Reino de Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Reino de Nova Zelandia.

O Reino de Nova Zelandia (en inglésRealm of New Zealand) é o territorio no que reina a raíña de Nova Zelandia, Isabel II do Reino Unido. O reino comprende Nova Zelandia, as Illas Cook, Niue, Tokelau e a Dependencia Ross na Antártida. O termo de « Realm of New Zealand » é empregado nos documentos do Gobernador Xeral de Nova Zelandia que datan do ano 1983[1].

Gobernador xeral[editar | editar a fonte]

Dado que Isabel II reside no Reino Unido, o seu representante en Nova Zelandia é o gobernador xeral, que posúe todos os poderes moderadores da raíña. Este posto está ocupado por Rt Hon Sir Jerry Mateparae dende o ano 2011.

Organización do reino[editar | editar a fonte]

Territorio Representante da raíña Xefe do goberno Capital Poboación Área
Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia Gobernador Xeral Primeiro Ministro Wellington 4.511.590 Hab. (est. 2014) 268.680 km²
Flag of the Cook Islands.svg Illas Cook Representante da raíña Primeiro Ministro Avarua 21.388 236 km²
Flag of Niue.svg Niue Representante da raíña (o Gobernador Xeral de Nova Zelandia) Premier Alofi 2.145 260 km²
Flag of Tokelau.svg Tokelau Administrador Ulu-o-Tokelau Non ten 1.405 10 km²
Flag of New Zealand.svg Dependencia Ross Gobernador Xefe executivo Base Scott Base Scott: 10–80;
Estación McMurdo: 200–1000 (estacionais)
450.000 km²

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]