Torre de Teodomiro: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
|mapa_loc = A Coruña |
|mapa_loc = A Coruña |
||
|lenda_mapa_loc = |
|lenda_mapa_loc = |
||
⚫ | |||
}} |
|||
|integrar = yes |
|||
⚫ | |||
|largo = 287px |
|||
|declaración=Resolución DGBAA |
|declaración=Resolución DGBAA |
||
|data_declaración=17 de outubro de 1994 |
|data_declaración=17 de outubro de 1994 |
||
|figura=[[Lista de monumentos da provincia da Coruña|Monumento]] |
|figura=[[Lista de monumentos da provincia da Coruña|Monumento]] |
||
|coordenadas = non |
|coordenadas = non |
||
}} |
}}}} |
||
A '''Torre de Teodomiro''', tamén denominada como o '''Castelo de Teodomiro''',<ref name="BIC">{{Cita web |url=http://ficheiros-web.xunta.gal/patrimonio/bic/relacion_bic.ods |título=Relación de Bens de Interese Cultural |páxina-web=Portal Datos Abertos da [[Xunta de Galicia]] |formato=[[OpenDocument|ODS]]}}</ref> foi un [[Castelo (fortificación)|castelo]] [[Alta Idade Media|altomedieval]] situado no [[monte do Gato]]. Coñecida unicamente a través de fontes documentais, foi declarada [[Ben de Interese Cultural]] no ano [[1994]]. É, por tanto, un ben singular en [[Galiza]].<ref name="autorización"/> |

Liña 31: | Liña 30: | ||
No ano [[1994]] foi declarada [[Ben de Interese Cultural]] (BIC), malia non existir na altura indicio ningún sobre a localización nin estruturas.<ref name="BIC"/> Recibiu esta declaración por mor dun decreto estatal que protexía tódolos castelos independentemente do seu estado.<ref name="autorización">{{Cita web |url=https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58871/xunta-autorizara-nuevos-trabajos-prospeccion-para-localizar-torre-teodomiro-blindar?langId=gl_ES |título=A Xunta autorizará novos traballos de prospección para localizar a Torre de Teodomiro e blindar a súa protección |data=9 de xuño de 2021 |páxina-web=[[Xunta de Galicia]] |localización=[[Santiago de Compostela]]}}</ref> Tamén foi incluída no [[Plan Xeral de Ordenación Municipal]] do concello de [[Aranga]], que se aprobou en [[2013]]. Aínda que sen xeolocalizar, situouse na parroquia de [[Fervenzas]].<ref>{{Cita informe |ano=2013 |título=Catálogo de Patrimonio |url=http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARANGA/documents/27849ca004.PDF |institución=[[Aranga|Concello de Aranga]] |serie=[[Plan Xeral de Ordenación Municipal]] |en=Código do elemento 5-1}}</ref> A falla de indicios sobre os seus restos provocou a intención de analizar a súa baixa como Ben de Interese Cultural.<ref name="BIC"/> |

[[Ficheiro:Vista aérea dos possíveis restos da Torre de Teodomiro (1985).jpg|miniatura|esquerda|A estrutura elipsoidal achada por A. Malde apréciase na vista aérea do voo efectuado sobre a zona en 1985.]] |
|||
[[Francisco Pato Fandiño]], na súa obra de [[2018]] sobre a parroquia de [[Santa María de Ois]] ([[Coirós]]), consideraba posíbel que a fortaleza se localizase no lugar denominado Cruz do Campo Xaneiro,<ref>{{Cita libro |nome=Francisco |apelidos={{Versaleta|Pato Fandiño}} |título=Historia documentada de Santa María de Ois |url=http://fillosdeois.org/hdocois.pdf |ano=2018 |editorial=[[Deputación da Coruña]] |lingua=es |páxina=18}}</ref> onde converxen as parroquias de Ois, Fervenzas, [[Bandoxa, Oza-Cesuras|Bandoxa]] e [[Rodeiro, Oza-Cesuras|Rodeiro]] (estas dúas últimas do concello de [[Oza-Cesuras]]).<ref>{{Cita mapa |autor=Instituto Geográfico Nacional de España |título=Mapa Topográfico Nacional de España |mapa=[[:Ficheiro:MTN25-0046c3-2001-Oza Dos Rios.jpg|Oza Dos Ríos, 46-III]] |ano=2001 |escala=1:25000 |edición=2.ª |lingua=es}}</ref> En abril de [[2021]], o arqueólogo [[Antón Malde]], seguindo a toponimia e empregando as modernas técnicas de análise xeográfica, achou «fortes indicios» dos restos algo máis ao sur, no lugar do [[O Castelo, Rodeiro, Oza-Cesuras|Castelo de Arriba]] (Rodeiro). A radiografía do terreo, o cal estaba totalmente cuberto de vexetación, permitiulle apreciar o que semella unha «muralla elipsoidal e probabelmente un corpo central».<ref name="Malde"/> |

