Saltar ao contido

Feás, Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feás
Igrexa de San Pedro de Feás.
ConcelloAranga[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°14′46″N 8°05′06″O / 43.24602157, -8.08509081
Área6,85 km²
Poboación103 hab. (2018)
Densidade15,04 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 103 habitantes (57 homes e 46 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.[2]

Feás no Catastro de Ensenada (1752).
Feás no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia de Feás ten unha superficie de 6,85 km²[4] e 13 núcleos de poboación.[5]

Situación

[editar | editar a fonte]

Está situada no noroeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.

Limita ó norte coas parroquias de Coruxou, Churío e Verís (nun pequeno tramo)[4][6] do concello de Irixoa; ó leste e sur coa de Muniferral e ó oeste coa de Santa María de Ois do concello de Coirós. No sur tamén toca nun punto a parroquia de Fervenzas.

Noroeste: Coruxou (Irixoa) Norte: Churío (Irixoa) Nordeste: Verís (Irixoa)
Oeste: Santa María de Ois (Coirós) Rosa dos Ventos Leste: Muniferral
Suroeste: Santa María de Ois (Coirós) Sur: Fervenzas e Muniferral Sueste: Muniferral

Orografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia limita polo norte co río Mandeo, pero consta ademais co regato da Fonte e o de Mollapán (ambos afluentes do primeiro).

Como é típico desta zona de Galicia, o eucalipto e o piñeiro son maioritarios, aínda que tamén haxa grande presenza doutras árbores.

A parroquia consta dunha grande zona principal de pouca pendente é dicir, bastante chá, entre os lugares de Flores (limitando con Coirós) e A Caropa (Iimitando con Muniferral, Aranga)

Demografía

[editar | editar a fonte]

Século XVIII

[editar | editar a fonte]
1752[7] 1768[8] 1787[9]
VeciñosHabitantes
49238305

Século XIX

[editar | editar a fonte]
1816/17[10] 1826[11] 1836[12] 1845[3] 1857[13] 1860[14] 1887[15] 1900[16]
Veciños 56804565 6260
Habitantes 344180360 353353360356

     Expediente de alistamento militar do arquivo de Betanzos     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX

[editar | editar a fonte]
1910[16] 1920[16] 1930[16] 1940[16] 1950[16] 1960[16] 1970[16] 1981[16] 1986[17] 1991[16] 1999[18] 2000[19]
Habitantes 359363337311298278169120124117124129

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI

[editar | editar a fonte]
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
134133128128129129129128125121
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
120114114113113114106
Fonte: IGE (padrón municipal)[20]
Gráfica de evolución demográfica de Feás entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Feás é un posible antropónimo prerromano que está ligado aos corzos. A súa orixe sería anterior ao século III.[21][22]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia, a carón da N-VI, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]

Moitas delas suceden ao longo do mes de agosto, aínda que tamén se celebran días concretos coma o Samaín, ou a Semana Santa. O patrón da parroquia é San Pedro aínda que tamén se celebra o Rosario e, antigamente, o San Roque.

Desde 2006 celébrase a festa do carneiro ó espeto.

Asociacións

[editar | editar a fonte]

A SCRD O Cruceiro de Feás é unha sociedade cultural, recreativa e deportiva que elabora numerosas celebracións e festividades para as persoas asociadas (na maioría da propia parroquia).

Feás na tradición oral

[editar | editar a fonte]

En 1976 o filólogo Xosé Luís Couceiro Pérez publicou a súa tese de licenciatura, un estudo dialectolóxico titulado El habla de Feás[23]

Algúns refráns que o citan son:

  • Muniferral e Feás, Verís e Cambás, todos xuntos non valen cen reás.[24]
  • Na miña vida tal vin, / na feira de Cazuín, / unha cabra cunha roca / e un castrón cun violín.[25]
  • Os de Feás matan a besta, / os de Coruxou cómena fresca, / Churio, Muniferral e Cambás / non valen cen reás.[24]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Feás

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Feás no concello coruñés de Aranga

A Anta | A Aturela | A Caropa | Cazuín | O Couto | Flores | A Fonte | O Fontelo | Framonce | A Lagoa | Ribadevila | A Torre | O Torreiro

Non aparecen no Nomenclátor de 2003: O Abrigo

Parroquias de Aranga

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. "Arciprestado de Xanrozo". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2018. Consultado o 8.12.2018.
  3. 1 2 Madoz, Pascual (1847). Feas (San Pedro de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII (Madrid). p. 26.
  4. 1 2 Monteoliva Díaz 2013 (mapa).
  5. "Nomenclátor de Galicia: Feás (San Pedro)". Xunta de Galicia. Consultado o 8.12.2018.
  6. Vega Rodríguez, Antonio de (2012). Irixoa: Entidades poboacionais (Mapa). 1:45.000. Plan Xeral de Ordenación Municipal.
  7. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 141. ISBN 978-84-260-2716-0.
  8. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 174. ISBN 978-84-260-3760-2.
  9. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3855. ISBN 978-84-260-1970-7.
  10. Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino. 12. Betanzos. p. 40. ISBN 84-505-9464-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2018.
  11. Miñano, Sebastián (1826). Feas (San Pedro de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) IV (Madrid). p. 130.
  12. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 145. ISBN 978-84-87819-06-3.
  13. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 250.
  14. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 20–21. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.
  15. "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 11-12.
  16. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2.
  17. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 24. ISBN 978-84-7191-529-0.
  18. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
  19. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
  20. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2003", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2006" (XLS); "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018. Instituto Galego de Estatística (IGE).
  21. Meméndez de Luarca y Navia Osorio, J. R. (2000). La construcción del territorio. Mapa histórico del Noroeste de la Península Ibérica. Madrid.
  22. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
  23. Couceiro, J. L. (1976): El habla de Feás. Universidade de Santiago de Compostela: Anexo 5 de Verba. Anuario galego de filoloxía. ISBN 9788460068625.
  24. 1 2 "Lugar de referencia: Aranga". Portal de ditados tópicos galegos.
  25. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 104. ISBN 978-84-9812-210-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]