Leônidas da Silva
Leônidas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Leônidas da Silva | ||
Nacemento | 6 de novembro de 1913 e 6 de setembro de 1913 | ||
Lugar de nacemento | São Paulo | ||
Falecemento | 24 de xaneiro de 2004 | ||
Lugar de falecemento | Cotia | ||
Altura | 1,65 m. | ||
Posición | Dianteiro centro | ||
Carreira xuvenil | |||
1923–1929 | São Cristóvão | ||
Havanesa | |||
Barroso | |||
Sul Americano | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1929 | São Cristóvão | ||
1929 | Syrio e Libanez | 5 | (5) |
1930–1932 | Bonsucesso | 39 | (23) |
1934 | Peñarol | 16 | (11) |
1934 | Vasco da Gama | 4 | (1) |
1935 | SC Brasil | ||
1935–1936 | Botafogo | 19 | (8) |
1936–1941 | Flamengo | 88 | (89) |
1942–1950 | São Paulo | 120 | (93) |
Selección nacional | |||
1932–1946 | Brasil | 19 | (21) |
Adestrador | |||
1950 | São Paulo | ||
1951 | São Paulo | ||
1952 | São Paulo | ||
1954–1955 | São Paulo | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Leônidas da Silva, nado o 6 de setembro de 1913 no Río de Xaneiro e finado o 24 de xaneiro de 2004 en Cotia, (San Paulo), foi un dos principais xogadores brasileiros de fútbol.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coñecido como o "Diamante Negro" ou o "Homem de borracha", Leônidas da Silva comezou a súa carreira en equipos locais no Río de Xaneiro. Despois de facer dous goles na súa estrea vestindo a camisola amarela da selección brasileira, foi xogar para o Peñarol do Uruguai en 1933. Despois dun ano, volveu ao Brasil para xogar no Vasco da Gama, ao cal axudou a gañar o Campionato Carioca de 1934. Despois de xogar o seu segundo mundial, en 1934, foi xogar co Botafogo e gañou outro Campionato Carioca en 1935. No ano seguinte, foi para o Flamengo, onde ficou ata o 1942. En 1938, foi o máximo anotador da Copa do Mundo con 8 goles, incluíndo catro marcados contra a Polonia. Iso fixo del o primeiro xogador da historia en marcar catro goles nun único encontro da Copa do Mundo. Na semifinal, contra a Italia o adestrador brasileiro reservou a Leônidas para a final. Brasil perdeu ese encontro por 2-1. Remataría a súa carreira xogando para o Sao Paulo.
Segundo se di, moitas xogadas populares hoxe en día partiron da súa imaxinación, coma a tesoira ou a bicicleta, aínda que el mesmo só se consideraba o perfeccionador desta última, xa que o inventor sería Petronilho de Brito.
Está enterrado no Cemitério da Paz en São Paulo.
- Nados no Río de Xaneiro
- Nados en 1913
- Finados en 2004
- Finados por Alzheimer
- Futbolistas do Brasil
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CA Peñarol
- Xogadores do Vasco da Gama
- Xogadores do Botafogo
- Xogadores do Flamengo
- Xogadores do São Paulo FC
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Goleadores da Copa do Mundo
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1934
- Adestradores de fútbol do Brasil
- Adestradores do São Paulo FC
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1938