Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | |
---|---|
Edificio da Facultade de Medicina na rúa de San Francisco. | |
Universidade: | Universidade de Santiago de Compostela |
Localización: | Santiago de Compostela |
Campus: | |
Enderezo: | |
Ano de fundación: | |
Decano: | |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | Web oficial |
A Facultade de Medicina de Santiago de Compostela na rúa de San Francisco é a Facultade onde se imparte a docencia da Medicina na Universidade de Santiago de Compostela desde que se inaugurou o ano 1928 este edificio,[1] construído a carón do Hospital Real (co que de comunicaba a través dunha galería cuberta), de xeito que ambos os edificios ocupaban todo un lado de dita rúa, desde a praza do Obradoiro até o covento de San Francisco, até que se acabe de construír o novo edificio da Facultade de Medicina e Odontoloxía.
Historia
[editar | editar a fonte]A docencia da Medicina en Santiago remóntase ao ano de 1648, cando o Colexio de Fonseca era o centro de toda a vida universitaria compostelá.[2]
Durante moitos anos os estudos de Medicina realizáronse en Fonseca. Desde 1857, en que se creou a Facultade de Farmacia, ambas as facultades compartiron edificio.[3] O edificio proxectárono en 1910 polos arquitectos Fernando Arbós Tremanti e Isidro de Benito. Nos anos 20 do século XX, coa influencia de Montero Ríos, comezou a construción do novo edificio de Medicina na rúa de San Francisco, sendo terminado en 1928.
Un feito histórico notábel produciuse durante as mobilizacións estudantís de 1968. Nunha multitudinaria asemblea da Universidade celebrada na Facultade de Medicina o 28 de marzo, interveu a policía de maneira violenta, causou numerosos feridos e realizando varias detencións. Esta intervención policial causou a indignación do estudantado, que despediu a pedradas na estación de ferrocarril ao director xeral de Universidades, Hernández Díaz, desprazado a Santiago para tentar resolver o conflito.
Acto de despedida
[editar | editar a fonte]O 18 de setembro de 2017 celebrouse no salón de actos da Facultade de Medicina, coa presenza de autoridades, doutores e catedráticos que desenvolveron a súa actividade académica no histórico edificio, unha reunión de despedida que deu pé á gravación dun documental de 45 minutos producido por Edicións Bolanda e que se emitiría posteriormente na TVG. Este documental, titulado O templo de Galeno repasa non só o século de vida da Facultade de Medicina nese edificio, senón que fai tamén un percorrido pola historia da docencia médica en Santiago desde os seus inicios no ano 1648.
O decano da Facultade, Juan Gestal, foi o encargado de presentar o documental. Tamén interviron, entre outros, o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, o catedrático de Anatomía Javier Jorge e os doutores Joaquín Potel Lesquereux e Manuel Sánchez Salorio, que recordaron distintos episodios do devir dos estudos de Medicina en Santiago, con momentos clave, como cando se pechou o Hospital Real e se inauguraron os hospitais de Galeras e, máis tarde, o de Conxo e o Clínico. Nese traballado camiño tiveron moito que ver, como recordou Gestal, iniciativas como a posta en marcha da Escola Médica Compostelá, coñecida como Fonte Limpa, ou xa, recentemente, a posta en marcha do Instituto de Investigación Sanitaria, do CiMUS e do Instituto de Medicina Legal, nos que destaca o doutor Ángel Carracedo.
A próxima Facultade de Medicina e Odontoloxía
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A construción da nova Facultade de Medicina comezará en 2018, segundo anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, despois de que Consello de Goberno deu luz verde ao protocolo de cooperación entre a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver estas instalacións no Campus Vida compostelán. A Xunta e a Universidade de Santiago contan xa, polo tanto cun protocolo de cooperación para construír a nova Facultade de Medicina e Odontoloxía que, nunha segunda fase albergará tamén a titulación de Enfermaría. Aínda que o protocolo debe ser aprobado polos órganos de goberno da Universidade, desde a institución académica vese con bos ollos un documento que inclúe a cesión gratuíta dunha parte importante do actual edificio onde se imparte Medicina, na rúa de San Francisco, á Administración autonómica. A nova Facultade situarase no aparcadoiro anexo do novo Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, e ademais abordarse unha ampliación destas dependencias hospitalarias para acoller o traslado dos servizos asistenciais que se prestan no Hospital Gil Casares.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un siglo de historia del templo de la medicina en Santiago La Voz de Galicia, 19/07/2017.
- ↑ Historia de la Universtdad de Santiago de Compostela en santiagoturismo.
- ↑ USC. Facultade de Farmacia. Historia.
- ↑ Las obras de la nueva facultad de Medicina comenzarán en 2018 Arquivado 25 de maio de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 23/09/2016.
- ↑ La USC cederá el histórico edificio de Medicina a la Xunta durante 75 años. La Voz de Galicia, 23/09/2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro Fernández, Xosé Ramón, ed. (2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (2 tomos) (en castelán). Santiago de Compostela: USC. ISBN 84-8121-681-X.
- Cabeza de León, Salvador (1946). Fernández-Villamil Alegre, Enrique, ed. Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (3 tomos) (en castelán). Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).
- VV.AA. (1995). Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: USC. ISBN 84-8121-304-7.