Illa Asunción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asunción
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
ArquipélagoIllas Marianas do Norte
MarOcéano Pacífico
Coordenadas19°41′33″N 145°24′13″L / 19.69250, -145.40361Coordenadas: 19°41′33″N 145°24′13″L / 19.69250, -145.40361
Xeografía
Superficie7´9 km²
Longura máxima3´3 km.
Largura máxima3 km.
Punto máis alto857 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada (2010)

Asunción (ou Ascuncion) é unha illa deshabitada pertencente ás Illas Marianas do Norte. Está situada a 101 km ao noroeste de Agrihan e 37 km ao sueste das Illas Maug.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Asunción é unha illa densamente boscosa, de forma aproximadamente elíptica, cunha lonxitude de 33 kilometers (21 mi) e un ancho de 3 km (1,9 mi) e unha superficie de 79 km2 (31 sq mi). Toda a illa é un gran estratovolcán que se eleva dende o fondo do océano ata unha altura de 857 m (2 812 ft) sobre o nivel do mar, [1] que entrou en erupción por última vez en 1906.

Está situada no extremo norte das Marianas do arco de illas volcánicas, situada a 101 km ao noroeste de Agrihan e 37 km ao sueste das illas Maug; a illa de Pagán atópase 175 km ao suroeste. A maioría das costas son rochosas ou con cantís.

A illa ten gran vexetación, con plantacións de cocos e bosques de folla ancha. Os barrancos teñen tamén unha gran vexetación con outras especies leñosas. A illa está deshabitada.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde unha perspectiva europea, Asunción descubríuna en 1669 o misioneiro español Diego Luís de San Vitores, que lle deu o nome actual (en castelán "Asunción de María"). É probable que fose visitado previamente en 1522 polo mariño español Gonzalo de Vigo, naugrago da expedición de Magallães en 1521, e tamén o primeiro náufrago europeo na historia do Pacífico.[2] En 1695, os nativos Chamorros foron trasladados á forza a Saipan e tres anos despois a Guam.

Despois da venda das Marianas do Norte por España ao Imperio alemán en 1899, Asunción administrouse como parte da Nova Guinea alemá. En 1903, a illa arrendouse a unha empresa xaponesa, que cazaba aves para buscar plumas para exportalas ao Xapón e de alí a París. Seis cazadores xaponeses morreron na illa en 1910 por enfermidade.

Durante a primeira guerra mundial, Asunción quedou baixo o control do Imperio do Xapón e foi administrada como o Mandato do Pacífico Sur. Tras a segunda guerra mundial, Asunción quedou baixo o control dos Estados Unidos e administrouse como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. Desde 1978, a illa forma parte da Mancomunidade das Illas Marianas do Norte.

En 1985, de acordo coa Constitución da Mancomunidade das Illas Marianas do Norte, a illa foi designada como unha zona salvaxe para a protección e conservación dos recursos naturais. Desde 2009, a illa forma parte do Marianas Trench Marine National Monument dos Estados Unidos.



  1. Modelo:Citar gvp
  2. Coello, Francisco "Conflicto hispano-alemán" Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid , t.XIX. 2º semestre 1885, Madrid, p.233.301.