Arcansas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcansas
State of Arkansas
Bandeira de Arcansas Selo de Arcansas
Bandeira Selo
Lema: Regnat Populus
Mapa dos EUA coa Arcansas en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Little Rock
Maior cidade Little Rock
Gobernador Mike Huckabee
Lingua oficial: inglés
Área 137.732 km² (29)
 - Terra 134.856 km²
 - Auga 2.876 km² (2,09%)
Poboación (2000)
 - Poboación 2 673 400 (33)
 - Densidade 19,82 /km² (34)
Entrada na Unión
 - Data 15 de xuño de 1836
 - Orde 25º
Xeografía
Fuso horario Central: UTC-6/5
Latitude 33°N a 36°30'N
Lonxitude 89°41'O a 94°42'O
Largo N-S 420 km
Ancho E-O 385 km
Altitude
 - Altitude media 198 m
 - Máis elevado 839 m
 - Menos elevado 17 m
Códigos e abreviacións
 - USPS AR
 - ISO 3166-2 US-AR
Sitio web
www.arkansas.gov

Arcansas[1][2][3], ás veces tamén nomeado Arkansas,[4][5] (do algonquino kansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2 673 000 habitantes (2000). Uníuse á Unión en 1836.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río Mississippi acompaña grande parte da fronteira leste de Arcansas, excepto nos condados de Clay e Greene, onde o río Saint Francis fai a fronteira oeste da "bota do Missouri", e en decenas de lugares onde o actual leito do Mississippi formou meandros ou onde foi anteriormente establecido por lei.[6] Arcansas ten fronteira ó sur con Louisiana, ó norte co Missouri, ó este co Tennessee e Mississippi, o oeste co Texas e Oklahoma.

Arcansas é unha terra de montañas e vales, de densos bosques e fértiles chairas. As así chamadas Terras Baixas son máis coñecidas polos seus nomes rexionais, o Delta e a Grande Pradaria. O Delta do Arcansas é unha paisaxe plana de solos aluviais formada por succesivas inundacións do adxacente Mississippi. Afastada do río, na porción sur do estado, sitúase a Grande Pradaria, formada por terreos máis ondulados. O Delta e a Grande Pradaría son fértiles áreas agrícolas.

O estado de Arcansas está dividido, administrativamente, en 75 condados, dos que o máis habitado é o de Pulaski. A lista completa recolle: Arcansas, Ashley, Baxter, Benton, Boone, Bradley, Calhoun, Carroll, Chicot, Clark, Clay, Cleburne, Cleveland, Columbia, Conway, Craighead, Crawford, Crittenden, Cross, Dallas, Desha, Drew, Faulkner, Franklin, Fulton, Garland, Grant, Greene, Hempstead, Hot Spring, Howard, Independence, Izard, Jackson, Jefferson, Johnson, Lafayette, Lawrence, Lee, Lincoln, Little River, Logan, Lonoke, Madison, Marion, Miller, Mississippi, Monroe, Montgomery, Nevada, Newton, Ouachita, Perry, Phillips, Pike, Poinsett, Polk, Pope, Prairie, Pulaski, Randolph, St. Francis, Saline, Scott, Searcy, Sebastian, Sevier, Sharp, Stone, Union, Van Buren, Washington, White, Woodruff e Yell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Editorial Galaxia, ed. (2006). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600. 
  5. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  6. Límites do estado do Arcansas de Encyclopedia of Arkansas