Columnata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A impoñente columnata de Bernini na praza de San Pedro, en Roma.
As grosas columnas xónicas da columnata de Bernini.

Na arquitectura clásica, unha columnata[1] é unha longa secuencia de columnas vinculadas por un arquitrabe común. Ás veces constitúe un elemento autónomo, como a famosa columnata que Gian Lorenzo Bernini deseñou fronte á basílica de San Pedro do Vaticano, conformando unha gran praza de planta elíptica, ou a da catedral de Kazán, en San Petersburgo.

A forma particular da de San Pedro responde á necesidade de crear un espazo visualmente pechado pero materialmente aberto que se poida encher e baleitar de xente eficazmente. Cando unha persoa camiña pola praza de San Pedro o propio espesor das columnas superpostas entre si dálle a entender que é un espazo pechado. Porén, ao situarse nunha das dúas fontes, a percepción cambia por completo xa que estas coinciden cos focos da elipse e desde ese punto pode verse o exterior da praza a través das columnas, que xa non se superpoñen entre si.

Casos particulares[editar | editar a fonte]

  • Cando unha columnata se encontra diante dun edificio protexendo a súa porta principal, chamase pórtico;
  • Cando a columnata pecha un espazo aberto, como en San Pedro, denomínase perístilo. Os perístilos son típicos das arquitecturas do antigo Exipto, da antiga Grecia e da antiga Roma.

Xa no templos do antigo Exipto había filas de columnas, especialmente como elementos de sostemento das naves e delimitando o perímetro dos patios. Na antiga Grecia, e até o período helenístico, os templos, as prazas e os mercados a miúdo estaban delimitados por fileiras de columnas. A columnata romana converteuse nun elemento típico da fase madura da súa arquitectura, e a columnata con superposición de arcos converteuse case nunha constante na era cristiá.[2]

Columnatas famosas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. columnata Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  2. Le muse. Enciclopedia di tutte le arti. De Agostini, Novara, 1965, Vol. III, páx. 366.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]