Teodomiro dos Suevos
Teodomiro dos Suevos | |
---|---|
![]() Estatua de Teodomiro | |
Nacemento | século Vxuliano |
Falecemento | 570 |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Etnia | Suevos |
Fillos | Miro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570)[1][2]. Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.
Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia[3].
Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:
- Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra
- A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.
- A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).
- A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.
- A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.
- A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.
- A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.
- Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.
O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Lista de monarcas de Galicia
- Reino Suevo
- Lista de reis suevos
- Suevos
- Parochiale suevorum ou Divisio Theodemiri.
Teodomiro dos Suevos Descoñecida Nacemento: ? Falecemento: 570
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Carriarico
|
Rei de Galicia 559–570 |
Sucedido por Miro |
- ↑ Tejada y Ramiro, Juan, ed. (1855). Actas concilio de Lugo (Colección de cánones y de todos los concilios de la Iglesia de Espana ed.). p. 654.
ego Theodomirus rex cognomento et Mirus, Galleciae totius provinciae rex
- ↑ de Gembloux, Sigeberto. "XIX". De scriptoribus ecclesiasticis.
Theudomirum [al. Mironem] regem Galliciae
- ↑ de Tours, Gregorio. Libri de virtutibus sancti Martini episcopi I.
Chararici cuiusdam regis Galliciae filius graviter aegrotabat