Illa Baker
| (en) Baker Island | |||||
| Tipo | Área insular dos Estados Unidos Arrecife de coral | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Michael Baker | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Illas Fénix | ||||
| Localizado na área protexida | Refuxio Nacional de Vida Silvestre da Illa Baker | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Illas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América | ||||
| Localización | océano Pacífico | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 5 m | ||||
| Dimensións | 1 ( | ||||
| Punto máis baixo | océano Pacífico | ||||
| Punto máis alto | valor descoñecido | ||||
| Superficie | 2,1 km² | ||||
| Historia | |||||
| Data de creación ou fundación | 1935 | ||||
| Cronoloxía | |||||
| 1818 | primeiro avistamento | ||||
| agosto de 1825 | avistamento | ||||
| 1834 | visita, ⇒ Michael Baker | ||||
| 1859-1878 | minaría de guano | ||||
| 3 de abril de 1935-1942 | Programa de Colonización das Illas Americanas Ecuatoriais | ||||
| 1886-1891 | minaría de guano | ||||
| Sitio web | fws.gov… | ||||
A illa Baker é unha illa coralina estadounidense no océano Pacífico, no grupo de Illas Fénix. É responsabilidade dos Estados Unidos e, aínda que despoboada, os Gardacostas dos Estados Unidos (United States Coast Guard) visitan a illa anualmente.
Historia
[editar | editar a fonte]Os Estados Unidos tomaron posesión da illa no ano 1857, reclamado sobre a Acta de Illas Guaneras de 1856. Os depósitos de guano foron minados por compañías dos Estados Unidos e Gran Bretaña na segunda metade do século XIX. Unha curta tentativa de colonizar a illa (e tamén Illa Howland) comezou no ano 1935, pero foi interrompido pola segunda guerra mundial e abandonouse.
Actualmente, a illa é unha Reserva Nacional de Vida Silvestre (National Wildlife Refuge) xestionado polo Departamento do Interior dos Estados Unidos (U.S. Department of the Interior). .
Véxase Historia das Illas Pacíficas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O atol, a medio camiño entre Hawai e Australia, ten unha superficie de 1.4 km² e unha altura máxima de 8 metros sobre o nivel do mar. O seu clima é ecuatorial, con escasas precipitacións, vento constante e sol ardente. A illa está rodeada por un arrecife de coral estreito, o cal é un perigo para os barcos que navegan preto da costa. A súa vexetación é escasa e dispersa, formada por herba, vide de prostrado, e arbustos baixos. A illa carece de árbores e dunha fonte natural de auga potable.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación civil dos Estados Unidos evacuou a illa no ano 1942 logo de sufrir ataques aéreos e navais dos xaponeses na segunda guerra mundial, posto que o atol estaba ocupado polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, os cales abandonaron a illa logo da guerra.
O acceso ao público só é posible cun permiso especial do Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos, o cal xeralmente só concedese a científicos e educadores. Á metade da costa oeste do atol están situados un cemiterio e os restos de edificacións do extinto asentamento. É visitado anualmente polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos (desde xullo de 2000).
Actualmente, o atol atópase despoboado.
Goberno
[editar | editar a fonte]É territorio dos Estados Unidos non incorporado; administrado en Washington, D.C., polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos dos Estados Unidos do Departamento do Interior como de parte do sistema da Reserva Nacional de Vida Silvestre.
Transportes
[editar | editar a fonte]- Portos e accesos: ningún; só se pode ancorar no litoral, aínda que hai un desembarcadoiro polo medio da costa occidental.
- Aeroportos: hai unha pista de aterraxe abandonada da segunda guerra mundial cunha lonxitude de 1.665 m, que se atopa completamente cuberta de vexetación e é, polo tanto, inservible.
Hai un faro cerca do medio da costa occidental.

