Arrecife Kingman
| (en) Kingman Reef | |||||
| Tipo | espazo natural protexido Área insular dos Estados Unidos arrecife de coral | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | W. E. Kingman (en) | ||||
| Descubridor ou inventor | Edmund Fanning (en) | ||||
| Parte de | Illas da Liña | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Polinesia | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Illas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América | ||||
| Localización | océano Pacífico | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 1 m | ||||
| Punto máis baixo | océano Pacífico | ||||
| Punto máis alto | valor descoñecido | ||||
| Superficie | terra: 0,012 km² | ||||
| Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita | |||||
| World Database on Protected Areas | |||||
| Identificador | |||||
| Historia | |||||
| Data de creación ou fundación | 1860 | ||||
| Cronoloxía | |||||
| 14 de xuño de 1798 | primeiro avistamento, ⇒ Edmund Fanning (en) | ||||
| 29 de novembro de 1853 | descrición | ||||
| 10 de maio de 1922 | Anexión | ||||
| Data de descuberta ou invención | 1798 | ||||
| Actividade | |||||
| Operador | United States Fish and Wildlife Service (pt) | ||||
O Kingman Reef, en galego: Arrecife Kingman, é un pequeno arrecife de coral tropical de 1 km² de superficie, situado ao norte do océano Pacífico, aproximadamente a medio camiño entre Hawai e Samoa Americana, ó redor de 920 millas náuticas ao sur de Honolulu. (6°24' N, 162°24' O). Forma parte do conxunto das Illas da Liña.
En 1789 foi descuberto polo capitán do navio Betsey, Edmund Fanning, que estivo a piques de encallar. A posición foi fixada en 1853, polo norteamericano W.E. Kingman do Shooting Star, que deixou o seu nome, aínda que tamén foi coñecida como Danger Rock.
É a fronteira norte da liña de illas do Pacífico e un territorio non incorporado dos Estados Unidos administrado en Washington, D.C. pola Armada dos Estados Unidos, anexado en 1922. O arrecife está pechado ao público, xa que as autoridades norteamericanas non permiten a visita deste territorio.
Ás veces, a súa franxa costeira pode chegar a tres quilómetros de circunferencia, con todo o punto máis alto do arrecife é dun metro sobre o nivel do mar, polo que o arrecife se atopa case permanentemente mollado ou alagado o que supón un gran risco para o tráfico marítimo. Non ten recursos naturais, está deshabitado e non xera ningún tipo de actividade económica. O arrecife contén unha profunda lagoa interior que foi usada en 1937 e 1938 como unha estación intermedia entre Hawai e a Samoa Americana polos hidroavións da aeroliña Pan Am. A finais dos anos 30, Pan American planeou ancorar un hotel flotante en Kingman e usar o arrecife como unha parada para os seus hidroavións no seu camiño cara a Nova Zelandia pero a idea foi abandonada.
