Fiadora
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 2 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
As fiadoras ou mouras son seres mitolóxicos que fían os fíos da vida das persoas. Aparecen tamén nas mitoloxías clásicas e as veces nas representacións cristiás.
Tamén se lle chama vella, bruxa ou meiga, e sempre corre risco a vida das persoas que tropezan con elas. Adoitan aparecer en lugares de paso, preferentemente pontes. Teñen una forza descomunal e poden carrexar penedos xigantescos. É o caso da pena dos Mouros de Donalbai, en Begonte, que levou unha moura na cabeza.[1]
As Fiadoras na cultura popular[editar | editar a fonte]
De vez en cando aparece unha muller fiando na ponte de Amorín, entre as parroquias de Barncelle e Corvite. Se o que pasa por alí non lle fai caso nin tropeza na roca, non lle pasa nada e dille a moura: Ben deitache! Pero se tropeza, lévao polo aire. Na ponte Ferreiros, en Monteouto, cando algún home quería cruzar entre Abadín e Vilalba, aparecían dúas mulleres fiando una a cada lado da ponte. Só podían cruzar se levaban un rosario e cando o sacaban desaparecían as mulleres. Ás veces a fiadora resulta coñecida. É extraño que esté alí de noite tan soa, dándolle á roca. Se o home di algo, ela responde: Tira para diante e vai caladiño, vai caladiño! O mellor é obedecer.
As Fiadoras noutras culturas[editar | editar a fonte]
A deusa xermánica dos infernos (Hell) chamábase Hellda, Hollda e adaptou a figura das moiras e foi patroa dos fiandóns e das bruxas e da cacería salvaxe.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).