Corvite, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°18′00″N 07°29′00″O / 43.30000, -7.48333

Corvite
Igrexa de Corvite, Abadín (1).jpg
Igrexa de Corvite.
Parroquia de Corvite do concello de Abadin.png
ConcelloAbadín
Área8,15 km²
Poboación87 hab. (2015)
Densidade10,67 hab./km²
Entidades de poboación12

San Pedro de Corvite é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 87 habitantes en 2015 (43 homes e 44 mulleres) segundo datos do IGE[1], cunha densidade de 10,67 hab/km². Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 89 habitantes (44 homes e 45 mulleres), e dez habitantes menos que en 2004.

As entidades son A Cabeceira (16), Os Carracedos (13), Casás (13), Chouselas (1), O Espiño do Cal (19), A Fumeira (2) e A Laxe (23). Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: Cizán, Outarelo, Redemuiños, Relota e A Torre.

Ten unha superficie de 8,15 km². Limita coas parroquias de Moncelos, Baroncelle, Goás, Cabaneiro e Vilarente xunto co concello da Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Baroncelle.

Na súa orografía destacan os montes de Sabugueiras (682 m) e Argán (585 m).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Esta parroquia, ao igual que as adxacentes é moi rica en cruceiros.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Corvite[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Corvite no concello de Abadín (provincia de Lugo)

A Cabeceira | Os Carracedos | Casás | Chouselas | Cizán | O Espiño do Cal | A Fumeira | A Laxe | Outarelo | Redemuíños | Relota | A Torre

Parroquias de Abadín[editar | editar a fonte]

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bertomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madalena) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madalena) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 11 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]