Atol de Midway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Midway
Datos
País Estados Unidos
Illa principal Sand Island
Linguas
Poboación (2009) 40 hab.
Superficie 6,2 km²
Superficie lagoa 60 km²
Nº de illas 3
Coordenadas 28°12′N 177°21′O / 28.200, -177.350
Maior Altura
Localización
Localización do atol
Mapa das Illas Midway

O Atol de Midway (tamén coñecidas como Illas Midway) son un atol de 6,2 km² localizado no Pacífico Norte, cerca do extremo noroccidental do arquipélago de Hawai.

A súa latitude é 28º13' N e a súa lonxitude 177º22' W, atopándose as illas a aproximadamente a terceira parte da distancia que separa Honolulu de Tokio.

O atol consiste nunha barreira de coral en forma de anel, e numerosos illotes de area. As dúas illas máis importantes en canto a tamaño, Sand Island e Eastern Island, son o hábitat de miles de aves mariñas.

As Illas Midway non teñen habitantes aboríxenes, e son un territorio non incorporado dos Estados Unidos, sendo o seu status o de área insular a cargo do Departamento do Interior. A economía susténtase con fondos gobernamentais na súa totalidade, e tanto alimentos como bens de manufactura deben ser importados.

A área de Midway é recoñecida especialmente pola Batalla de Midway, que se levou a cabo durante a Segunda Guerra Mundial. A Mariña dos Estados Unidos repeleu un ataque xaponés, marcando esta vitoria un importante cambio no escenario da guerra no Pacífico.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Proxección ortográfica cas illas Midway no centro

O atol de Midway forma parte dunha serie de illas volcánicas e atois que se estende desde Hawai ata o extremo das Illas Aleutianas. Midway formouse fai aproximadamente 28 millóns de anos, cando o leito submarino sobre o cal aséntase atopábase á mesma altura que o basamento volcánico de Hawai. De feito, Midway foi algunha vez un escudo volcánico aparentemente tan extenso como a illa de Lana'i. Ao longo de millóns de anos, a illa experimentou un proceso que se coñece como axuste isostático. A barreira de coral que se formou ao redor da illa volcánica puido manterse no nivel do mar mediante un crecemento cara arriba, a medida que todo o basamento cedía. Na actualidade, a barreira ten preto de 400 metros de espesor, e o atol ten augas pouco profundas ao longo duns 10 quilómetros.

As illas do Atol de Midway foron moi afectadas como consecuencia do establecemento do home. Xa a partir de 1869, cando se presentou un proxecto para destruír parte dos corais e construír un porto en Sand Island, a ecoloxía do lugar sufriu alteracións. Aves nativas doutras illas, talles como Laysan Rail e Laysan Finch foron liberadas no lugar. Árbores orixinarias de Australia plantáronse a modo de cortaventos. Cerca do 75% das especies de plantas que se atopan en Midway son exóticas.

O atol ten 32 quilómetros de rutas, 7,8 quilómetros de canos, un porto (situado en Sand Island, e pechado ao uso público) e dúas pistas de aterraxe (ambas pavimentadas, cunha extensión próxima aos 2.000 metros). O U.S. Fish and Wildlife Service (Servizo para a Vida Silvestre e Ictícola) tiña previsto cancelar todas as operacións aeroportuarias a partir do 22 de novembro de 2004, co cal deixaríase de permitir todo tipo de visitas públicas.

Illa hectáreas
Sand Island 486
Eastern Island 135
Spit Island 2
Sand Islet
Atol Midway 623
Lagoa 6.000

Historia[editar | editar a fonte]

O atol foi descuberto o 5 de xullo de 1859 polo capitán N.C. Middlebrooks, a bordo do baleeiro Gambia. As illas foron bautizadas nese entón como Illas Middlebrooks.

Middlebrooks reclamou as illas para os Estados Unidos seguindo o Acta de Illas Guaneras, segundo o cal os norteamericanos podían establecerse temporalmente nunha illa deshabitada para explotar o guano.

O 28 de agosto de 1867 o Capitán William Reynolds, do buque USS Lackawanna, tomou posesión formal das illas para os Estados Unidos. Tempo despois, cambiouse o nome das illas polo de Midway. Este atol transformouse así na primeira porción de territorio non continental en ser anexado polos Estados Unidos. Midway é a única illa no Arquipélago de Hawai que non forma parte do Estado de Hawai.

Imaxe de satelite do atol Midway
Atol de Midway en Novembro de 1941.
Bandeira non oficial

Notas[editar | editar a fonte]

  • Ladd, H.S., J.I. Tracey Jr., y M.G. Gross. 1967. Drilling at Midway Atoll. Science, 156 (3778): 1088–1095 (26 de maio de 1967).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Atol de Midway