Illas Ashmore e Cartier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Ashmore e Cartier
Vista da illa
Arrecife de Ashmore
Datos
Capital
País Australia
Localización Océano Índico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2010) Deshabitado
Superficie 199´45 km²
Densidade
Coordenadas 12°14′S 123°5′E / 12.233°S 123.083°E / -12.233; 123.083
Maior Altura
Localización
Localización  da illa

As illas Ashmore e Cartier[1] son un territorio dependente[2] de Australia (Territory of Ashmore and Cartier Islands), formado por dous grupos de pequenas illas tropicais deshabitadas, localizadas no Océano Índico, a 320 km ao noroeste de Australia e a 170 km ao sur da illa indonesia de Roti[3]. O grupo fórmano o arrefice de Ashmore (formado polos illotes de West, Middle e East) e a illa de Cartier, que forman parte do Territorio do Norte australiano.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O territorio inclúe 155´4 km² do Arrecife Ashmore (incluíndo os illotes West ou occidental, Middle ou central e East ou oriental, e dúas lagoas dentro do arrecife) e 44 km² do Arrecife Cartier (incluíndo a Illa Cartier) [Cómpre referencia] Teñen un total de 74´1 km de costa, medida ao longo do bordo exterior do arrecife. Non hai ancoradoiros ou portos, soamente ancoraxe en alta mar.

Os illotes de West, Middle e East teñen respectivamente unha superficie de 54 ha, 93 ha e 112 ha (1 hectárea son 0´01 km²).[4][5][6] Cartier Island é unha illa de area sen vexetación, cunha superficie de 0,4 ha.[5]

Ashmore Reef é chamado Pulau Pasir polos indonesios. Na lingua da illa Roti, chámase Nusa Solokaek. Ambos nomes teñen o significado de "Illa de area".[7]

Preto está o arrecife Hibernia, 42 km ao nordeste do arrecife Ashmore, pero non forma parte do territorio, senón que pertence a Australia Occidental[8] Non ten unha zona permanentemente de terra firme, aínda que gran parte dos arrecifes poden verse durante a marea baixa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Central Intelligence Agency (2010). The World Factbook. Potomac Books, Inc. p. 39. ISBN 978-1-59797-541-4. 
  2. «10: External territories». Legal Risk in International Transactions (ALRC Report 80). Australian Law Reform Commission (ALRC), Australian Government. 2006. ISBN 0642254877. Consultado o 2014-04-14. 
  3. «Ashmore and Cartier Islands». Territories of Australia. Department of the Infrastructure and Regional Development, Australian Government. 2014-01-29. Consultado o 2014-04-14. 
  4. Carter, Mike; Clarke, Rohan; Pierce, Frank; Dooley, Sean; Swann, George; Grant, Murray (2010). «Lesser Coucal 'Centropus bengalensis' on Ashmore Reef: First Record for Australia». Australian Field Ornithology 27 (3). ISSN 1448-0107. «Within the reef are three small islands: West, Middle and east Islands (total land area 54 ha). The largest and most heavily vegetated is West Island...» 
  5. 5,0 5,1 Taylor & Francis Group (2004). The Europa World Year Book 2004 (45th ed.). Europa Publications, Taylor & Francis Group. p. 611. ISBN 978-1-85743-254-1. 
  6. «Ashmore Reef National Nature Reserve and Cartier Island Marine Reserve». Marine Protected Areas. Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities, Australian Government. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-09. 
  7. «A STUDY OF SOCIO-ECONOMIC ISSUES FACING TRADITIONAL INDONESIAN FISHERS WHO ACCESS THE MOU BOX» (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2006-08-27. 
  8. States of Australia Retrieved 2011-06-23

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]