Estado de Chuuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado de Chuuk
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 7°25′N 151°47′L / 7.42, 151.78Coordenadas: 7°25′N 151°47′L / 7.42, 151.78
EstadoEstados Federados de Micronesia Editar o valor em Wikidata
CapitalWeno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación48.654 (2010) Editar o valor em Wikidata (418,71 hab./km²)
Lingua usadaPááfang (en) Traducir
Língua mortlockesa (pt) Traducir
Língua namonuito (pt) Traducir
Pulutawês (pt) Traducir
Lingua chuuk Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie116,2 km² Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAlexander Narruhn (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2FM-TRK Editar o valor em Wikidata

O Estado de Chuuk (tamén coñecido como Truk) é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia (FSM). Os outros estados son Kosrae, Pohnpei e Yap. Componse de varios grupos de illas:

Chuuk é o estado máis poboado da FSM con 50.000 habitantes en 120 quilómetros cadrados. O atol Chuuk é onde vive a maioría da xente, a illa de Weno no atol fai as funcións de capital do estado e é a cidade máis grande dos FSM.

Historia[editar | editar a fonte]

Chuuk era un dos seis distritos do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico (TTPI), administrados polos Estados Unidos baixo carta das Nacións Unidas desde o final da segunda guerra mundial a mediados da década de 1980. A terminación da administración estadounidense de Chuuk, Yap, Kosrae, Pohnpei, e os distritos das Illas Marianas do TTPI produciuse o 3 de novembro de 1986. O Estados Federados de Micronesia, incluíndo Chuuk, Yap, Kosrae e Pohnpei, foi creado en 1979 e asinou un Tratado de libre Asociación cos Estados Unidos (efectivo a partir do 3 de novembro de 1986).

O 2 de xullo de 2002, as fortes choivas da tormenta tropical Chataan causaron máis de trinta deslizamientos de terra que mataron a corenta e sete habitantes e feriron a outras ducias de persoas, no desastre climático máis letal do estado. Os deslizamientos producíronse durante todo o día, algúns a poucos minutos o un do outro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ao oeste atópase o Estado de Yap. Ao leste atópanse os Estado de Pohnpei e Kosrae máis cara ao leste.

O núcleo de poboación principal do estado de Chuuk é o atol Chuuk, un grande arquipélago de illas montañosas rodeadas por unha cadea de illotes na Barreira de Coral. [Cómpre referencia] As dúas principais divisións xeográficas e dialécticas do atol de Chuuk son Faichuuk, nas illas occidentais, e Namoneas, nas illas orientais.

O Estado de Chuuk tamén inclúe varias illas de máis baixa densidade de poboación o grupo das "illas exteriores", incluíndo as illas de Mortlock cara ao sueste, as Illas Hall (Pafeng) ao norte, o atol Namonuito ao noroeste, e a rexión do Pattiw a oeste. A Rexión de Pattiw é de particular interese, xa que ten algunhas das illas máis tradicionais do Pacífico e está culturalmente relacionada coas illas exteriores de Yap. Este grupo inclúe as illas de Pollap, Tamatam, Poluwat e Houk. Hoxe en día aínda se poden atopar mestres navegadores tradicionais, considérase que Poluwat e Pollap teñen algúns dos mellores navegantes oceánicos en canoa do Pacífico. Nas illas da Rexión de Pattiw, e algunhas das illas de Yap, atópanse a día de hoxe as dúas últimas escolas de navegación, Weriyeng e Faaluush. Visitar a Rexión de Pattiw no oeste, é difícil debido á falta de transporte fiable. Houk probablemente ten a pista de aterraxe máis accesible na Rexión de Pattiw, con avións que aterran cada unha ou dúas semanas.

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Weno, Chuuk
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 33 32 32 33 33 33 33 33 34 33 33 33 34
Media máxima en °C 29,9 29,9 30,2 30,4 30,7 30,7 30,6 30,7 30,7 30,7 30,7 30,2 30,4
Media diaria en °C 27,4 27,5 27,6 27,7 27,8 27,7 27,4 27,4 27,5 27,6 27,7 27,6 27,6
Media mínima en °C 24,9 25,0 25,1 25,0 24,9 24,6 24,2 24,2 24,2 24,3 24,6 25,0 24,7
Temperatura mínima en °C 21 21 22 22 21 21 21 21 20 19 21 21 19
Precipitación media mm 228,1 163,1 229,9 291,1 354,1 300,7 365 349,8 306,6 361,4 281,9 293,4 3 525
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 14,8 12,2 14,9 16,2 21,2 20,3 20,8 21,0 18,6 20,0 20,0 18,8 218,8
Humidade relativa media (%) 78,7 77,7 78,7 81,0 82,6 82,9 83,9 83,2 83,0 83,1 81,9 80,8 81,6
Media de horas de sol mensuais 195,3 197,8 217,0 195,0 192,2 180,0 195,3 195,3 177,0 161,2 162,0 167,4 2 235,5
Fonte #1: Hong Kong Observatory (sun 1961-1990)[1]
Fonte #2: NOAA [2]

Demografía[editar | editar a fonte]

Chuuk é o máis poboado dos Estados dos FSM. No censo realizado o 1 de abril de 2000, tiña 53.595 habitantes, en comparación con 34.486 de Pohnpei, 11.241 de Yap e 7.686 de Kosrae, no censo celebrado o 4 de abril de 2010, tiña 48.654 habitantes, en comparación cos 36.196 de Pohnpei, 11.377 de Yap e 6.616 de Kosrae.[3]

Cultura[editar | editar a fonte]

Misión xesuíta en Weno[editar | editar a fonte]

A provincia de Nova York da Compañía de Xesús (os Xesuítas) manteñen unha escola na misión na illa de Weno en Chuuk. A Xavier High School atópase no antigo centro de comunicacións xaponés. É unha institución mixta, teñen estudantes de todos os grupos da illa dos Estados Federados de Micronesia, así como de Palau e as Illas Marshall. Os mestres son xesuítas e segrares que proveñen de Micronesia, os Estados Unidos, Indonesia, o Xapón e Australia. Todos os mestres laicos son voluntarios.

Posesión espiritual[editar | editar a fonte]

Aínda que Chuuk é unha sociedade abafadoramente Cristián, aínda existen crenzas tradicionais da posesión de espíritos polos mortos. Ao parecer, estes espíritos posúen maioritariamente ás mulleres, e a posesión de espíritos é xeralmente provocada polos conflitos familiares. Os espíritos, falan a través das mulleres, polo xeral advirten de que traten mellor a membros da familia.[4]

Concellos[editar | editar a fonte]

Dos 40 municipios do estado, 16 están dentro do atol Chuuk e nas 24 illas periféricas. Na seguinte táboa, cada un vai seguido da súa poboación no Censo celebrada o 1 de abril de 2000.

Atol de Chuuk[editar | editar a fonte]

Illas Faichuk (Shichiyo)[editar | editar a fonte]

Illas Faichuk (Shichiyo):

Illas Nomwisofo:

Illas Nomoneas (Shiki)[editar | editar a fonte]

Illas Nomoneas Norte (Shiki):

Illas Nomoneas Sur (Shiki):

Illas Mortlock[editar | editar a fonte]

Illas Lower Mortlock (Illas Nomoi):

  • Etal (267)
  • Lukunor (927)
  • Oneop (illote ao oeste do atol Lukunor) (505)
  • Satawan (955)
  • Kuttu (illote ao oeste do atol Satawan)
  • Moch (illote ao norte do atol Satawan)
  • Ta (illote ao sueste do atol Satawan)

Illas Upper Mortlock (illas do leste):

Illas exteriores do Noroeste[editar | editar a fonte]

Illas Hall (norte):

Namonuito Atoll (Illas Magur) (noroeste):

illas Pattiw (Illas occidentais):

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Climatological Information for Truk, Pacific Islands, United States". Hong Kong Observatory. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o December 13, 2012. 
  2. "TRUK ISLAND/CAROLINE ISLANDS PI Climate Normals 1961-1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o December 13, 2012. 
  3. Office of Statistics, Budget and Economic Management, Overseas Development Assistance and Compact Management.
  4. Hezel, Francis X. 1993 Spirit Possession in Chuuk: Socio-Cultural Interpretation. Micronesian Counselor 11

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]