Agrihan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agrihan
AgrihanNASA.jpg
Vista aérea
Northern Mariana Islands-CIA WFB Map.png
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
ArquipélagoIllas Marianas do Norte
MarOcéano Pacífico
Coordenadas18°46′N 145°40′L / 18.767, -145.667Coordenadas: 18°46′N 145°40′L / 18.767, -145.667
Xeografía
Superficie43´51 km²
Longura máxima9
Largura máxima6
Punto máis alto965 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada (2010)

Agrihan (tamén chamada Agrigán) é un estratovolcán que forma unha illa nas illas Marianas do Norte no océano Pacífico. Toda a illa é un gran volcán que se eleva uns 4.000 m. desde a base do océano, e é o segundo máis grande das Marianas. A 965 m. sobre o nivel do mar, o seu cume é o punto máis elevado das illas Marianas. O volcán está coroado por unha gran caldeira de 1 x 2 km e ao redor de 500 m. de profundidade.

A illa foi evacuada en 1990 debido á ameaza de actividade volcánica, aínda que finalmente non se produciu ningunha erupción. Restableceuse un asentamento nun dos catro pobos orixinais, e en setembro de 2005 contaba con nove habitantes. Pero no 2010, no Censo dos Estados Unidos, non contaba con ningunha poboación. Politicamente é parte das illas Marianas do Norte. Agrihan está situada a 62 km. ao norte de Pagan.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Agrihan é moi boscoso.

Agrihan é unha illa densamente boscosa, de forma aproximadamente elíptica, cun longo de 9 km. e un largo de 6 km. e unha superficie de 43´51 km². Toda a illa é un gran estratovolcán, chamado Monte Agrihan, que se eleva sobre 4000 m. do fondo do océano e é o quinto máis grande do arco volcánico das Marianas. Con 976´5792 m.,[1] o seu cume é o punto máis alto de Micronesia.

O volcán está rematado por unha gran caldeira, de 1 x 2 km de tamaño e aproximadamente 500 m. de profundidade. [1] O chan da caldeira ten varias coladas de lava e dous conos volcánicos, que probablemente se crearon durante a erupción de abril de 1917. A única terra relativamente chaira da illa está ao longo da costa sueste e no lado norte da caldeira central.

A vexetación inclúe pastos de herba espada (Miscanthus floridulus) nas ladeiras superiores, bosques de palmeiras de coco (Cocos nucifera), con algo de pan (Artocarpus altilis) e papaia Carica papaya nas ladeiras inferiores e dentro dos profundos barrancos que descenden radialmente do cume.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro europeo en descubrir a illa foi Gonzalo Gómez de Espinosa o 11 de xuño de 1522. Chamouna "Cyco" ou "A Grega" (La Griega en español). Espinosa atopábase na Trinidad como parte da expedición de Fernando de Magalláns e visitou a illa mentres intentaba cruzar o océano Pacífico cara a México. Os habitantes Chamorros eran hostís e non puideron ancorar, pero secuestraron a un insular para obter información.[2][3][4] O misioneiro español Diego Luis de San Vitores visitou Agrihan en 1669 chamándoa "San Francisco Javier".[5] En 1695, os nativos foron trasladados á forza a Saipan e tres anos despois a Guam.

En 1810, colonos do Reino de Hawai intentaron establecer un asentamento en Agrihan. Na década de 1870 establecéronse as primeiras plantacións de coco. Adolph Capelle, un comerciante de Brunswick en Alemaña, alugou a illa e exportou copra, empregando ao redor de 20 traballadores estacionais das Illas Carolinas. Despois da venda das Marianas do Norte por España ao Imperio alemán en 1899, Agrihan administrouse como parte da Nova Guinea alemá. Durante este tempo, unha empresa privada, a Pagan Society, propiedade dun alemán e un socio xaponés, desenvolveron máis plantacións de coco. Non obstante, os grandes tifóns de setembro de 1905 e setembro de 1907 destruíron as plantacións e arruinaron a compañía.[6]

Durante a Primeira Guerra Mundial, Agrihan quedou baixo o control do Imperio do Xapón e posteriormente administrouse como o Mandato do Pacífico Sur. Despois da Segunda Guerra Mundial, a illa quedou baixo o control dos Estados Unidos e administrouse como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. En 1967, a poboación era de 94 persoas. Desde 1978, a illa forma parte do municipio das illas do norte da Mancomunidade das illas Marianas do Norte.

Debido ao aumento da actividade volcánica, os habitantes da illa foron evacuados en agosto de 1990 cando se temía unha erupción. Non obstante, para 1992, aínda que había 25 fumarolas, unha fonte termal fervente e variao respiradoiros de vapor, non se produciu ningunha erupción.[7] No 2000, seis persoas volveron vivir nun dos catro asentamentos orixinais da illa. Non obstante, segundo o censo de 2010, Agrihan estaba deshabitado. A pesar dos datos do censo de 2010, segundo o Departamento de Terras da Mancomunidade das Illas Marianas do Norte, o asentamento restableceuse nunha das catro aldeas orixinais e en setembro de 2005 quedaban nove habitantes na illa.[8]

Unha expedición organizada por John D. Mitchler e Reid Larson realizou a primeira ascensión completa coñecida ao cume deste pico o 1 de xuño de 2018.[9]

As nubes cubren a cima plana de Agrihan, o máis alto dos volcáns do arco das Marianas, nesta vista desde o sur.

Demografía[editar | editar a fonte]

En 1980, a poboación de Agrihan era de 54 habitantes. [10]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Agrigan". Programa Global de Vulcanismo. Instituto Smithsoniano. Consultado o 2007-04-09. 
  2. Robert F. Rogers: Destiny's landfall. A history of Guam. University of Hawai'i Press, Honolulu 1995, ISBN 0824816781, S. 10.
  3. Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Oxford, 1960, p.11.
  4. Brand, Donald D. The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations The American Geographical Society, New York, 1967, p.119.
  5. Coello, Francisco "Conflicto hispano-alemán" Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid, t.XIX. 2º semestre 1885, Madrid, p.299,300
  6. Gerd Hardach: König Kopra. Die Marianen unter deutscher Herrschaft 1899–1914. Steiner, Stuttgart 1990, ISBN 3515057625, S. 23f, 32, 46.
  7. Monatsberichte from Global Volcanism Program.
  8. "Agrihan Is.". Commonwealth of the Northern Mariana Islands. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  9. Frick-Wright, Peter (15 de xaneiro de 2019). "The Obsessive Quest of High Pointers". Outside. Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 
  10. Xestión de recursos costeiros das Illas Marianas do Norte: declaración de impacto ambiental . Administración Nacional Oceánica e Atmosférica, 1980. p. 37.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]