Illa Jarvis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jarvis
Vista da illa
Jarvis Island-CIA WFB Map.png
Datos
Capital
País Estados Unidos de América
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Liña
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 4´5 km²
Densidade
Coordenadas 0°22′S 160°01′W / 0.367°S 160.017°W / -0.367; -160.017,
Maior Altura 7 m.
Localización
Localización illa Jarvis

Jarvis é unha illa deshabitada de 4,5 km² localizada a 0°22' a Sur e 160°03' a Oeste, no sur do Océano Pacífico, aproximadamente na metade do camiño entre o Hawai e as Illas Cook. É un territorio dependente dos Estados Unidos, administrado de Washington pola United States Fish and Wildlife Service, que é parte da United States Department of the Interior, controlada polo sistema da National Wildlife Refuge.

A illa foi descuberta en 21 de agosto de 1821 polo navío británico Eliza Francis, e foi nomeada polo seu comandante, Capitán Brown. Ela foi anexada polos Estados Unidos en 1858, mais abandonada en 1879 despois que toneladas de guano foran xa quitadas. A Gran Bretaña anexou a illa en 1889, mais nunca realizou planos de exploración. Os depósitos de guano foron minerados ata o final do século XIX. Os EUA ocuparon e exixiron a illa en 1935.

O poboado de Millersville, na parte oeste da illa, foi utilizado como unha estación meteorolóxica de 1935 ata o inicio da Segunda Guerra Mundial, cando foi entón abandonado; só foi reocupado en 1957 por científicos, durante o Ano Internacional da Xeofísica, porén novamente abandonado en 1958.

A visita pública á Illa Jarvis require unha licenza especial da U.S. Fish and Wildlife Service, e é xeralmente restrinxido a científicos e educadores. A illa é visitada anualmente pola U.S. Fish and Wildlife Service e pola Garda Costeira Americana.

Non hai portos nin peiraos na illa, mais hai puntos de ancoradoiro próximos á costa. Só hai área de desembarque de barcos no medio da costa oeste e outro preto da parte suroeste da illa. Un faro diúrno érguese no medio da costa oeste.

O clima é tropical, con escasas choivas, ventos constantes e sol forte. Variando do nivel do mar a 7 metros de altura, o terreo é areoso, e a illa de corais é circundada por unha estreita orla de arrecifes. O os seus pequenos gramados, as súas viñas, e os seus arbustos son, principalmente, un hábitat para aniñaren e alimentárense paxaros mariños, costeiros, e a vida mariña. Non hai auga mineral na illa.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Costa da illa jarvis