completo Javier Maté Berzal
Nacemento 17 de outubro de 1957 (61 anos)
  Aldealengua de Santa María
Nacionalidade España
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Gimástica Arandina
1975–1976 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1979 Castilla 13 (0)
1978–1979 Real Madrid 1 (0)
1979–1981 Burgos 50 (0)
1981–1993 Celta de Vigo 328 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Javier Maté Berzal, nado en Aldealengua de Santa María (Segovia) o 17 de outubro de 1957, é un ex futbolista español. Xogaba de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no SD Gimnástica Arandina, na categoría rexional. No ano 1975 ingresa nas categorías inferiores do Real Madrid, primeiro no xuvenil e despois no Castilla, tendo a oportunidade de debutar no primeiro equipo da man de Luis Molowny, primeiro ante o Racing de Santander en Liga e na final da Copa do Rei ante o Valencia CF de Mario Kempes, onde disputou os minutos finais ante a lesión de Mariano García Remón.

Na tempada seguinte a gran competencia no equipo madridista que xa tiña García Remón e Miguel Ángel no primeiro equipo fixo que saíse cedido a outro equipo de Primeira División, o Burgos CF, onde xogaría dous anos cun papel moi discreto, sendo o suplente de Martín Gorospe.

No verán de 1980 ficha polo Real Club Celta de Vigo, onde militaría doce tempadas, ata a súa retirada do fútbol profesional. Javier Maté foi o porteiro titular do Celta na década do 80, salvo nos primeiros momentos, cando tivo que disputarlle o posto a Joan Capó, e durante breves períodos por lesión. Durante a súa estancia en Vigo alternou momentos felices con fracasos, chegando a vivir ata catro ascensos a primeira división. Entre as mellores campañas da súa carreira atópase a tempada 1987-88 na que o Celta finalizou sétimo e Maté foi un dos porteiros máis destacados do campionato.

Ao cabo dos anos, a progresión de porteiros máis novos, como Patxi Villanueva ou Santiago Cañizares, relegárono á suplencia nos dous últimos anos en activo. Retirouse ao rematar a tempada 1992-93 con 36 anos, sendo o futbolista máis veterano de Primeira División do momento, xunto con José Ramón Alexanko.

Tras colgar as luvas seguiu vinculado ao fútbol, nun principio foi secretario técnico do Celta durante varios anos.

Na tempada 1998-99 foi o segundo de Marcos Alonso no Sevilla FC, ano que logou ascender a Primeira División. Despois regresou ao Celta para adestrar nas categorías inferiores do club, dirixindo ao filial na tempada 2003-04 e logrando clasificalo para a promoción de ascenso a Segunda División B

No ano 2007 sentaríase no banco do Coruxo FC, na Terceira División, na primeira tempada logra disputar a fase de ascenso a Segunda División B, sendo eliminado. Ao ano seguinte non consegue repetir o logro aínda que conquista a Copa Deputación. Na tempada 2009-10 foi relevado por Josiño Abalde.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Real Madrid
Celta de Vigo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]