Xherdan Shaqiri
Xherdan Shaqiri | |||
---|---|---|---|
![]() Shaqiri coa selección suíza no Mundial de Fútbol de 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | Xherdan Shaqiri[1] | ||
Nacemento | 10 de outubro de 1991 (29 anos) | ||
Lugar de nacemento | Gjilan | ||
Altura | 1,69 m[2] | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Liverpool | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2001 | SV Augst | ||
2001–2009 | FC Basel | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2009 | FC Basel II | 19 | (8) |
2009–2012 | FC Basel | 92 | (18) |
2012–2015 | Bayern München | 52 | (11) |
2015 | Inter de Milán | 15 | (1) |
2018– | Liverpool | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2007–2008 | Suíza sub-17 | 10 | (0) |
2008–2009 | Suíza sub-18 | 5 | (0) |
2009 | Suíza sub-19 | 5 | (3) |
2009–2011 | Suíza sub-21 | 7 | (1) |
2010– | Suíza | 74 | (21) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16:22, 13 de maio de 2018 (UTC) Selección: actualizado a 3 de xullo de 2018.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Xherdan Shaqiri, nado en Gjilan o 10 de outubro de 1991, é un futbolista suízo que xoga como centrocampista do equipo inglés do Liverpool FC da Premier League inglesa e mais da selección suíza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Kosovo, na época parte de Iugoslavia de pais albanokosovares[3] e emigrou a Suíza cos seus pais e tres irmáns en 1992[4].
En 2001 principiou a xogar cos equivos xuvenís do FC Basel chegando ao primeiro equipo na tempada 2009/10 con só 18 anos, ao primeiro como suplente mais logo da marcha de Eren Derdiyok ao Bayer Leverkusen logrou un posto no once titular, conseguindo tres títulos da liga suíza para logo xogar co Bayern München. En xaneiro de 2015 foi para o Inter de Milán por 15 millóns de euros, e tras sete meses ao Stoke City por 12 millóns de libras.
É internacional absoluto do seu país dende 2010. Participou co seu país nos campionatos do mundo de 2010, 2014 e 2018, e mais tamén na Eurocopa de Fútbol Francia 2016[5].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "FIFA Club World Cup Morocco 2013: List of Players" (PDF). FIFA. 7 de decembro de 2013. p. 5.
- ↑ "Xherdan Shaqiri: Overview". Premier League. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de xullo de 2018.
- ↑ "Xherdan Shaqiri biography". FootballTop.com. Consultado o 1 de xullo de 2014.
- ↑ Rico, Simon (22 de decembro de 2012). "Football : Xherdan Shaqiri, le meilleur ambassadeur suisse du Kosovo". Le Courrier des Balkans. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ "Balkan imports hitting big time as Switzerland establish themselves as World Cup regulars". The National. 15 de xuño de 2014.