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2021 ás 21:53
Torre de Teodomiro | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Parroquia | Fervenzas, Rodeiro |
Concello | Aranga, Oza-Cesuras |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Coordenadas | 43°11′59″N 8°07′13″O / 43.19968, -8.12028Coordenadas: 43°11′59″N 8°07′13″O / 43.19968, -8.12028 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (século VI) |
Estado actual | vestixios |
Ben de Interese Cultural | |
Declaración | Resolución DGBAA |
Data | 17 de outubro de 1994 |
Categoría | Monumento |
Código | RI-51-0008825 |
Mapa de localización | |
Véxase tamén | |
Castelos de Galiza | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre de Teodomiro, tamén denominada como o Castelo de Teodomiro,[1] foi un castelo altomedieval situado no monte do Gato. Coñecida unicamente a través de fontes documentais, foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1994. É, por tanto, un ben singular en Galiza.[2]
En 2021 acháronse os seus posíbeis restos arqueolóxicos.
Historia
A fundación desta fortificación produciríase na Alta Idade Media, na época do reino suevo de Galiza. Segundo o Cronicón de Walfrido foi o rei suevo Teodomiro quen arredor do ano 550 encargou a súa construción no Monte Cato. Recibía o nome de Castrum Feacium, topónimo que hoxe dá nome á inmediata parroquia de Feás, e situábase fronte ao camiño que ligaba Betanzos con Curtis, Sobrado ou Lugo, isto é, nun contexto viario estratéxico.[3]
Posteriormente houbo unha ocupación medieval dos condes de Présaras.[1]
En 1892, Manuel Martínez Santiso na súa Historia de la Ciudad de Betanzos facía referencia á fortaleza e informaba de que xa non ficaban restos.[4] En 1918, o historiador e arqueólogo Ángel del Castillo cría que non había «xeito nin de reducir a súa situación nin de probar a súa existencia».[5]
No ano 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC), malia non existir na altura indicio ningún sobre a localización nin estruturas.[1] Recibiu esta declaración por mor dun decreto estatal que protexía tódolos castelos independentemente do seu estado.[2] Tamén foi incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga, que se aprobou en 2013. Aínda que sen xeolocalizar, situouse na parroquia de Fervenzas.[6] A falla de indicios sobre os seus restos provocou a intención de analizar a súa baixa como Ben de Interese Cultural.[1]
Francisco Pato Fandiño, na súa obra de 2018 sobre a parroquia de Santa María de Ois (Coirós), consideraba posíbel que a fortaleza se localizase no lugar denominado Cruz do Campo Xaneiro,[7] onde converxen as parroquias de Ois, Fervenzas, Bandoxa e Rodeiro (estas dúas últimas do concello de Oza-Cesuras).[8] En abril de 2021, o arqueólogo Antón Malde, seguindo a toponimia e empregando as modernas técnicas de análise xeográfica, achou «fortes indicios» dos restos algo máis ao sur, no lugar do Castelo de Arriba (Rodeiro). A radiografía do terreo, o cal estaba totalmente cuberto de vexetación, permitiulle apreciar o que semella unha «muralla elipsoidal e probabelmente un corpo central».[3]
Ao mesmo tempo, as empresas Greenalia e Galernegy, que pretenden instalar até 40 muíños eólicos na mesma zona do castelo altomedieval, alén de omitiren a existencia dunhas mámoas no seu estudo arqueolóxico, tampouco facían referencia ó BIC.[3][9][10] Perante esta situación, o BNG reclamou no Parlamento protección para a fortificación, así como medidas concretas para a súa conservación e posta en valor.[11]
Após o achado, Malde presentou o proxecto técnico á Dirección Xeral de Patrimonio co fin de solicitar permiso para realizar unha prospección arqueolóxica mediante a cal poder levar a cabo a identificación e delimitación do ben.[12] Días despois o propio conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, confirmou a autorización no Parlamento ó responder unha pregunta da deputada Mercedes Queixas (BNG) sobre a cuestión.[2][13]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Relación de Bens de Interese Cultural" (ODS). Portal Datos Abertos da Xunta de Galicia.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "A Xunta autorizará novos traballos de prospección para localizar a Torre de Teodomiro e blindar a súa protección". Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. 9 de xuño de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Pérez, Antares (6 de maio de 2021). "Un arqueólogo localiza “fuertes indicios” de un castillo de la Alta Edad Media en Monte do Gato". La Opinión A Coruña (en castelán) (Aranga).
- ↑ Martínez Santiso, Manuel (1987) [1892]. Erias Martínez, Alfredo, ed. Historia de la Ciudad de Betanzos (PDF) (facsímile) (en castelán). Deputación da Coruña. p. 142. ISBN 84-86040-17-5.
- ↑ Del Castillo, Ángel (1918). "Reseña histórica dos monumentos y-obras d'arte qu'esistiron y-eisisten en Betanzos" (PDF). En Vales Villamarín, Francisco. 1918. Xogos froraes de Betanzos (en castelán). Betanzos: Imp. de Manuel Villuendas. pp. 27–48, en 30.
- ↑ Catálogo de Patrimonio (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Aranga. 2013. Código do elemento 5-1.
- ↑ Pato Fandiño, Francisco (2018). Historia documentada de Santa María de Ois (PDF) (en castelán). Deputación da Coruña. p. 18.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España (2001). "Oza Dos Ríos, 46-III" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional de España (2.ª ed.). 1:25000 (en castelán).
- ↑ "Xunta e Greenalia, abertos a cambios nos parques eólicos do Monte do Gato ao darse cunha fortaleza". Europa Press. 6 de maio de 2021.
- ↑ Carrazoni, Yuri (18 de maio de 2021). "Unha corentena de muíños de Greenalia e Galenergy axexan o Monte do Gato". Nós Diario.
- ↑ "O BNG demanda no Parlamento protección para a Torre de Teodomiro". Bloque Nacionalista Galego das Mariñas. Betanzos. 6 de maio de 2021.
- ↑ Méndez, Mila (23 de maio de 2021). "Listo el informe técnico para buscar en Monte do Gato la torre de Teodomiro". La Voz de Galicia (en castelán). Oza-Cesuras.
- ↑ E. P. (9 de xuño de 2021). "Cultura autoriza os traballos para localizar os restos da Torre de Teodomiro no Monte do Gato". Galicia Confidencial. Santiago de Compostela.