Castro de Rei: Diferenzas entre revisións
corrección ortográfica |
corrección ortográfica e gramatical |
||
Liña 136: | Liña 136: | ||
== Patrimonio histórico e artístico == |
== Patrimonio histórico e artístico == |
||
A cabeza do concello de Castro de Rei |
A cabeza do concello: a vila de Castro de Rei é conxunto histórico artístico desde 1971 e paraxe pintoresco xa que, o seu centro histórico situado nun Outeiro, foi castro e despois fortaleza conservándose parte das murallas do castro e do castelo. Confirmado está que as casas do lugar foron feitas coas murallas e antiagas vivendas que datan con máis de 4.000 e 5.000 anos. Multitude de achazgos da época castrexa nese lugar veñen confirmar a teoría das persoas estudosas do lugar. O castelo databa do século XVI mais a súa torre caeu en 1941. Hoxe se nos achegamos ao carón da igrexa, pódese atopar o resto da vivenda que ficou e que agora, a veciña dona do solar, cando está pola vila amosa encantada. O blasón e o escudo do castelo pertence á casa de Lemos e hoxe pódese ver o escudo intacto exposto a un lado da casa do Concello. A vila ten tamén dúas rutas de sendeirismo: unha que vai desde o castro de Viladonga ata o campo da Feira de Castro de Rei e a ruta da escrita onde nas paradas da ruta podemos ler poemas e escritos de autores da zona: Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Margarita Ledo, natural de Castro de Rei entre moitos outros. Moitas outras visitas podemos facer neste concello berce do emperador romano Teodosio e outras figuras a salientar. |
||
Na parroquia de [[Ansemar, Castro de Rei|Ansemar]] hai [[megálito]]s e unha posible ''villa'' de [[Roma antiga|época romana]] coñecida como [[Vila de Arcas]]. |
Na parroquia de [[Ansemar, Castro de Rei|Ansemar]] hai [[megálito]]s e unha posible ''villa'' de [[Roma antiga|época romana]] coñecida como [[Vila de Arcas]]. |
Revisión como estaba o 17 de agosto de 2017 ás 09:52
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Coordenadas: 43°12′26.79″N 7°23′55.78″O / 43.2074417, -7.3988278
Castro de Rei | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Situación | ||||
Xentilicio[1] | castrexo | |||
Xeografía | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | |||
Comarca | Comarca da Terra Chá | |||
Poboación | 5226 hab. (2014)[2][3] | |||
Área | 177 km²[3] | |||
Densidade | 29,53 hab./km² | |||
Entidades de poboación | 25 parroquias[4] | |||
Capital do concello | Castro de Rei | |||
Política (2015) | ||||
Alcalde | Francisco Balado Teijeiro (PPdeG) | |||
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 4 | |||
Eleccións municipais en Castro de Rei | ||||
Uso do galego[5] (2011) | ||||
Galegofalantes | 74,51% | |||
Na rede | ||||
https://www.castroderei.gal/ | ||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 5226 habitantes, e o seu xentilicio é «castrexo».
Xeografía
Castro de Rei está situado na comarca da Terra Chá. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.
A súa altitude media sitúase entre os 400 e os 500 metros, aínda que na zona oriental o relevo volvese máis accidentado debido á súa proximidade ás serras do leste, con elevacións coma os Montes dos Millares (con 620 metros) e Pedras Albas (con 619 metros). Os montes da zona son Os Arroxos (493 m), O Condado (457 m), Aguceira (449 m), Abroiti (478 m) e Pedras Albas (616 m).
Regan as súas terras o Miño e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o Azúmara, o Lea e o Anllo.
Demografía
Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da emigración e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.
Censo total 2014 | 5.226 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 444 (8,5 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3128 (59,85 %) |
Maiores de 65 anos | 1654 (31,65 %) |
Evolución da poboación de Castro de Rei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7211 | 7123 | 7513 | 6290 | 5856 | 5685 | 5474 | 5422 | 5267 | 5226 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Climatoloxía
Castro de Rei presenta un clima temperado, con abundantes precipitacións nos meses do inverno. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e os seus extensos humedais, morada de aves acuáticas e de grandes comunidades de anfibios. Asociada a estes humedais aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, bosques, uceiras e xunqueiras.
Patrimonio histórico e artístico
A cabeza do concello: a vila de Castro de Rei é conxunto histórico artístico desde 1971 e paraxe pintoresco xa que, o seu centro histórico situado nun Outeiro, foi castro e despois fortaleza conservándose parte das murallas do castro e do castelo. Confirmado está que as casas do lugar foron feitas coas murallas e antiagas vivendas que datan con máis de 4.000 e 5.000 anos. Multitude de achazgos da época castrexa nese lugar veñen confirmar a teoría das persoas estudosas do lugar. O castelo databa do século XVI mais a súa torre caeu en 1941. Hoxe se nos achegamos ao carón da igrexa, pódese atopar o resto da vivenda que ficou e que agora, a veciña dona do solar, cando está pola vila amosa encantada. O blasón e o escudo do castelo pertence á casa de Lemos e hoxe pódese ver o escudo intacto exposto a un lado da casa do Concello. A vila ten tamén dúas rutas de sendeirismo: unha que vai desde o castro de Viladonga ata o campo da Feira de Castro de Rei e a ruta da escrita onde nas paradas da ruta podemos ler poemas e escritos de autores da zona: Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Margarita Ledo, natural de Castro de Rei entre moitos outros. Moitas outras visitas podemos facer neste concello berce do emperador romano Teodosio e outras figuras a salientar.
Na parroquia de Ansemar hai megálitos e unha posible villa de época romana coñecida como Vila de Arcas.
Na parroquia da Azúmara está o Castro da Azúmara.
Na parroquia de Castro de Rei están como xa dixemos o castro de Castro de Rei, no lugar que hoxe ocupa a a capital do concello, e máis os restos do castelo de Castro de Rei, se ben do antigo castelo só se conserva a torre da homenaxe, obra da segunda metade do século XIV.
Na parroquia de Duancos hai conxuntos de túmulos megalíticos.
Na parroquia de Duarría está o castro de Duarría.
Na parroquia de Loentia hai conxuntos de túmulos megalíticos e o castro de Loentia.
Na parroquia de Ribeiras de Lea hai varios megálitos.
Na parroquia de Santa Locaia hai unha necrópole megalítica e o castro da Escrita de Santa Locaia. Ademais nesta parroquia hai quen asegura que o monte que agora é o Sagrado Corazón é o Monte Medulio
Na parroquia de Viladonga están o Castrelo de Viladonga e mais o castro de Viladonga, exemplo de castro de ocupación tardía, e que conta cun Museo monográfico no que se expoñen pezas da cultura castrexa atopadas no sitio arqueolóxico. Este castro é un bo exemplo dun castro rural que seguiu habitado en época romana. O museo creado en 1983 é unha boa mostra do traballo que se debe realizar para coñecer a vida durante esa época. A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas aquí desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos fan que as excavacións sigan a día de hoxe e a actualización do museo tamén.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castro de Rei.
-
Vista xeral da croa do Castro de Viladonga
-
Casa da cultura, na parroquia de Ribeiras de Lea.
-
Antigos postos da feira na parroquia de Castro de Rei.
-
Área recreativa na parroquia de Castro de Rei.
-
Muralla do castelo na parroquia de Castro de Rei.
-
Marcador da ruta da Escrita na parroquia de Castro de Rei.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Castro de Rei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro de Rei |
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |