Pagan
Pagan | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | |
País | Estados Unidos |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | illas Marianas |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 47,23 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 18°06′N 145°46′L / 18.10, 145.76 |
Maior Altura | 570 m. |
Localización | |
![]() |
A illa Pagan pertence á cadea das illas Marianas do Norte, situada a aproximadamente 320 km ao norte de Saipan.
Características[editar | editar a fonte]
Ten unha superficie de 47,23 km³, sendo a cuarta en tamaño das Illas Marianas do Norte. Está formada por dous estratovolcáns, de 570 e 548 m, unidos por unha franxa de terra.
Historia[editar | editar a fonte]
Habitada desde tempos históricos, pertenceu a España (a través de Guam) e ao Imperio Alemán. Posteriormente ocupada polo Xapón, pasou á administración da Sociedade de Nacións. Logo da segunda guerra mundial foi ocupada por Estados Unidos, permanecendo como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, co status de Estado libre asociado. Politicamente pertence ao Municipio das illas Marianas do Norte.
No 1981 ocorreu unha erupción que obrigou aos seus habitantes a abandonar a illa, con todo no 2006 a Forza Aérea dos Estados Unidos recoñeceu fotográficamente a illa, atopando sinais de habitantes, gando e unha rudimentaria pista de aterraxe.
